Contos de estrelas e limons

October 26, 2007

Twitter ou o feche do ambente virtual de copresenza

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:22 am

Gústame twitter. Son dos moitos que de cando en vez mando por mensaxería instantánea uns caracteres ao meu contacto “Twitter” e… dende logo, podo dicer que a través de twitter xa quedei para ir a algún concerto e mesmo solucionei problemas de conectividade á rede na casa (thanks again Ale!).

O caso é que cando entrou Twitter en escea houbo moito ruído: semellaba que novamente teríamos un Hype que morrería os dous días, porén, non foi esí.

No mes de Xullo, nunha conferencia diante de telecos na Granxa, púxenme a falar do de sempre: blogs, redes sociais e, como non, twitter. Os enxeñeiros do meu redor (que non son todos coma voçe, Andres) puxeron cara de estar alucinando moito co que lles contaba: ningún coñecía Twitter. Por outra banda, fai un par de meses, nunha reunión cun cliente do sector (si, do sector destas cousas de internet et al) riuse de nos cando lle explicamos o concepto de Twitter. ¿Qué hai detrás deste mecanismo tan sinxelo que tanto nos gusta a algúns? ¿Qué hai detrás do (relativo) éxito de Twitter?

Sempre me gustou un concepto de Mizuko Ito (non lembro xa se o comentei no blog): o ambiente de copresencia. Ito, a irmá de Joichi e investigadora na California de Suachenager, constrúe este concepto en base ao seu traballo de campo en Xapón e cos adolescentes / mozos. Atopouse con que este colectivo empregaba distintos canais para manter o contacto ao longo do día (Toque pola mañanciña, sms polo medio día, messenger pola tarde, mails de cando en vez, fotos en ocasións especiais, MMS cando hai algo que relatar con video ou voz, chamadas por fixo e móbil, etc)… e a finalidade era, nin mais nin menos, compartir, pero neste caso compartir unha experiencia de vida. Créase así, un entorno no que diferentes canais serven para manter o contacto (o famoso keep in touch).

Twitter entra neste entorno, neste ambente. Twitter é a “banalidade”, a “trivialidade”. Esta mañá Villa, Dans e Freire están nun avión, Fumero seguro que saiu, porque deitouse tardísimo, dorfun e modesto andan a dirimir non sei que de Glen Close (meu deus, que non entre pawley). É dicer, ante a comunicación inmediata da Mensaxería Instantánea, a institucionalidade do correo electrónico, a reflexión do Blog, a contextualidade do Flickr ou Fotolog, as redes sociais, etc… Twitter pecha o círculo, pecha o ambiente (¿virtual?) de copresencia engadindo un tipo de información tan banal como importante. E teremos Twitter para rato.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2007/10/26/twitter-ou-o-feche-do-ambente-virtual-de-copresenza/trackback/

  1. …en calquera caso e como engadido, twitter presenta unha situación que non é común a todos, incluido o público máis ou menos “techno-geek”, como é o feito de que os twitteiros estamos moitas horas do día pegados a unha conexión á rede… e non precisamente por lecer…

    …o feito comparativo e que probablemente rompa as redes, será cando os dispositivos móbiles teñan unha conexión á rede eficiente e sobre todo económica…

    …o día que unha compañía telefónica se atreva a romper o mercado dos sms ou das tarifas planas a internet (porque 0.15€ son 0.15€!) a cousa dará un chimpo…

    Comment by dorfun — October 26, 2007 @ 6:01 pm

  2. o caso é que eu son un medio-intruso no mundo teleco… porque tamén son un medio-antropólogo! :D

    Comment by andrés — October 27, 2007 @ 6:00 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here