Levo desaparecido de demasiados sitios algún tempo. Son as cousas da profesión, xa se sabe… de vez en cando toca facer o petate, armarse coa equipa investigadora (Gravadora, Boli, Papel e… Paciencia) e inmiscurise nun colectivo para analizalo. Sucede que o meu obxecto de estudo está disperso por lugares insospeitados, o cal me leva de tour pola península e illas dende fai un par de semás. Estiven xa en BCN, Vic, Zaragoza, Cáceres, Sevilla, Granada, Xaén, Málaga, Murcia, Tenerife, Vitoria, Navarra… e hoxe en Valencia… (albume soso en flickr, que xa podes por en portugués!!).
O mellor destes días… cear e pasear por BCN (qué lembranzas!), tomar un café na Avda de Spain en Cáceres, o ambiente de Granada, o cheiro a salitre de Málaga e a cea de onte en Vitoria… a mágoa é que o coste de oportunidade comeza a medrar demasiado (a festa de MySpace… os Killers, os Smashing, a feira do libro, presentación de libros, bla bla bla).
Pero mañá… na miña cama… a recargar pilas… porque o Venres toca Neil en Salamanca… e habemos ir!!! Como muda a cousa cando as viaxes son por pracer!!!