Pornografía e redes sociais

O contido para adultos foi, e continúa sendo, un dos principales drivers do uso da rede. Xunto coas apostas online, foron quenes de dar os primeiros (efectivos) pasos no mundo do pago, socializando a unha significativa parte da poboación no consumo de contidos de pago, así como na compra de “cousas” (bens & servizos?). Mais según Hitwise, comeza a mudar unha pauta… o consumo de contidos para adultos (maravilloso eufemismo para a pornografía), taaaan web1.0, semella que pronto será superado polas redes sociais coma o contido máis visitado na rede.
Quere dicer isto que este tipo de contidos perde adeptos? Non! Simplemente que mudan as pautas de acceso a este contido… que semella que non é tan “directo”, pasando dunha páxina web (tipo www.XXX.xxx) a unha rede social, onde estes contidos conviven en ¿harmonía? co resto de contidos. Léase Flickr, Fotolog, Youtube… ou como di un dos cracks deste negocio… a través das redes P2P.
Eu non creo que esto signifique que a rede madure, de feito non creo que o consumo de contidos para adultos teña nada de inmaduro. Só semella que… este modelo de negocio está mudando, quizáis cara o menos visíbel, quizáis para algo maís “efectivo”… pero, ben certo que o Porno continuará sendo un dos principais drivers de uso da rede… e un bó banco de probas de múltiples aplicacións.
[vía Denken Uber]



As redes sociais xa superan en audiencia a pornografía na rede
Fernando Garrido cóntanos: “…o consumo de contidos para adultos (maravilloso eufemismo para a pornografía), taaaan web1.0, semella que pronto será superado polas redes sociais coma o contido máis visitado na rede.”
Trackback by chuza.org — May 7, 2007 @ 9:30 pm