Termar

Mario volta a pòr toda a carne na lareira: impresionante serie, dende o primeiro ao último . O meu avó (que era xefe de máquinas / maquinista, que termo máis fermoso) sempre dicía que hai que “termar” a máquina, e por máquina podíamos entender dende o embrague do coche, a un sachador automático, á máquina de dar sulfato… a calquer artefacto con certa mecánica. Isto implicaba, entendín eu aos poucos, certas doses de agarimo ao facer as cousas, bastante de sentidiño e algo dese coñecemento que só pode dar a experiencia. Só con iso se conseguía evitar que gripase o trebello.
[Mellor co novo disco de Tindersticks]
[Fotografía de Fixed Image no Flickr]



Termar dise moito por Ferrolterra, e polo menos alí é sinónimo perfecto de soster, aguantar, agarrar, prender, mesmo manter, conservar ou vixiar (terma ben do lume).
Se vén de ter+man ou de termo- iso xa é fariña doutra muíñada. Pero é un termo fermoso, abofé.
Comment by calidonia — February 14, 2008 @ 2:43 pm
Qué bonita palabra, ‘termar’!
Y qué bonita es vuestra lengua, especialmente cuando se habla con el cariño que vosotros lo hacéis…
Comment by Mario — February 14, 2008 @ 7:41 pm
Vólvoche a visita, e non por cortesía precisamente, senón por puro egoísmo, pensando nos beneficios que me pode traer a interacción.
Coincido en que termar é un termo fermoso e engadiría que é unha fermosa actitude. Hai nel unha compoñente simbiotica creo.
Seguín os enlaces que ofrecías e ocórreseme respecto á solución de facer a organización máis robusta, é posible que un único perfil ou unha única “materia prima” non sexa o máis adecuado para dar solución a unha multiplicidade de problemas diverxentes. E sempre estou preguntando aínda que non poña interrogantes. Sen embargo se por exemplo a “materia prima” estivera diversificada, podería haber unha paleta máis amplia de posibles solucións manexos ou respostas a problemas de naturezas diversas.
Creo que a elección de perfís únicos e a adopción de medidas estándar como reglas de xogo ubican un tableiro de xadrez, pero ¿que pasaría se os cadriños empezaran a desdibuxarse?.
Comment by Jose — February 15, 2008 @ 1:32 pm
Apúntome o de Tindersticks. E fermosa foto, por certo.
Comment by Spav — March 24, 2008 @ 9:18 pm