
Falamos moito sobre internet en situación de mobilidade. Pensamos e reflexionamos moito sobre a ubicuidade, que moitos consideramos que será a pauta social nos vindeiros anos. Pero ata o día de hoxe é moi dificil olhar que a xente normal, non os frikis de toda a vida, inclúan ao móbil no universo de referencia do acceso a Internet. ¿Queres evidencias? Tan só pregunta a calquera persoa cercana que pensa do acceso a Internet dende o móvil.
Agora bem, chega Apple e quebra o modelo. Ata o de agora había poucos datos… sabíamos que o Iphone muda a experiencia de usuario, que é algo completamente diferente (aínda que a algunhas non lles guste nada, sabíamos que o Iphone é un gadget sexy que chama a atención dende meses (e campañas de publicidade) antes do seu lanzamento… pero hai cousas, filliños, que nin as cheiramos.
Saen estes días os primeiros datos que eu tomo por “serios” sobre os usos vencellados ao Iphone. Eu sonvos bastante crítico coa Converxencia Dixital, pero tamén teño/tiña/terei moi claro que só alguén con “intanxíbeis” como Apple pode tirar deste carro. A cuestión é a seguinte:

Chamanme a atención varias cousas destes datos:
#Realmente Internet funciona cun dispositivo mellor! O problema non era a falta de necesidade ou incomodidade de acceder a internet en situación de mobilidade: O problema estaba no dispositivo. Cun trebello mellor: funciona!
# O Iphone como un dispositivo realmente multifunción: non só se emprega como teléfono, senón que 3 de cada 4 usuarios úsano tamén como reproductor de MP3 e un porcentaxe lixeiramente superior úsano como lector de novas na rede.
Agora bem, en todo isto hai unha pequena “trampa”, como bem dí a xente de M:Metrics
“In addition to the attributes of the device itself, another important factor to consider is the fact that all iPhones on AT&T are attached to an unlimited data plan. Our data shows that once the fear of surprise data charges is eliminated, mobile content consumption increases dramatically, regardless of device.
¿Seredes capaces de tomar decisións tan arriscadas? Sinceiramente, non o creo.