Contos de estrelas e limons

May 11, 2007

Contra o progreso

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 7:43 am

O penúltimo líbro que cae da pila e unha curiosa colección de artigos de John Gray, alguén dunha prestixiosa universidade (LSE) e de quen, para que vamos a enganarnos, non teño moi boas referencias. Este libro caiu nas miñas mans logo dunha fugaz visita á casa dos libros e remata logo de atoparme por casualidad cunha entrevista no xornal “La Vanguardia” (accesíbel equí) mentres ía a non sei onde no metro.

Hai dous temas centrais neste compendio de artigos (obviando o tema da guerra de irak que… non é polo que merquei o libro, nin o que me interesa deste home): O concepto de progreso e a relación ciencia-relixión (mediada polo “progreso”). Fai algúns anos escoitei a Mr. Carracedo deconstruír con brillantez o discurso tecnoutópico segundo o cal as tic axudaránnos a acadar níveis de progreso “superiores” (algo tan de Castells…). Este argumento sempre estivo ahí, non vamos a negalo, como algo que aparecía por dereita e esquerda (atacaba conceptos como tradición ou familia… ou os dereitos sociais e as liberdades), pero co forte pulo da innovación tecnolóxica e os incuestionabeis avances en diferentes esferas, este argumento non gañou moitos adeptos.

Gray ataca o que el considera filosofía pseudoIlustrada… “el principio primordial es que el crecimiento del saber es la clave de la emancipación humana. Ningún verdadero creyente de la Ilustración cuestionaría nunca este artículo de fe. Pero la fe en el progreso a través del crecimiento es, en sí misma, irracional.” Pero non fica aquí. Cuestiona tamén a “praxe” da “ilusión” do progreso: 15 anos de revolución das tecnoloxías da Información pero os indicadores de desenvolvemento humano, de desigualdade, etc, non amosan unha converxencia… non amosan un cambio entre os países menos “desenvolvidos”.

En resumo, a cuestión é a mesma de sempre: baixo o concepto de “progreso” atopamos unha ideoloxía (total? :> manheimm) que en moitos casos lexitima un paso máis do vello capitalismo industrial coas súas vellas normas, filosofías e praxes. ¿É o progreso unha ilusión herdada do cristianismo, adaptada para un contexto globalizado? ¿É a tecnoloxía o barniz ou a liturxia que agocha a realidade que hai detrás desta suposta ilusión?

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/05/11/contra-o-progreso/trackback/

  1. iba a escribirche un comment no blog, mais non me deixou… fun baneado? :P aquí vai…

    uff.. xa me tardaba … jeje

    O certo é que a relación entre tecnoloxía e progreso (desenvolvemento) nunha estivo tan aceptada como o de agora. Mais o que sí se debe diferenciar é a relación entre progreso e innovación.

    E falando de progreso di Castells (no epílogo de La ética Hacker de Himanen)…

    En realidad, no sabemos si el hecho de producir más y más entraña valor superior alguno en términos de humanidad. La idea de progreso es una ideología. Lo bueno, lo malo o lo indiferente que sea un nuevo paradigma depende de la perspectica, de los valores o de los criterios de calidad.

    Así, temos que elexir entre progresar ou non facelo. Entre aumenta-la produtividade para mellora-las condicións de vida ou aplicar políticas de control (incluso algúns argumentarían redución) da poboación.

    Sen desmerecer a segunda opción (métodos anticonceptivos e educación sexual) eu elixo progreso. A segunda, pódenos levar fácilmente a argumentar o “decrecionismo” da población.

    Comment by andres — May 12, 2007 @ 11:31 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here