Este home é un crack. Do pouco que sei da música clásica contemporánea… e ao que cheguei vía o inigualabel Kieslowsky.
November 26, 2007
November 21, 2007
Marketing viral aplicado ao ligue
Patrick, un dos currantes de Vimeo, por medio dun experimento de marketing viral… localiza á unha rapaza que mira no metro… e localízaa porque lle gusta. Se non entendo mal o conto, unha noite no metro mira á rapaza pero non se atreve a falar con ela. Se non entendo mal, debuxa unha imaxe para tentar atopala… graba un video e mesmo rexistra unha URL polo que poda pasar. Vimeo patrocina a impresión da imaxe de Patrick que é difundida no metro… e ao final atópaa e ate van ao good morning america para facer unha entrevista.
Si, eu tamén penso que hai moito de conto, de morro, de afan de ganar notoriedade a través dun bluff… pero tamén penso que xa teño un novo exemplo para falar do amor online. Mágoa que non todos traballemos en Vimeo
.
[Vía Manuel Angel Alonso]
November 19, 2007
The Editors

Si, son tan bós como parecen. Ate o punto de poder permitirse facer un concerto cheo de hits, do comezo ao final. Ate o punto de non perder intensidade dende o primeiro acorde ate a canción final dos bises. O tipo (Tom Smith) semellaba un cruce entre chris martin (de Coldplay) e david bisbal (de David Bisbal), con ramalazos ao estilo David Bustamante (si, non me negues que miraches a busta unhas cantas veces) diante dun público que, como en poucos concertos eu lembro, superou en volume á banda.
A similitude aos Coldplay vais mais aló do “estético”. Cun cantante mi similar, cos mesmos “recursos escénicos”, cun piano no escenario, cunha banda que ocupa un papel secundario… a similitude está en que moitas veces, se pechas os ollos… podes perfectamente pensar que escoitas unha cara b dun chris martin resfriado.
Únome á recomendación de Manuel… e eu aínda diría máis: que bós son the editors e que bós son coldplay.
November 16, 2007
November 14, 2007
Lecturas…

Escoitei falar deste libro nunha viaxe por andalucía. Facía un traxecto calquera entre duas cidades calqueras escoitando o programa de Gemma Nierga. Nunha das seccións Juan Cruz falaba marabillas dun libro que naquel entón viña de ser traducido e, non sei porqué, sentinme moi atraído polo formato (facil de ler) e pola curiosidade do tino con que se falaba del.
Cun respeto que poucas veces mirei noutras películas / libros, ninguén me dixo nada do libro: nin Juan Cruz, nin quén me presta o libro, nin quen (sen prestarmo) foi un dos seus lectores máis satisfeitos. Si, isto fixo aumentar a miña curiosidade nun libro do que non se pode facer máis que recomendar a súa lectura.
Enquisas online no país
Onte líamos de cómo a xentiña de Cidadanía se mete no campo cuantitativo online: Bemvindos!
O certo é que xa somos unhas cantas vacas no millo. En The Cocktail Analysis levamos traballando cun panel propio chamado opinadores un tempo, o suficiente para coñecer un pouquiño o campo cuantitativo online e, lamentablemente, non somos os únicos. Todas as grandes empresas de investigación de mercado teñen ferramentas para facilitar o campo online e, por outra banda, temos algúns dos referentes internacionais en neste eido, como é o caso dos amiguetes de Netquest.
Pouco a pouco a investigación online vai gañando adeptos. Pouco a pouco os parceiros atopan interesante esta solución que é rápida e barata. Agora bem… o valor engadido xa non está nestas técnicas estandarizadas onde só se pode ir a prezo. A chave estará na investigación cualitativa e serán os Edgar e Adolfos, que agora andan pensando e escrebendo (definindo o campo ou marco) quenes marquen a pauta (para mostra un botón) . Lamentablemente os Sociógolos, Psicólogos e ITM estamos demasiado lonxe da tecnoloxía. E voltamos ao comezo: Á etnografía virtual.
November 6, 2007
magoas

O malo de ser un Televidente 2.o é que cada dous por tres míntente. Eu só quero mirar as “13 rosas“, non ningúnha película de contido “adulto” (ejem)… e tampouco “rosas rojas” (Título tan manido, fácil e simplón como a propria película). Pero como o Sr proveedor de contidos, que xa estou pensando en mudar, tivo a ven fornecernos este arquivo… decidímonos a miralo.
Si, a película é tan mala como parece. Pastelosa ate non poder máis. Ñoña. Cargante. Unha versión do Diario de Bridget Jones en Lesbiano e cutre. Se me poño a escreber é para recomendar que por favor, non perdades o tempo con este telefilm. Stop.
November 5, 2007
[re] Un satori doméstico
Cando moita xente me pregunta que fago lendo / escrebendo blogs… unha das respostas “comúns” que dou é que aprendo, leo, coñezo, socializo… pero o certo é que, como naquela canción dos celtas cortos, agardo que as verbas d’alguén desordenen a miña conciencia. Mario leva dous en pouco máis dunha semana:
Dunha banda a mensaxe dese peculiar Al Gore en forma de proverbio chino:
se un quere viaxar lonxe, debe facelo en grupo
Pero hoxe Mario fala de “satoris” e cunha nube de evaporación chega a unha conclusión desas “riquiñas”
< active spanish mode >
Yo… me falta una pequeña norma en la definición de “libertad”. Tengo amigos, a los que envidio publicamente, que escogieron por esta libertad, aunque esto implicaba un compromiso temporal (unos años) y un compromiso por un objetivo/resultado (tesis). Es decir, en determinados contextos, en determinados escenarios la “libertad” implica una atadura temporal. Hace tiempo leí a uno de esos Srs. que uno admira una frase que no se me escapa de la memoria:
No hay regla de juego que asegure la libertad si no queda asegurada la libertad de cambiar la regla (o las reglas) de juego.
PS.- Gracias, una vez más, por des-ordenar mi conciencia!
November 3, 2007
Novas migracións
Fai un par de días, na vespera do Samaín (eu, sinto dicilo, sonvos da opinión de Ferrín) xuntámonos unha morea de rapaces e rapazas nun deses lugares institucionais que hai nos arredores do Paseo do Prado. Os vículos comúns eran varios, pero eu tirei tres: o idioma, compartir un lugar de nacemento e estar emigrados nunha gran ciudá. Non estabamos alí de xeito aleatorio, fumos convocados e aceptamos compartir e intercambiar unhas cantas ideas e reflexións por unha fecha de viño (albariño, como non).
Das moitas conversas e ideas, primeiro nun circulo formal con copas de albariño… e logo entre pintas de guinness onda os curmáns, quédome coas historias de vida. Mentres a xentes estaban a argallar, conspirar e contruir, eu dáballe voltas ás preguntas tentando comprender os porqués.
Quédome coa naturalización da emigración. Un lugar común é sempre a especialización en saberes / prácticas, algo que non é malo, pero que xera un problema ao impedir que algúns de nos voltemos. Porén, tamén se acordou como punto de partida o feito de que a nosa xeración migra de xeito diferente. De xeito similar aos irmáns portugueses, que veñen traballar pola semán a algúns lugares de castela na construcción. Manteñense moitos lazos: de amizade, de relacións, de participación política ou sindical. Mantense a prensa e as novas tecnoloxías como medio para manter a linguaxe e para receber información.
Pero a máis da naturalización da emigración, sorprende a facilidade para falar dun lado e outro do atlántico. Uns ás “Vellas Américas” e outros ao norteamérica: dous vellos fluxos migratorios, pero cun caracter diferente: os “cerebros” dun país, e non xa a man de obra sen cualificar, entran nos fluxos de traballo globais.
É baixo todo isto, a vella discusión de sempre. ¿É a nosa cultura, a nosa condición de periféricos, a nosa exclusión nun estado centralista, o noso caciquismo, a nosa falta de recursos…? ¿Cal é a razón de que a innovación non forme parte do noso vocabulario? ¿Cál é o motivo de que… migremos e non loitemos por ter un futuro onde, a algúns, nos gustaría?
November 2, 2007
O Xogo do Amor

Fai uns días, a boa de May tivo a bem convidarnos á entrega dos premios da Fundación Bip Bip, un deses eventos que sempre se me resistiron por estar programados para aqueles “liberados” que non teñen un horario convencional. Nesta ocasión a entrega era a unha hora pruedente… e seguida do preestreno de “O xogo do amor“, que chegará “de verdade ($)” nunhas semanas, creo. A cousa foi ben curiosa, por mirar a todos os de sempre fora dos horarios de sempre e nun formato un pouco máis distendido.
Logo de aplaudir os merecidos os premios a Cibervoluntarios e á web de meniños (entre outros), e de tentar dilucidar se D. Mario estaría metido dentro do disfraz de correcaminos ou de coyote, puxeronnos unha película ben fermosas… desas que de vez en cando lles saen aos americanos cando xogan a facer cine europeo.
En fin: Mola ser Pawley por un día.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here


