Contos de estrelas e limons

October 30, 2007

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:27 am


hai que rir de vez en cando ¿non sí? Son os mellores!!!

October 29, 2007

Pechando proxectos

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:15 pm

Hai poucas cousas que me gusten máis que pechar proxectos… iso sí, cando están ben cerradiños, que sabes que non voltarán a colear. O Sr Bomberstudios dí que non hai proxectos que se rematan, hai clientes que morren. Neste caso, o proxecto remata con moita presa e verá a luz pronto, intúo que antes de nadal. Por unha vez, e serve de precedente, podo dicer que estou ben cheo co que hai na casa. Por unha vez sinto que as cousas se fan ben. Por unha vez: paravens para nos!

Look 07

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:49 am

é unha cita inescusabel dentro do calendario de eventos do outono. O Salón Look de Perruquería é, xunto coa cita de BCN, unha das máis importantes do sur de Europa. Esta findesemá fumos alá, a Ifema, a xuntanos e sentarnos cos perruqueiros e perruqueiras e tiramos algunhas conclusións:

Victoria Beckam fixo moito dano á moda ibérica: o seu corte “Melena despuntada corta de atrás e longa de diante” arrasou. Estatísticamente foi, significativamente, o corte que un maior número de peluqueiras levaba, en calquera das súas versións. Por outra banda, uns pantalóns dos 80′ que chegan ate case o peito e tamén vencellado a Victoria foi unha das curiosidades das asistentes.

O outro corte de moda entre as profesionais é o que levan as xemelgas de gran irmán. Pelo longo, flequillo cortado recto e, nalgúns casos, algo de fantasía nos laterais: con laca e plancha márcanse bucles.

No que atinxe aos expositores, cabe reseñar a importancia que cada vez adquiren as franquicias. Marco Aldani (coas suas distintas marcas: Jofer (do pai), ADN, Revolucion (creo que é así) arrasa no mercado, pero as franquicias de fora cada vez entran con máis forza: CHS London ou Matrix (usa) son dous bós exemplos do sector. CHS son salóns moi modernos, con música House a todo volume e non se suben á parra co prezo. Tiran moito do rollito “london” e obrigan aos perruqueiros a vestir de xeito rariño, abundan tatuaxes, piercings e demais. Polo contrario, Matrix tira máis do salón convencional americano: conservador, estética coidada ao “felices anos 20″ e unha imaxe de salón que non invita a cambiar o look, máis bem todo o contrario.

Polo demáis todo igual que sempre. Moitas extensións con avances nas colas, máis sinxelas de pegar/despegar. Planchas microscópicas que alisan ate o pelo dos afroamericanos… (chamoume moito a atención que empregaban a esta xente como demostración do que é capaz de facer unha boa plancha: unicamente con un pouco de desrizante en puntas é capaz de alisar un pelo curto en… 40 minutos!!!). Moitos avances en pedicura e relax, de feito unha boa extensión de ifema estaba ocupada por máquinas de masaxes.

Pero o que máis fala, como case sempre neste casos, son as ausencias:
- Acabou, definitivamente, o boom do solarium. Nin un só stand adicado a estes aparellos.
- Chocoume non mirar ningún stand de depilación por laser: moitos avances en cera quente/fría, pero nada de laser (?)
- Ausencia das primerias marcas!! Non estaba Wella, nin Loreal por poñer dous exemplos ¿XQ?

En fin, rematou a findesemá da estética e voltamos á usabilidade, sniff…

October 26, 2007

Twitter ou o feche do ambente virtual de copresenza

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:22 am

Gústame twitter. Son dos moitos que de cando en vez mando por mensaxería instantánea uns caracteres ao meu contacto “Twitter” e… dende logo, podo dicer que a través de twitter xa quedei para ir a algún concerto e mesmo solucionei problemas de conectividade á rede na casa (thanks again Ale!).

O caso é que cando entrou Twitter en escea houbo moito ruído: semellaba que novamente teríamos un Hype que morrería os dous días, porén, non foi esí.

No mes de Xullo, nunha conferencia diante de telecos na Granxa, púxenme a falar do de sempre: blogs, redes sociais e, como non, twitter. Os enxeñeiros do meu redor (que non son todos coma voçe, Andres) puxeron cara de estar alucinando moito co que lles contaba: ningún coñecía Twitter. Por outra banda, fai un par de meses, nunha reunión cun cliente do sector (si, do sector destas cousas de internet et al) riuse de nos cando lle explicamos o concepto de Twitter. ¿Qué hai detrás deste mecanismo tan sinxelo que tanto nos gusta a algúns? ¿Qué hai detrás do (relativo) éxito de Twitter?

Sempre me gustou un concepto de Mizuko Ito (non lembro xa se o comentei no blog): o ambiente de copresencia. Ito, a irmá de Joichi e investigadora na California de Suachenager, constrúe este concepto en base ao seu traballo de campo en Xapón e cos adolescentes / mozos. Atopouse con que este colectivo empregaba distintos canais para manter o contacto ao longo do día (Toque pola mañanciña, sms polo medio día, messenger pola tarde, mails de cando en vez, fotos en ocasións especiais, MMS cando hai algo que relatar con video ou voz, chamadas por fixo e móbil, etc)… e a finalidade era, nin mais nin menos, compartir, pero neste caso compartir unha experiencia de vida. Créase así, un entorno no que diferentes canais serven para manter o contacto (o famoso keep in touch).

Twitter entra neste entorno, neste ambente. Twitter é a “banalidade”, a “trivialidade”. Esta mañá Villa, Dans e Freire están nun avión, Fumero seguro que saiu, porque deitouse tardísimo, dorfun e modesto andan a dirimir non sei que de Glen Close (meu deus, que non entre pawley). É dicer, ante a comunicación inmediata da Mensaxería Instantánea, a institucionalidade do correo electrónico, a reflexión do Blog, a contextualidade do Flickr ou Fotolog, as redes sociais, etc… Twitter pecha o círculo, pecha o ambiente (¿virtual?) de copresencia engadindo un tipo de información tan banal como importante. E teremos Twitter para rato.

October 25, 2007

“Vinganzas na blogosfera”

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:38 pm

Fai un tempo mudei de empresa, entre outras cousas, porque me sentía explotado. Cando marchei estaba moi moi cabreado con esta empresa… de feito pasei por moitos tipos de cabreo que, coma a choiva en galiza ou a neve en finlandia, ten moitas variantes nominais en función dos matices.

Eu non son Enrique Dans, e… non teño milleiros de seguidores que amplifiquen as miñas novas, polo que por un post tipo “Ikerfel = Explotadores” non tería sentido ningún, serviría para sacar a rabia, pero pouco máis. Pero aínda así, escrebín un post explicando as razóns polas que deixaba ese lugar… de forma moi educada e sen meter a pata, que non me apetece meterme a mín con xuizos nin ter que pechar o blog (ejem).

Hoxe, ese post é o post que máis se leu deste blog, o cal non é moito, certo. Hoxe, “ikerfel” é unha das verbas clave polas que máis xente accede a este blog, o cal tampouco e demasiado. Pero o que me moooolaaa maaaazoooo (léase en “Camilo Sexto’s mode) é que se buscas Ikerfel no google, este post sairá o segundo!!! Sí, a repanocha sería sair de primeiro!!!

Spiritualized na Joy

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:08 am

Con The Robot e unha sueca fumos a un concerto deses que un non se pode perder. Dentro do Wintercase, ao que sempre que podo asisto, miramos a Spiritualized (ben!) e a Mark Lanegan. Eu non vos era moi fan do Lanegan… aínda que me gustou bastante. Pero o que máis me flipou, aínda indo co formato coñecido e con videos vistos, foi o feito de que se arrisque a meter un cuarteto de corda e a tres voces soul/gospel nunha Joy Eslava acostumada a outro tipo de experiencias. Máis que recomendábel!!!


October 23, 2007

CityLab en Cornellà: unha realidade!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:19 am


Online Videos by Veoh.com

Róubolle a Hector un vídeo dun proxecto moi fermoso no que, dende o Observatorio para a CiberSociedade levamos participando dende fai xa moitos anos. Vicenç, a persoa responsabel do mesmo, relata e presenta a “fábrica do coñecemento”, unha metáfora con moita forza ¿non sí?

A futura sede do OCS está neste Citylab e xa en moitas outras ocasións amosamos a importancia que Cornellà tivo na nosa historia. Eu aínda non mirei o edificio dende que fumos cos cascos, pero semella que non quedou nada mal. Integrado no tecido social, no centro da vila, cunha vocación de servicio e participación cidadá… seguro que cumple moitas das premisas que a algúns nos gustaría para outros edificios.

October 22, 2007

O Voyeur que todos levamos dentro

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:07 am

Foi vía jero que coñecín un dos proxectos máis hipnóticos que xamais mirei. Non podo deixar de mirar unha e outra fiestra, de saltar dunha rúa á outra… e de escoitar a BSO… tende coidado porque é adictivo!!

(PS.- Mirando por ahí, semella que isto non é unha nova recente…)

October 21, 2007

Deseños e Redeseños na Prensa

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 1:06 pm

Eu son dos que medrou co País. Tíveno mitificado ata grados insospeitados e hoxe en día non podo negar que sinta algo especial cara esta cabeceira. Coñecín logo a moita xente, moi bós xornalistas que traballaban de distinto xeito neste xornal e isto axudoume a mirar ao País como un producto dun bó traballo, aínda que tamén pouco a pouco fun mirando as outras caras do xornal. Estes días foron días de incertidume. Persoas de distintos entornos amosaron a súa preocupación polo cambio no xornal, un medo a que este xornal se convertese “noutro periódico”. Afrontar o cambio para seguir sendo o mesmo non é tarea doada.

Eu vivo nun barrio pijo e no día a día miro como quenes van diante miña no kiosko levan o ABC, La Razón ou, os menos, El Mundo. Pero hoxe foi diferente. No kiosko do lado da casa, non me deron o País, decateime logo que tan só lles quedaban uns poucos para os clientes especiais. No de máis aló non tiñan ningún. Tiven que ir caminar bastante para poder atopalo. Agora teñoo diante.

Fai non moito traballei bastante para a prensa facendo distinto tipo de estudos de mercado en publicacións (de revistas, coleccionables, suplementos…e xornais). Aprendín moito da prensa, de cómo se mira o cambio e… o deseño nun xornal da importancia do País. Imos logo a seccionar o xornal.

O primeiro que chama a miña atención é a cor. Un dos medos dos lectores de prensa dos xornais tradicionais sempre foi a cor. Existe unha asociación moi forte entre o branco/negro e a seriedade e a rigurosidade. Un xornal vai un paso máis aló da seriedade dos libros. É moi complexo introducir todo o color nun xornal sen que este perda rigurosidade, sen que dé a imaxe dun xornal gratuíto. Isto é especialmente complexo no caso do País, pero coido que acada un resultado increiblemente positivo: a calidade da fotografía e os tons relaxados da cor fan moi agradábel a lectura sen que perda… o aquel do branco e negro.

O cambio de seccións tamén creo que é moi axeitado. Traer a sección de España máis adiante da “opinión”, así como traer Economía logo de España é un cambio moi pertinente. De feito, recordo que nos meus últimos focus sobre prensa, nos que o obxecto de estudo non tiña nada que ver con isto, existía unha demanda por unha reorganización da información.Non en van, o telexornal é o que marca a pauta de consumo de información de todos nos, e neste formato, cando menos ate fai un tempo, a orde era esta. Semella que se lle quere dar un lugar máis lonxano á opinión: primeiro é preciso dispor de toda a información de internacional, estado español e economía, para logo poder ler Opinión e poder valorar con mesura e coñecemento de causa.

Complicado o equilibrio de Vida y Artes, unha macrosección (a única así do xornal, en xeraquía), que agrupa a Cultura, Sucesos, Sociedad, Tendencias, Gente, Deportes, Televisión… un saco de gato, un caixon de sastre que creo que durará pouco. Unha sección con tanto carisma, que non espazo, como Cultura non creo que poida ser embebida nun “Vida y Artes”. Coido que é unha aposta arriscada e que non irá a mais.
Gustame moito o novo xeito de dispor o nome das seccións en cada páxina… o ton azul e o formato dan moita claridade á lectura do xornal.

En fin, estou satisfeito co redeseño do xornal… aínda que coido que ten que coidar cousas que non se poden cubrir con un redeseño, como é a fuxida de profesionais que deron un pulo de calidade e que preferiron novo ar. Queda un escenario moi fermoso na prensa… ¿Quén será o próximo en mover baza? ¿os de balde? ¿agantará Público? ¿Os conservadores seguirán nas mesmas? ¿Fará algo o Mundo?

October 20, 2007

Dirty Movie?

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:06 pm



Dirty Movie from Ted Roden on Vimeo.

Non sei porqué, pero gústanme este tipo de flames que pasan pola video/foto/blogosfera, tanto que nos,seguindo a Cibergaita e ao jumping project, comezamos cos chimpas. Fai algún tempo mirei por youtube algunhas reaccións a algo así como two girls one cup, non busquei que provoca as reaccións pero dende logo, elas mesmas son ben curiosas… se alguén quere buscar alá él, eu quédome coas reaccións!!!

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here