As comunidades sociais: da rede ao mobil
É unha das mellores notas de enter (disclaimer: traballei en enter) que eu lembro e péscame cando paso os días entre móbiles por traballo e redes sociais por… pseudotraballo. Chócame un pouco o concepto de “Xardin pechado” que empregan á hora de analisar a estratexia de posicionamento dos operadores de telefonia mobil e Internet. Non se ten en consideración a conectividade Wifi, que permiten terminais como o N95 ou o E65, nin tan sequera o rol que poden xogar os fabricantes de dispositivos móbiles na converxencia dixital.
Isto non é xapón (menos mal). Aquí non temos tanto karaoke por persoa… nin un amor polo i-mode que supere o racional. Unha vez superado o inhibidor do prezo (hai wifi de balde nunha morea de lugares da cidade, hai opcións como Fon ou iniciativas como as de telefónica de dar unha hora de wifi por un euro nalgunhas das súas vellas cabinas telefónicas - cabinas 2.0) ¿Despegará o uso do “Internet móbil”? ¿Comezará logo unha verdadeira revolución da / na rede?
Eu non o dubido. Coido que nos vindeiros dous anos veremos moitos avances neste sentido, que irán moito máis aló dos frikis riquiños que son felices con un N810 e pasarán ao resto de seres humáns que con menos coñecementos, menos tecnoloxía e con menos ganas de gastar os cartos en trebellos tecnolóxicos comezarán a usar a m-Internet.



Eu de maior quero ser estrelas e limóns
Comment by Cesare — January 16, 2008 @ 10:50 am
Jajajaja, Cesare deixate de coñas e coida o gripe!!
Comment by estrelaselimons — January 16, 2008 @ 1:46 pm
…entón ganan os dispositivos que xeneran (ou permiten xenerar) contidos… ou ganan os contidos que se replican e fan útiles nos dispositivos?
Comment by dorfun — January 23, 2008 @ 7:07 am