“Vinganzas na blogosfera”
Fai un tempo mudei de empresa, entre outras cousas, porque me sentía explotado. Cando marchei estaba moi moi cabreado con esta empresa… de feito pasei por moitos tipos de cabreo que, coma a choiva en galiza ou a neve en finlandia, ten moitas variantes nominais en función dos matices.
Eu non son Enrique Dans, e… non teño milleiros de seguidores que amplifiquen as miñas novas, polo que por un post tipo “Ikerfel = Explotadores” non tería sentido ningún, serviría para sacar a rabia, pero pouco máis. Pero aínda así, escrebín un post explicando as razóns polas que deixaba ese lugar… de forma moi educada e sen meter a pata, que non me apetece meterme a mín con xuizos nin ter que pechar o blog (ejem).
Hoxe, ese post é o post que máis se leu deste blog, o cal non é moito, certo. Hoxe, “ikerfel” é unha das verbas clave polas que máis xente accede a este blog, o cal tampouco e demasiado. Pero o que me moooolaaa maaaazoooo (léase en “Camilo Sexto’s mode) é que se buscas Ikerfel no google, este post sairá o segundo!!! Sí, a repanocha sería sair de primeiro!!!


