Symio e Yoigo: rompendo o mercado

O de Yoigo non ten nome. Unha compañía que se posiciona co slogan verdad verdadera e como a compañía que non minte aos seus clientes quebra todo o seu posicionamento con duas accións: Por unha banda quebra o seu modelo “fala todo o que queiras cos móbiles da mesma compañía por 0€”. Posicionamento en prezo que estou seguro que arrastrou a moitos dos rapaces que noutras compañías só poden mandar mensaxes. Por outra banda, comeza a cobrar pola portabilidade: Ouch!!! Non prometas o que non podes (queres) dar, este é un moi bó lema vital… pero se entras nun mercado no que a letra pequena e o caos de horarios e tarifas coa promesa de non mentir e facelo todo sinxelo… polo que máis queiras: non faga-lo parvo!!!
Symio entra no mercado con outro posicionamento… e estou certo que como Yoigo terá moito de rompedor e obrigará ás compañías tradicionais a replantexar o seu modelo. O seu posicionamento ven marcado por:
#Apelar á principal característica da telefonía: a comunicación. Deixa de lado os servizos de valor engadido para ofertar voz, sms e mms… pero sen nada máis…
# Eliminar o concepto de contrato vs prepago. Polo que se pode mirar na web a diferenza é só no xeito de pagar: en ningún caso se fala de tarifas diferentes!!
# Liberación de terminais. Non estou moi seguro de como funcionará. Os efectos poden ser dous: por unha banda pode que os usuarios abandonen os operadores tradicionais para pasarse a Symio… ou pode que, como no meu caso, manteñan a sua SIM nun operador convencional e teñan un novo número para Symio…
#O caso é que a aposta por prezo é incríbel. O meu operador tan só me da un ctm/minuto máis barato (polas tardes), pero polsa mañáns… xa non sei se son 40ctms.
¿Qué pasará nos vindeiros meses? Pois que as convencionais terán que respostar. No segmento máis interesante para os que analizamos as prácticas sociais vencelladas á telefonía, os mozos, que pasará? Será o prezo un factor máis importante que o terminal? Ficarán coa trampa do trebello ou irán cara a comunicación?
Por outra banda… cal será o impacto que o “caso Yoigo” terá sobre Symio? Minguará a confianza dos consumidores o feito de que outra pseudo low cost incumpla as espectativas depositada nela?
actualización: Xa son de symio!



Pois o que máis me gustou da oferta de simyo é a tarifa de datos 100Mb ao día por 0,99€ diario…
e que me dis de operador virtual? fake ou verdad verdadera?
Comment by opaco — February 1, 2008 @ 1:38 pm
Paréceme tan tenro velos a vostedes dous aquí, debatendo dos seus cacharriños…
Comment by Cesare — February 2, 2008 @ 2:41 am
Xa son de symio!!!
Comment by estrelaselimons — February 2, 2008 @ 8:14 pm
non sei opaco, aínda quedan moitos OMVs por saír!!
Comment by estrelaselimons — February 2, 2008 @ 8:25 pm
Porcier… non é symio… é simyo. A curiosidade é que como está mal escrito ten un bó posicionamento en google… e entra un feixe de xente por esta entrada
Comment by estrelaselimons — February 9, 2008 @ 10:16 pm