¡¡yo lo maté primero!!

Se o dí “EL PAIS” será certo, logo. Lembro un longo paseo cando Edgar Gómez vivía en Madrid polo parque do oeste camiño á UNED. Mentres eu lle contaba as miñas teimas para construír unha representatividade para a III Enquisa aos blogueiros, el me contaba e falaba sobre o Ciberespazo. Cairon todos os temas / referencias comúns: Wellman e o seu “Internet in Everyday life“, caiu Wired, Gibson, Ito, Estalella e ate o Netizen… e pouco a pouco construímos (el máis ca mín) unha hipótese de traballo que nunca fumos capaces de concretar e rematar, por máis que intentamos que terceiras ou cuartas persoas nos botaran unha voluntariosa man.
Edgar retomou este tema e desenvolveuno no seu “recén saído do prelo” “Las metáforas de Internet“, do que falamos aquí fai non demasiado. O caso é que este tema comeza a ser un lugar común dos investigadores (lóxico), pero comeza tamén a saltar á prensa. Non sei, isto desconcertame un pouco ¿Porqué agora? ¿Ten algo que ver a ubicuidade? ¿ten algo que ver o feito de que se incremente o número de usuarios da rede e os seus perfiles de usuario se difuminen? ¿hai vontades / intereses económicos detrás?
As implicacións de que internet poña os pes no chan descoñecemolas, e creo que será un bó tema no que argallar, pensar e maquinar no ano que comeza.
morreu o ciberespazo!! Viva o ciberespazo!!
[Fotografía de Dr.Jd]



Ei, ei, ei…
Non fale en clave!!
Comment by Cesare — January 18, 2008 @ 12:05 pm
E por que non pon ligazón ao seu comentario sobre o libro? Ai, ai, ai…
Comment by Cesare — January 18, 2008 @ 12:07 pm
Que non falo en clave!!! Non sei onde a mira voçe. (Porcier: actualizada a ligazón ao comentario… foiseme… desculpas, meu querido lector).
Comment by estrelaselimons — January 18, 2008 @ 12:56 pm
Yo creo que es simple desconocimiento. Los periodistas siempre llegan tarde al lugar de los hechos
Comment by Tíscar — January 19, 2008 @ 9:26 pm