Despedidas
Algunhas festas sonan a despedidas, aínda que non todos se decaten. Fai non máis dunha semá, a Fundación Orange presentaba un dos seus primeiros informes con este nome (antes fundación France Telecom, antes Auna, antes Retevisión), quedando claro dende un primeiro momento que posíbelmente este sería o último eEspaña que veríamos saír dende a Fundación. Na festa de despedida, os habituais, os de sempre… quenes nos xuntamos en torno a canto canapé hai para falar do divino e do humano, e nesta ocasión non só botaremos en falla as citas organizadas dende a Fundación, senón tamén as súas referencias que, para que negalo, son do mellorciño, non sí?
A despedida, creo eu, puido ser por todo o alto. Cap Gemini fixo un fermoso estudo para tentar medir o grado de implementación dos servizos da eAdministración nas diferentes comunidades autónomas… e non sei porqué me da que os datos tal como están no informe son un pouco xustos… Valencia, que sempre se gaba de estar á cabeza da SI no estado, sae esta vez moi mal parada… menos mal que Blanca xa non pode contestar… (¿Que pasa con nos? Pois que por unha vez imos mellor!)
Por outra banda, e tal como apuntaba Fumero, hai unha curiosa correlación negativa entre o número de enxeñeiros en teleco e o grado de desenvolvemento da Sociedade da Información nas CCAA, sendo Asturias unha das máis desenvolvidas (a nível de eAdmin) ao tempo que é a que menos telecos ten por metro cadrado: sintoo polos sufridores
.



Logo disto xa non sei si me interesa que a GZ lle vaia ben! .. Puro egoísmo!
Comment by nes — July 17, 2007 @ 1:27 pm
JAJAJA, SEMPRE PODES EMIGRAR :p
Comment by Administrator — July 18, 2007 @ 9:59 pm