Eu tíveno claro dende un principio… eu sempre fun do atún de rianxeira. Hoxe, leo na prensa oficial un bondadoso e xeneroso reportaxe sobre a familia e empresa Calvo, a primeira conserveira do país e unha das referencias a nível mundial. (¿Lembrades que fai uns meses houbo ruxe-ruxes de tódolas cores sobre o futuro desta empresa?).
O sector do atún en conserva é un sector moi conserva-dor… non debe ser moi sinxelo innovar nun sector coma este… e boa mostra disto é que as compañías tenderon cara unha seudo diversificación (ensaladas de atún, por exemplo) pero en pouca innovación sobre o concepto e sobre o producto.
O artigo do país fala de Calvo como unha compañía innovadora… como a compañía máis innovadora… pero creo que nisto equivocase. Coido que a compañía que merece tal apelido chámase rianxeira, unha empresa que sí aposta pola innovación, por quebrar os esquemas do consumidor de atún! Exemplos?
-> Na compaña de Tetrapack, sacaron ao atún da lata redonda de metal e pasaron a un innovador envase chamado Tetra Recart, cun sistema de apertura que realmente é abrefacil e que asegura que o producto pode manter as súas propiedades varios días despois de ser aberto por primeira vez.
-> Da man de este cambio, lánzase o concepto de Bocaditos de Atún. Isto sí que é quebrar a categoría, un salto cualitativo na mente do consumidor e no propio concepto do producto, abríndo novas posibilidades de consumo (ensaladas, aperitivos, bla bla bla).
-> O Solapín… un novo formato de apertura para as tradicionais latas redondas.
-> ¡¡atún en aceite de soja!! é posíbel converter en funcional ao atún?
En fin, a innovación tamén existe no sector da alimentación… e non deixa de ser relevante que unha das empresas que máis gasta en innovación sexa do sector conserveiro.