Deseños e Redeseños na Prensa
Eu son dos que medrou co País. Tíveno mitificado ata grados insospeitados e hoxe en día non podo negar que sinta algo especial cara esta cabeceira. Coñecín logo a moita xente, moi bós xornalistas que traballaban de distinto xeito neste xornal e isto axudoume a mirar ao País como un producto dun bó traballo, aínda que tamén pouco a pouco fun mirando as outras caras do xornal. Estes días foron días de incertidume. Persoas de distintos entornos amosaron a súa preocupación polo cambio no xornal, un medo a que este xornal se convertese “noutro periódico”. Afrontar o cambio para seguir sendo o mesmo non é tarea doada.
Eu vivo nun barrio pijo e no día a día miro como quenes van diante miña no kiosko levan o ABC, La Razón ou, os menos, El Mundo. Pero hoxe foi diferente. No kiosko do lado da casa, non me deron o País, decateime logo que tan só lles quedaban uns poucos para os clientes especiais. No de máis aló non tiñan ningún. Tiven que ir caminar bastante para poder atopalo. Agora teñoo diante.
Fai non moito traballei bastante para a prensa facendo distinto tipo de estudos de mercado en publicacións (de revistas, coleccionables, suplementos…e xornais). Aprendín moito da prensa, de cómo se mira o cambio e… o deseño nun xornal da importancia do País. Imos logo a seccionar o xornal.
O primeiro que chama a miña atención é a cor. Un dos medos dos lectores de prensa dos xornais tradicionais sempre foi a cor. Existe unha asociación moi forte entre o branco/negro e a seriedade e a rigurosidade. Un xornal vai un paso máis aló da seriedade dos libros. É moi complexo introducir todo o color nun xornal sen que este perda rigurosidade, sen que dé a imaxe dun xornal gratuíto. Isto é especialmente complexo no caso do País, pero coido que acada un resultado increiblemente positivo: a calidade da fotografía e os tons relaxados da cor fan moi agradábel a lectura sen que perda… o aquel do branco e negro.
O cambio de seccións tamén creo que é moi axeitado. Traer a sección de España máis adiante da “opinión”, así como traer Economía logo de España é un cambio moi pertinente. De feito, recordo que nos meus últimos focus sobre prensa, nos que o obxecto de estudo non tiña nada que ver con isto, existía unha demanda por unha reorganización da información.Non en van, o telexornal é o que marca a pauta de consumo de información de todos nos, e neste formato, cando menos ate fai un tempo, a orde era esta. Semella que se lle quere dar un lugar máis lonxano á opinión: primeiro é preciso dispor de toda a información de internacional, estado español e economía, para logo poder ler Opinión e poder valorar con mesura e coñecemento de causa.
Complicado o equilibrio de Vida y Artes, unha macrosección (a única así do xornal, en xeraquía), que agrupa a Cultura, Sucesos, Sociedad, Tendencias, Gente, Deportes, Televisión… un saco de gato, un caixon de sastre que creo que durará pouco. Unha sección con tanto carisma, que non espazo, como Cultura non creo que poida ser embebida nun “Vida y Artes”. Coido que é unha aposta arriscada e que non irá a mais.
Gustame moito o novo xeito de dispor o nome das seccións en cada páxina… o ton azul e o formato dan moita claridade á lectura do xornal.
En fin, estou satisfeito co redeseño do xornal… aínda que coido que ten que coidar cousas que non se poden cubrir con un redeseño, como é a fuxida de profesionais que deron un pulo de calidade e que preferiron novo ar. Queda un escenario moi fermoso na prensa… ¿Quén será o próximo en mover baza? ¿os de balde? ¿agantará Público? ¿Os conservadores seguirán nas mesmas? ¿Fará algo o Mundo?


