Contos de estrelas e limons

July 17, 2007

Lecturas

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:29 am

Un dos espazos que recupero con máis entusiasmo é a lectura. Fai uns días, Manolo falaba da sensación de enfrontarse a unha libraría cunha lista en blanco… eu levo facendo isto xa un par de meses e non cun mal resultado. Eu non son moito de Fnac, gustame moito máis a casa do libro, por concepto, por disposición dos libros, por atención… aínda que os últimos libros caíron nas miñas mans vía aeroportos, estacións do ave ou corteinglés, sitios onde xamais pensaría que mercaría este tipo de mercadorías.

A miña lista de lecturas é desordeada, sen máis criterio que un pouco de “ten boa pinta” + “non che é caro” + “este tamén escrebeu…” ate chegar a completar unha lista xeitosa:

##Non lera nada de Auster, e pouco a pouco convírtome en fan seu, coincidindo con Wicho en que o mellor é ler a Auster con lecturas máis lixeiras intercaladas, por iso de que o golpe non doa tanto. Cairon “O libro das ilusións” e ” a noite do oráculo“. Pronto seguirei con Auster… aínda que non teño moi claro con cal seguir…

##Adoro a Saramago… e aproveitei para rematar os cuadernos de lanzarote que me quedaban, e afrontar os seus últimos “Intermitencias da morte” e “ensaio sobre a lucidez“.

##En Lleida atopo por casualidade a Eduardo Mendoza e ao seu “Mauricio, o las elecciones primarias”, unha novela lixeiriña que se lé nunha patada. Escrebendo o post decátome de que ten unha web moi resultona.

##”Amsterdam” merqueino porque xa lera “Sábado”… e pareceume curioso que un autor se adique a escreber títulos dunha soa palabra. O libro… axeitado para o verán, sen complicacións, unha historia moi fermosa e moi de actualidade :D .

## Atopei por casa unha “Historia natural da destrucción” que rematei con moito esforzo e sen moitas ganas. ¿Quén demos manda mercar estes libros?

Unha das normas que me autoimpuxen foi non mercar un libro ate rematar (ou descartar, algo que fai moito que non fago) o libro anterior… e agora estou sen libro. Terei que ir esta tarde ao CorteInglés a mercar… non sei moi bem qué… ¿Suxerencias? Tokio Blues non pinta mal, tampouco Bolaño (de quen non lin nada), non sei se voltar aos Clásicos (Faulkner, Dos Passos) ou se tirar aos últimos nóbeis… pero sen deixar de coller, se o atopo, non sei que libro dun rapaz con pixama de raias…

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/07/17/lecturas/trackback/

  1. Tienes que leer “Los detectives salvajes” de Bolaño, quizá así conozcas algo más sobre los mexicanos en España ;) (Y si ya andas en eso, pues lee “La Reina del Sur” para que conozcas más sobre los mexicanos y gallegos en Marruecos jajajaja)

    Comment by Tesista — July 17, 2007 @ 10:43 am

  2. Recoméndoche Os libros arden mal…de Manuel Rivas…se non o leches, claro!!!

    Comment by Lara — July 17, 2007 @ 11:23 am

  3. Edgar, voy a por Bolaño!!! y El de Rivas… lo cogí y llegué a la página 200 y pico… pero non me enganchou, non sei, miroo moi confuso, moi desordenado… tan só me gusta como escrebe Rivas, pero o argumento non o atopo…

    Comment by estrelas — July 17, 2007 @ 1:03 pm

  4. Para botarte unhas risas … unha obra de teatro moi curta: Muerte accidental de un anarquista, de Darío Fó. Realmente divertida!! :D

    Comment by Andrés — July 17, 2007 @ 1:25 pm

  5. esa xa caiu… tiven unha vena moi bestia entre Bretch e Dario Fó :D , e coincido, “muerte accidental…” e “Esperando a Godot” foron das miñas favoritas (iso sí, moito mellor miradas que lídas).

    Comment by estrelas — July 17, 2007 @ 3:06 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here