Contos de estrelas e limons

September 14, 2007

Sen Sentidiño

Filed under: software social - estrelaselimons @ 8:28 pm

Non é a primeira vez que nos pasa. Lamentablemente a nosa é unha historia chea de plaxios, de uso indebido de material e contidos xerados, a meirande parte deles, baixo unha licenza de Creative Commos. Fai uns anos, un congreso online fixo unha replica (mal feita, por certo) do noso II Congreso Online sen facer nengún tipo de alusión á nosa licenza CC (by-sa-nc) e pechando o modelo (engadíndolle un copyright a un contido que non tiñan xerado eles). Logo foi o logo e a imaxe gráfica… e dende fai algún tempo estamos mirando como os noso contidos son vampirizados por entidades como Monografías.com ou Wikilearning. No caso da primeira tan só se equivocan nas licenzas ás veces, así como na autoría… pero o trato sempre foi correcto. No caso de Wikilearning as cousas levan saíndose do comprensíbel dende fai tempo. Ao caso de David Maeztu agora temos que engadir o de Ariel… e para comprender o alcance do problema, tan só facer unha busca por “Cibersociedade” pon de manifesto a cantidade de contido que nos vampirizan.

¡¡Que pouco sentidiño!!

Moito sentidiño teñen, novamente, as letras de Mario… pra chorar (neste caso da risa). Eu non só canto na ducha, dende fai moito tempo adquirín a habilidade (? - como para levala a “noche de fiesta”; “Luar” ou ¡¡Que apostamos!!) de interpretar unha canción do repertorio popular (que vai dende sabina a Ataualpa, pasando por Siniestro, Suaves, Sergio Dalma, Laura Pausini… etc) con calquer frase que escoite. Parabems Mario, outro post xenial no medio de “nuves de evaporación” :P .

September 5, 2007

Paris e a miseria do mundo

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 5:24 pm

París, cidade da luz e un dos destinos máis consumidos por todo tipo de turistas globais, foi un dos nosos destinos este verán. Facía 14 anos que estivera na cidade e… o certo é que a meirande parte do de sempre non me chamou a atención máis do normal: Estar en Orsai e recorrer sen moita presa os cemiterios da cidade forn do mellorciño, aínda que non foi o que máis me chamou a atención.

Cando chegamos ao rarísimo e setenteiro CDG (moi rollo star-trek) un dase conta de que hai algo diferente de xeito rápido. Pese a que eu vivo nunha cidade que absorbe unha boa parte da inmigración do estado, os nosos inmigrantes son e están moi occidentalizados: é moi raro mirar a mulleres con pano e tan só aqueles de orixe centroafricana visten de forma especialmente distinta: colores e máis colores (e bó calzado). No Cercanías camiño da cidade somos os únicos occidentais e o meu oxidado inglés e o esquecido francés serven para traer á miña mente a “miseria do mundo” de bourdieu, ás análises do Le monde diplomatique e as recentes novas de Francia (desintegración, disturbios… estourido da suposta e exemplar convivencia de culturas). Iso sí, o impacto foi breve, unha vez que un se mete no “parque temático” todo está deseñado para que, no centro e entre os turistas, nada disto sexa visíbel.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here