Contos de estrelas e limons

February 29, 2008

The Cocktail Analysis: Etapas que se cierran

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:48 am

Hoy es mi último día en The Cocktail Analysis (deja vú?), mi casa (para que vamos a engañarnos… pasamos más tiempo en el trabajo que en lugar donde vivimos) durante estos últimos 10 meses. Desde el 10 de Abril que llegué a un sitio lleno de frikis… hasta hoy… donde sigo pensando que he estado rodeado de gente muy rara (según la RAE raro= 2. adj. Extraordinario, poco común o frecuente; 3. adj. Escaso en su clase o especie; 4. adj. Insigne, sobresaliente o excelente en su línea. 5. adj. Extravagante de genio o de comportamiento y propenso a singularizarse).

Ante todo: Me lo he pasado muy bien. He aprendido de unos y otros a ver más allá de pantallitas negras con letritas negras, sé hacer un deploy y puedo cantar sin miedo “drop database“!!! del resto he aprendido más bien poco: que el chino es una comida indigesta, que es posible que una cerveza sepa a aceite (gracias Mario!) y que los chuletones de buey, con un poco de estilo y buen hacer, pueden volar!

Si tengo que pensar qué ha sido lo mejor de estos meses, me quedo con la cesta de navidad, sin duda. La acompañarían los viajes recorriendo las tierras de españa , para arriba y para abajo en dos bólidos, aunque siempre me quedará la espinita de que no me permitiesen coger el mini. Me quedo con las comidas y las sobremesas, con las (pocas) cañas, los abrazos gratis, el megáfono, la jefa, las fiestas culinarias, el albariño, con las galletas (o migas de galletas), el vino, los chimpas, los voyeurs, los cacharritos, la banda sonora (que ha sido muuuy diversa), Y con la gente :)

Ha sido bonito mientras duró, podemos seguir siendo amigos, que nos quiten lo bailado y demás tópicos: aplíquense en este caso. En fin, señores y señoras, ha sido un placer: mis mejores deseos para el futuro, que esté lleno de azul (y un poquito de rojo).

[Permitaseme a licenza de escreber en castelán… como sabedes isto pasa unha vez ao ano :D ]

February 28, 2008

En la vida y en la muerte….

Filed under: politica - estrelaselimons @ 10:21 am

Vía Edgar chego a unha das iniciativas máis fermosas que mirei nos últimos tempos. Donación post mortem da propiedade intelectual das obras ao dominio público. Creo que absolutamente todos deberíamos asinar… e pegar nos nosos DNI’s…

February 20, 2008

Perfil blogger

Filed under: software social, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 11:28 am

Despois de moitas voltas… e logo de demasiado tempo publicamos, con Tiscar Lara, os resultados da III Enquisa de Bloggers. Este foi un estudo precioso, no que eu aprendín moito de metodoloxía e no que puden experimentar pola miña conta.

Grazas a Raul e Netquest, que nos cederon a súa plataforma de enquisas, grazas a Gemma pola sua paciencia, grazas a Tiscar polo esforzo, e quenes compartiron o parto da enquisa… que non foi pouco.

Podes acceder ao texto do artigo no blog de Tiscar ou na revista Diálogos de la comunicación.

February 14, 2008

micropost

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:55 pm


EXPÉRIENCE - LIVE - INAPERÇUS
Cargado por lesgrandsmanitous

Experience en directo non ten a mesma forza que diabologum, pero sigo necesitando a estes frikis.

Termar

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:28 am


Mario volta a pòr toda a carne na lareira: impresionante serie, dende o primeiro ao último . O meu avó (que era xefe de máquinas / maquinista, que termo máis fermoso) sempre dicía que hai que “termar” a máquina, e por máquina podíamos entender dende o embrague do coche, a un sachador automático, á máquina de dar sulfato… a calquer artefacto con certa mecánica. Isto implicaba, entendín eu aos poucos, certas doses de agarimo ao facer as cousas, bastante de sentidiño e algo dese coñecemento que só pode dar a experiencia. Só con iso se conseguía evitar que gripase o trebello.

[Mellor co novo disco de Tindersticks]
[Fotografía de Fixed Image no Flickr]

February 12, 2008

90 Days Jane

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:39 pm

É increíbel, pero ao tempo seductor. Porque quero creer que o suicidio, neste caso, é un concepto co qué xogar. A min gustaríame coller este blog e empregar a Goffman para mirar como a identidade comeza a ser un xogo, para ver como se construe esta narración temporal da que xa sabemos o final, pero… a cuestión é que neste entorno o xogo vai máis aló… o xogo ten unha parte de verdade… ou mellor dito, ten unha parte potencial de verdade. E dame medo… e se é verdade? Este vai especialmente adicado para Edgar.

Actualización
Ouch, blogger cargouse o blog de Jane.

February 10, 2008

Os mitos

Filed under: software social - estrelaselimons @ 8:56 pm

Innovación. Unha palabra, un concepto, unha filosofía baixo a que se agruparon todo tipo de persoas, movementos. Unha verba que en moitos casos se asociou, falazmente, á invención. Falouse e escribiuse moito sobre innovación. Como se pode estimular a innovación? Como se pode fomentar desde a administración pública? E desde a educación? e desde a sociedade? Existe / pode existir algo similar a unha sociedade da innovación? É posible empregar o concepto de innovación social? Cal é o contexto máis adecuado para a innovación? Son moitas as preguntas sobre este concepto que sempre estivo rodeado de certo halo de misterio. Non en balde, aqueles que temos como innovadores son pouco menos que xenios tolos: desde Leonardo como tipo ideal do renacemento aos postmodernos MacGyver ou Doc Brown (inventor na serie Regreso ao futuro). Este concepto vén da man dunha serie de características básicas por todos asumidas: os innovadores son xenios tolos, con ?chispita?, que da nada sacan un todo, cuxas ideas sempre son ben recibidas (por algo son os innovadores)? e un longo etcétera que seguro que entre todos poderiamos converter nunha longa lista.

Scott Berkun é un tipo raro ao que convén ler e convén coñecer. No seu libro de referencia, ata a próxima publicación do seu Making Things Happen, desmonta (deconstruye) un a un os mitos existentes ao redor da innovación, no que é un xerro de auga fría e unha demistificación de algo máis relacionado co traballo e a cultura que coa maxia e a relixión. E é que no fondo, todos os que traballamos en contornas relacionadas de forma directa ou indirecta con innovación (en organizacións, dispositivos, artefactos, comportamentos, metodoloxías, etc) sabemos que non é todo como parece ser. Neste sentido Berkun desmonta algúns dos principais mitos, cunha linguaxe e argumentos tan directos como sinxelos.

É un libro sinxelo, organizado en 10 capítulos breves con imaxes, é dicir, afastado do concepto de libro tostón. Un libro directo que si, anticipo a pregunta de Cesare: debes ler.

A selección persoal, e xa que logo subxectiva, dos principais mitos que deconstruye Berkun son:

A innovación non nace da inspiración. As principais innovacións están rodeadas de traballo, moito traballo e máis traballo. Picasso dicía que esperaba que a inspiración atopáseo traballando. Se analizamos as principais innovacións tecnolóxicas (ou sociais, que non toda innovación é tecnolóxica) atoparémonos cunha longa cadea de coñecementos adquiridos e acumulados que, nun determinado período de tempo, permite unha revolución, como aprendemos de Kuhn.

O mito da epifanía. Asociamos directamente unha mazá cunha teoría da relatividad: un acto creador, unha faísca que dá lugar a unha cosmovisión? e non. Do mesmo xeito que detrás da teoría da relatividad hai décadas e séculos de pensamento científico, e do mesmo xeito que no caso do mito anterior: non se debe considerar a existencia dunha epifanía. Si para vender, si para contalo aos medios e continuar venerando a innovación como unha relixión máis, como un acto tan sacro como pouco previsible.

O mito do método. Cal Feyerabend, Berkun afirma a inexistencia dunha fórmula da innovación: a innovación sucede, ocorre por unha combinación aleatoria de factores máis ou menos similares: traballo, coñecemento, recursos, sorte, azar e traballo (se, outra vez).

O mito do inventor solitario. Unha vez máis: non se pode concibir á innovación como un produto dunha soa persoa. Reducir Microsoft a Bill Gates, ou Linux a Linus Tordvalds é moi conveniente para os medios, para vender, pero é algo que poucas veces responde á realidade. Detrás do éxito destes supostos lobos solitarios están sempre grandes (ou medianos) equipos que levan á cúspide unha idea.

Como estes, hai outros cantos mitos que necesariamente deben ser derrubados. Mitos que moitos temos claros que o son, e ata porqué sono, pero neste caso veñen lexitimados por un innovador, por unha persoa que traballa creatividade, por un gurú das novas organizacións e iso, en segundo que contextos: marca.

É nos? E Galiza? Ficamos coas teses de Himanen e Castells? Segundo estes dous pesquisadores, a innovación ten moito de social e moito de cultural. No noso caso somos traballarodores a reo, e iso non é mito algún: é unha dura realidade. Pola contra somos individualistas ata o extremo: a nosa cultura do “compartir” e do “común” é escasa, por mais que analisemos cómo o tecido social se organizaba para capear catástrofes como a morte dun porco. Beni, un amigo da escola, traballa de autoridade nun concello do interior do país. Segundo él todos os conflictos se circunscriben aos postes / marcos / lindes… igual que na miña aldea, igual que na tua aldea. Trascender o concepto da “miña veiguiña” é posibel? O que non se pode obviar é a necesidade. Que temos exemplos de innovación é certo, que detrás deles hai proxectos con moito traballo, tamén. Pero… Como conseguir trasladar estas pequenas illas de innovación á sociedade sen institucionala? É posibel?

Como “extra”, paga a pena investir unha horiña en mirar esta presentación de Berkun na canle oficial de Google en Youtube.


[Ampliación de la reseña publicada, en castellano, en el OCS]

February 9, 2008

Odiosas comparacións

Filed under: Análise, politica - estrelaselimons @ 9:41 pm

E a política chega aos novos medios… e iso significa que vía Facebook nos acribillan a causas que non nos interesan… que seica hai algúns que empregan twitter, blogs e non sei cantos cacharriños máis… o fetichismo da tecnoloxía, non cabe dúbida. O caso é que vía Juan Varela chego a un vídeo que está facendo as delicias da rede e con razón: ben editado, con un moi bó argumento… con unha morea de pezas do noso imaxinario cotián (Hebie e Scarlett, por poñer dúas das miñas)… e tan simple como pegadizo. Escoitao, fai o favor, como simple exercizo de curiosidade ociosa (se non o fixeches xa). Cabe sinalar que este é, polo de agora, o video viral do mes con maior impacto, superando con moito á Flashmob da estación Grand Central.

Hoxe, neste caso no blog do tamén mediático Maxim Huerta, chego á proposta dos amigos dos socialistas… digo de Zapatero. Continuando cunha campaña electoral na que todo xira entorno a un líder, deixando ao suposto proxecto, deixando ao partido nun segundo plano. Non sei, nin podo votar a Obama, nin podo votar a ZP (por motivos moi diferentes)… polo que a min isto nin me ven nin me vai. Mais… as comparacións son odiosas:


The Interview

Filed under: Cinema - estrelaselimons @ 10:58 am

Noi sei como chamalas… quizáis películas de persoaxes… quizáis obras de teatro en formato cinema… pero o caso é que me gustan. Non só neste caso porque os actores sexan bós e creíbeis. Tampouco porque a historia chame a atención, porque o director sexa recoñecido ou porque a actriz sexa fermosa. O que é certo é que o escenario, neste caso un loft incríbel no que collería unhas cantas veces o meu mini-piso, importa… pero importa tamén o guión (un pouco previsíbel ao final), a carga dramática e, sobre todo, o rol do espectador: ese voyeur que dende fora mira unha pouco críbel situación. E sí, recórdame, como non a antes e despois do atardecer… o cal non é mala cousa…

February 6, 2008

Redes sociais

Filed under: software social - estrelaselimons @ 7:04 am


Video similar á reproducción de Vimeo dunha convesación coma nun blog. Vía Ismael El-Qudsi.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here