Cando a fábula se torna realidade

Víase vír. Un home sabio, chamado Lorenzo, ao que todos queremos por ensinarnos a empregar o PowerPoint, viña predicando no deserto, publicando en distintas esferas, falando en foros de todo tipo… anticipando un futuro previsíbel. Onte almorzamos moi cedo coa nova de que será o país da Ilustración o primeiro en impor robots que rastreen a rede con propósitos incertos. E o caso é que a loita continúa na terceira capa, na capa dos contidos.
Seguro que lembrades Matrix, unhas arañas / pulpos / chocos (non lembro como se chamaban) que rastrexaban a rede na procura dos “liberados”, dos “disidentes”, dos que tiñan “coñecemento”…. esta metáfora sempre me pareceu moi ilustrativa, pero nunca pensei que fose ir máis aló. Agora máis que unha metáfora tórnase nunha fotografía.
Non sei, dame pánico o feito de que dende os moventos sociais, nos que se tivo en consideración esta loita, percibo certo cansanzo e apatía. Todos confiamos en ser capaces de ir trasteando e quebrando, pouco a pouco, estas regras, estes inventos: estou certo que sempre poderemos con eles. Agora bem, hai feitos e fitos simbólicos. Hai pasos atrás que implican unha perda de dereitos significábel. Hai íntres nos que todos somos un pouco menos libres.
Quizáis hoxe, mellor que onte, é preciso comezar a aventurar cal será o futuro das ideas.


