In rainbows by Radiohead
Si, seguro que moitos xa chegáchedes a este vídeo vía centos de persoas… pero non me resisto, non podo deixar de por unha ligazón e de pensar que non estarei en BCN para miralos. Touché.
Si, seguro que moitos xa chegáchedes a este vídeo vía centos de persoas… pero non me resisto, non podo deixar de por unha ligazón e de pensar que non estarei en BCN para miralos. Touché.
Seguindo o mítico: “Coñeces a…?” seguro que ninguén coñece a este grupo… cando menos pola súa música… pero paga a pena ver como se aproveitan do tirón dos frikis que flipamos coa película. Lol!!
Onte asistín ao meu primeiro “mobile monday“, un formato dinámico para un tema de permanente actualidade e sobre o que non sempre se fala todo o que debería. Manuel Angel Alonso (un dos bloggeiros no blog de marketing do IE) xunto cun un rapaz de Mercer levaron a presentación dunha charla que tentaba ser informal (dificil con tanta garabata) e na que o networking é unha das claves.
O tema de onte non era dos meus favoritos: a publicidade nos móviles. Antes falárase dos contidos 2.0 ou do mercado do UK… chamar, chamáronme moito a atención un feixe de cousas. Non vou falar do “tipo de participantes”, porque supoño que era previsíbel, tampouco do formato (só 3 preguntas dende o auditorio a un formato que se pretende fresco e dinámico), pero sí me gustaría facer un par de consideración sobre as temáticas:
- Falouse moito de publicidade (era o tema), agora bem: só mencións moi concretas á experiencia de uso / experiencia do usuario…
- … por non dicer que o discurso estaba cheo de pó: completamente 1.0, eu cada vez estou máis canso do concepto Web Social… que comeza a quedarse curto para moitos, pero… nin unha mención aos contidos xerados polos usuarios, nin á relación entre marcas e usuarios por medio da publicidade.
Ao final, un bó rato, un bó sarao e algunhas poucas ideas aputadas na libreta ás que haberá que sacarlle xugo ate o vindeiro mm.

Eu non son unha persoa do todo obxectiva para falar de futuros do libro dixital. Paso horas diante dunha pantalla dun ordenador, que na meirande parte dos casos é de 12‘ ou 13‘, non imprimo nada salvo que sexa preciso por algún motivo xustificado e… adoro os libros. Teño moitos, moitísimos… gustame o ritual que rodea á lectura do libro, que vai dende a recomendación, a búsqueda, a compra, escreber o nome no libro (sempre: NAN / lugar e “ocasión”/ estación e ano) leelo tras pasar uns días na “pila” e logo prestalo a todo aquel que pase por casa. En todo caso, levo moito tempo desexando falar do libro dixital pero diferentes motivos fixeronme ir máis despaciño… e aída agardo as valoracións de Calidonia do seu novo trebello.
Eu créolles que un dispositivo por sí mesmo non pode revolucionar / mudar nada. É unha debate tan lónga que nos leva aos inicios da historia da tecnoloxía… e da análise so impacto da tecnoloxía na sociedade. O reproductor do MP3 parte do Walkman, que parte da Radio. O libro dixital terá que loitar contra cinco séculos de socialización en papel e tinta, e conta uns cantos séculos máis de rollos de papel, de pedra esculpida… porque é unha loita ¿non sí? Agora bem… ten do seu lado ao PC e ás horas que empregamos en ler en pantallas dixitais. Ten do seu lado a nativos dixitais, que eu xa non sei si existen ou non, que pasaron máis horas diante do ordenador que da TV, por non falar de libros. Ataque 1º ao concepto de libro dixital.
Nos últimos anos miramos unha chea de inventos que tentaban reproducir / imitar un libro en papel. Por poñer tres exemplos están o Readius (Philiphs), o Sony Reader ou o iLiad. Porén, só creo que o novo Kindle serán quen de ter bazas nunha partida con cartas marcadas. Porqué? Cando se fala de estes trebellos, moitos mencionan as verbas “iPod dos libros” sen decatarse que esa é a clave. Kindle aspira a convertirse no iPod, non nun reproductor máis de mp3. O éxito do iPod (dicíamos fai uns anos) sustentábase en valores como a marca, pero sobre todo en integrar un bó dispositivo con unhas capacidades excelentes, con un software de xestión de música considerado como bom e, por último, cunha ligazón cunha tenda online onde poder adquirir novos contidos multimedia. Neste senso, o iPod foi quen de construír un ecosistema que vai moito máis aló dun simple dispositivo.
Se alguén é quén de reproducir isto no eido dos libros é Amazon. Ten marca: unha das marcas con mais sona e reputación da rede, que sobrevivíu ao .com e a anos de compentencia local. Ten contido e rutina: uns cantos millóns de persoas buscamos e mercamos na súa web libros de todo tipo… e agora ten un dispositivo que, estou certo, terá moitos problemas de usabilidade, pero que pouco a pouco irá depurando. Só Amazon pode compararse a Apple, mal que lle pese a Sony (apple wannabe). Só Amazon está chamada a crear un ecositema que integre software+contido+dispositivo e entón… si poderemos falar a mansalva de libros dixitais.
[Fotografía de svenwerk en Flickr]

Se o dí “EL PAIS” será certo, logo. Lembro un longo paseo cando Edgar Gómez vivía en Madrid polo parque do oeste camiño á UNED. Mentres eu lle contaba as miñas teimas para construír unha representatividade para a III Enquisa aos blogueiros, el me contaba e falaba sobre o Ciberespazo. Cairon todos os temas / referencias comúns: Wellman e o seu “Internet in Everyday life“, caiu Wired, Gibson, Ito, Estalella e ate o Netizen… e pouco a pouco construímos (el máis ca mín) unha hipótese de traballo que nunca fumos capaces de concretar e rematar, por máis que intentamos que terceiras ou cuartas persoas nos botaran unha voluntariosa man.
Edgar retomou este tema e desenvolveuno no seu “recén saído do prelo” “Las metáforas de Internet“, do que falamos aquí fai non demasiado. O caso é que este tema comeza a ser un lugar común dos investigadores (lóxico), pero comeza tamén a saltar á prensa. Non sei, isto desconcertame un pouco ¿Porqué agora? ¿Ten algo que ver a ubicuidade? ¿ten algo que ver o feito de que se incremente o número de usuarios da rede e os seus perfiles de usuario se difuminen? ¿hai vontades / intereses económicos detrás?
As implicacións de que internet poña os pes no chan descoñecemolas, e creo que será un bó tema no que argallar, pensar e maquinar no ano que comeza.
morreu o ciberespazo!! Viva o ciberespazo!!
[Fotografía de Dr.Jd]

Víase vír. Un home sabio, chamado Lorenzo, ao que todos queremos por ensinarnos a empregar o PowerPoint, viña predicando no deserto, publicando en distintas esferas, falando en foros de todo tipo… anticipando un futuro previsíbel. Onte almorzamos moi cedo coa nova de que será o país da Ilustración o primeiro en impor robots que rastreen a rede con propósitos incertos. E o caso é que a loita continúa na terceira capa, na capa dos contidos.
Seguro que lembrades Matrix, unhas arañas / pulpos / chocos (non lembro como se chamaban) que rastrexaban a rede na procura dos “liberados”, dos “disidentes”, dos que tiñan “coñecemento”…. esta metáfora sempre me pareceu moi ilustrativa, pero nunca pensei que fose ir máis aló. Agora máis que unha metáfora tórnase nunha fotografía.
Non sei, dame pánico o feito de que dende os moventos sociais, nos que se tivo en consideración esta loita, percibo certo cansanzo e apatía. Todos confiamos en ser capaces de ir trasteando e quebrando, pouco a pouco, estas regras, estes inventos: estou certo que sempre poderemos con eles. Agora bem, hai feitos e fitos simbólicos. Hai pasos atrás que implican unha perda de dereitos significábel. Hai íntres nos que todos somos un pouco menos libres.
Quizáis hoxe, mellor que onte, é preciso comezar a aventurar cal será o futuro das ideas.
É unha das mellores notas de enter (disclaimer: traballei en enter) que eu lembro e péscame cando paso os días entre móbiles por traballo e redes sociais por… pseudotraballo. Chócame un pouco o concepto de “Xardin pechado” que empregan á hora de analisar a estratexia de posicionamento dos operadores de telefonia mobil e Internet. Non se ten en consideración a conectividade Wifi, que permiten terminais como o N95 ou o E65, nin tan sequera o rol que poden xogar os fabricantes de dispositivos móbiles na converxencia dixital.
Isto non é xapón (menos mal). Aquí non temos tanto karaoke por persoa… nin un amor polo i-mode que supere o racional. Unha vez superado o inhibidor do prezo (hai wifi de balde nunha morea de lugares da cidade, hai opcións como Fon ou iniciativas como as de telefónica de dar unha hora de wifi por un euro nalgunhas das súas vellas cabinas telefónicas - cabinas 2.0) ¿Despegará o uso do “Internet móbil”? ¿Comezará logo unha verdadeira revolución da / na rede?
Eu non o dubido. Coido que nos vindeiros dous anos veremos moitos avances neste sentido, que irán moito máis aló dos frikis riquiños que son felices con un N810 e pasarán ao resto de seres humáns que con menos coñecementos, menos tecnoloxía e con menos ganas de gastar os cartos en trebellos tecnolóxicos comezarán a usar a m-Internet.
Na liña dun post anterior, e xa non lembro como cheguei a él, un curioso video coa intervención dun xuíz de menores chamado D. Emilio Calatayud Pérez. Paga a pena miralo.

Facebook é o hype de comezo de ano. Onte falábamos no Extrarradio (o programa máis molón da RTVG) sobre redes sociais e aplicacións deste tipo… a súa expansión contínua… entre tanto as fermosas polémicas como a de Danah Boyd continúan.
Falábamos con Mónica de móitas cousas… entre elas da utilidade de redes sociais como FB. Fai uns días líamos en Communities Dominate Brands de cómo a combinación redes sociais, xeoposicionamento e telefonía móbil dan lugar a aplicacións moi curiosas e orientadas a fins específicos, como a búsqueda de empregos rápidos. Pero pensade nas aplicacións que isto posibilita para sites e empresas como Match.com ou Meetic: ligoteo “á carta” posíbel! E como estas mil máis. Non en van a Ubicuidade se consolida en Xapón e Corea como algo máis que unha pauta social, tornandose nun eixo estratéxico nas políticas públicas.
Xurdía a inevitábel cuestión da privacidade e as posibilidades que estes entornos supoñen para que dende a Investigación de Mercados (que somos malos malísimos) ou dende outras esferas do poder se incremente o control e o coñecemento do que facemos día a día os cidadáns do máis común. Horas despois de ter esta conversa bato no lector de feeds coa semente de Brandjazz e cun post no se se pregunta polas posibeis aplicacións de FB para a pesquisa de mercado, no que victor “insights” gil resposta. Publicidade, perfiles sofisticados, información “informal”… eu non teño ningún tipo de dúbida sobre FB, sobre o que implicará para a pesquisa, como tampouco teño dúbida ningunha que a privacidade será a gran cuestión deste ano.
Neste caso, ún tan só pode estabelecer un nivel de privacidade, igual que en Twitter: ou sí ou non, ou me mira t’oquisiki ou só os meus contactos. Estou certo que pouco a pouco os níveis de Flickr, que cando menos ten duas ou tres categorías, irán extendéndose a outras esferas. Pouco a pouco noto como vós ides pechando as aplicacións, como aparecen candadiños no Twitter e fotos en amarelo no Flickr… ou como se elaboran estratexias máis rudimentarias (e posibelmente menos seguras) como crear distintos perfís.
Redes sociais, insistimos, o hype de comezo de ano.
[Foto de Km1980 no Flickr]
Pásanos sempre… en vida, loamos aos escritores, músicos e membros da farándula mentres están na cresta da onda, e só voltan ás primeiras paxinas dos xornais… e ás mentes dos lectores… o día, a semán na que morren. Sempre gostei de Angel González… descubrino, como tantas outras cousas, grazas a unha mestra de literatura moi pequerrechiña que se chamaba Celia. A Celia descolocábaa que cando estábamos en plena adolescencia hormonáica interrumpísemos as súas explicacións do “Cantar del Mío Cid” para preguntarlle sobre a relación entre González e Goytisolo, sobre os irmáns “Marias”, sobre Truman Capote, Benedetti ou Faulkner. Conseguíamos que durante 15 minutos se lle iluminase a mirada, esquecese o “libro de texto” e as súas fichas, e comezase a falar como dun amor de mocidade: cunha mezcla de agarimo e paixón e unhas pequenas pingas de saudade.
Ao cuarto de hora os remorsos facían que voltase ao “Mio Cid”, mentres nos rematábamos de anotar no canto das libretas nomes de autores, de libros, de movementos que buscaríamos logo na bibliotéca pública. Estou certo que no canto dunha libreta aínda está Angel González. Igual está preto de Goytisolo, de Gil de Biezma, Valente ou Claudio Rodríguez… igual hai frechas entre eles… igual hai libros mal asignados… igual están anotados os códigos extranos das bibliotecas…
Esperanza,
araña negra del atardecer.
Tu paras
no lejos de mi cuerpo
abandonado, andas
en torno a mí,
tejiendo, rápida,
inconsistentes hilos invisibles,
te acercas, obstinada,
y me acaricias casi con tu sombra
pesada
y leve a un tiempo.
Agazapada
bajo las piedras y las horas,
esperaste, paciente, la llegada
de esta tarde
en la que nada
es ya posible…
Mi corazón:
tu nido.
Muerde en él, esperanza.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here