Novas migracións
Fai un par de días, na vespera do Samaín (eu, sinto dicilo, sonvos da opinión de Ferrín) xuntámonos unha morea de rapaces e rapazas nun deses lugares institucionais que hai nos arredores do Paseo do Prado. Os vículos comúns eran varios, pero eu tirei tres: o idioma, compartir un lugar de nacemento e estar emigrados nunha gran ciudá. Non estabamos alí de xeito aleatorio, fumos convocados e aceptamos compartir e intercambiar unhas cantas ideas e reflexións por unha fecha de viño (albariño, como non).
Das moitas conversas e ideas, primeiro nun circulo formal con copas de albariño… e logo entre pintas de guinness onda os curmáns, quédome coas historias de vida. Mentres a xentes estaban a argallar, conspirar e contruir, eu dáballe voltas ás preguntas tentando comprender os porqués.
Quédome coa naturalización da emigración. Un lugar común é sempre a especialización en saberes / prácticas, algo que non é malo, pero que xera un problema ao impedir que algúns de nos voltemos. Porén, tamén se acordou como punto de partida o feito de que a nosa xeración migra de xeito diferente. De xeito similar aos irmáns portugueses, que veñen traballar pola semán a algúns lugares de castela na construcción. Manteñense moitos lazos: de amizade, de relacións, de participación política ou sindical. Mantense a prensa e as novas tecnoloxías como medio para manter a linguaxe e para receber información.
Pero a máis da naturalización da emigración, sorprende a facilidade para falar dun lado e outro do atlántico. Uns ás “Vellas Américas” e outros ao norteamérica: dous vellos fluxos migratorios, pero cun caracter diferente: os “cerebros” dun país, e non xa a man de obra sen cualificar, entran nos fluxos de traballo globais.
É baixo todo isto, a vella discusión de sempre. ¿É a nosa cultura, a nosa condición de periféricos, a nosa exclusión nun estado centralista, o noso caciquismo, a nosa falta de recursos…? ¿Cal é a razón de que a innovación non forme parte do noso vocabulario? ¿Cál é o motivo de que… migremos e non loitemos por ter un futuro onde, a algúns, nos gustaría?



Celebro atoparme con esta entrada, pola parte que me toca
apuntou algo moi significativo: Primeiro din “Non temos cartos, así que propón”, cando en realidade sería: “Propón e si merece a pena veremos de onde sacamos os cartos”. A idea é fundamental. O freno xa o temos de antemán. Cando nalgunha ocasión fai anos me tocou propoñer algo novo nunca (e suliño NUNCA) tiven unah resposta tipo: “Que é iso?” senón máis ben “Quita, quita, iso é moi raro” sen ASEGURO o interlocutor saber do que lle falaba. En fin. Sempre quedan os encontros
Manifesto que estas preguntas tamén son as miñas. Non me gusta dicir que nós somos emigrantes, os nosos pais e avós emigraron porque, seguramente, tiñan unha necesidad de superviviencia máis forte que a nosa. Nos emigramos para mellorar e, habitualmente, non para ter para comer. Máis alá dista reflexión superficial, comparto contigo a idea que planteas de que non se oen innovación e esas palabras que inevitablemente nos falan da nova mercancía. Nesa reunión alguén
Comment by Eva — December 6, 2007 @ 11:54 am