Video na rede
Semella que a rede camiña cara o audiovisual… unha obviedade da que lle levo escoitando falar a Manolo e Artur, dous periféricos obsesionados coa integración ou relación entre cultura - rede, dende fai xa demasiado tempo. Artur atopou dende sempre ao audiovisual como o mellor xeito de volcar a cultura na rede e, en parte, ese é o traballo que levan dende I2Cat, co concepto dunha Internet2 (moi anterior ao Web2.0): unha rede da cultura, do povo, da xente, da sociedade.
Os datos comezan a respaldar estas intuicións. O PEW Internet ven de publicar un estudio completiño sobre o Vídeo Online. Unha referencia sobre o contexto dos EEUU, que como sabedes é ben particular, con unha penetración do Cabo que non é comparábel en ningún caso aos demáis paises occidentais e cun puritanismo un tanto peculiar, cuestións estas que debemos ter en conta ao considerar que dos entrevistados:
* 37% Miran novas
* 31% Videos de humor ou coñas
* 22% Musica
* 22% Contidos vencellados coa educación
* 19% Debuxos
* 16%Contidos de tele (peliculas, por exemplo)
* 15% Contidos vencellados coa política
* 14% Deporte
* 13% Anuncios
* 6% contidos para adultos
Non me creo esta última porcentaxe, nin eu nin ninguén, pero coido que máis aló do tipo de contidos consumidos, parte da gracia do estudo está en lexitimar o relativo escepticismo sobre os UGC. Tan só un 8% dos usuarios de internet adultos subiron vídeos á rede (un 15% se nos fixamos só nos máis novos), amosando un 19% dos enquisados unha preferencia polos UGC.
Cultura+Video+Rede = ?


