Contos de estrelas e limons

January 14, 2008

Facebook, intimidade e pesquisas de mercado

Filed under: software social, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 6:32 am

Facebook é o hype de comezo de ano. Onte falábamos no Extrarradio (o programa máis molón da RTVG) sobre redes sociais e aplicacións deste tipo… a súa expansión contínua… entre tanto as fermosas polémicas como a de Danah Boyd continúan.

Falábamos con Mónica de móitas cousas… entre elas da utilidade de redes sociais como FB. Fai uns días líamos en Communities Dominate Brands de cómo a combinación redes sociais, xeoposicionamento e telefonía móbil dan lugar a aplicacións moi curiosas e orientadas a fins específicos, como a búsqueda de empregos rápidos. Pero pensade nas aplicacións que isto posibilita para sites e empresas como Match.com ou Meetic: ligoteo “á carta” posíbel! E como estas mil máis. Non en van a Ubicuidade se consolida en Xapón e Corea como algo máis que unha pauta social, tornandose nun eixo estratéxico nas políticas públicas.

Xurdía a inevitábel cuestión da privacidade e as posibilidades que estes entornos supoñen para que dende a Investigación de Mercados (que somos malos malísimos) ou dende outras esferas do poder se incremente o control e o coñecemento do que facemos día a día os cidadáns do máis común. Horas despois de ter esta conversa bato no lector de feeds coa semente de Brandjazz e cun post no se se pregunta polas posibeis aplicacións de FB para a pesquisa de mercado, no que victor “insights” gil resposta. Publicidade, perfiles sofisticados, información “informal”… eu non teño ningún tipo de dúbida sobre FB, sobre o que implicará para a pesquisa, como tampouco teño dúbida ningunha que a privacidade será a gran cuestión deste ano.

Neste caso, ún tan só pode estabelecer un nivel de privacidade, igual que en Twitter: ou sí ou non, ou me mira t’oquisiki ou só os meus contactos. Estou certo que pouco a pouco os níveis de Flickr, que cando menos ten duas ou tres categorías, irán extendéndose a outras esferas. Pouco a pouco noto como vós ides pechando as aplicacións, como aparecen candadiños no Twitter e fotos en amarelo no Flickr… ou como se elaboran estratexias máis rudimentarias (e posibelmente menos seguras) como crear distintos perfís.

Redes sociais, insistimos, o hype de comezo de ano.

[Foto de Km1980 no Flickr]

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2008/01/14/facebook-intimidade-e-pesquisas-de-mercado/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here