Contos de estrelas e limons

March 18, 2008

Chega Iphone e quebra o modelo: Internet no móbil

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:31 pm

Falamos moito sobre internet en situación de mobilidade. Pensamos e reflexionamos moito sobre a ubicuidade, que moitos consideramos que será a pauta social nos vindeiros anos. Pero ata o día de hoxe é moi dificil olhar que a xente normal, non os frikis de toda a vida, inclúan ao móbil no universo de referencia do acceso a Internet. ¿Queres evidencias? Tan só pregunta a calquera persoa cercana que pensa do acceso a Internet dende o móvil.

Agora bem, chega Apple e quebra o modelo. Ata o de agora había poucos datos… sabíamos que o Iphone muda a experiencia de usuario, que é algo completamente diferente (aínda que a algunhas non lles guste nada, sabíamos que o Iphone é un gadget sexy que chama a atención dende meses (e campañas de publicidade) antes do seu lanzamento… pero hai cousas, filliños, que nin as cheiramos.

Saen estes días os primeiros datos que eu tomo por “serios” sobre os usos vencellados ao Iphone. Eu sonvos bastante crítico coa Converxencia Dixital, pero tamén teño/tiña/terei moi claro que só alguén con “intanxíbeis” como Apple pode tirar deste carro. A cuestión é a seguinte:

Chamanme a atención varias cousas destes datos:

#Realmente Internet funciona cun dispositivo mellor! O problema non era a falta de necesidade ou incomodidade de acceder a internet en situación de mobilidade: O problema estaba no dispositivo. Cun trebello mellor: funciona!

# O Iphone como un dispositivo realmente multifunción: non só se emprega como teléfono, senón que 3 de cada 4 usuarios úsano tamén como reproductor de MP3 e un porcentaxe lixeiramente superior úsano como lector de novas na rede.

Agora bem, en todo isto hai unha pequena “trampa”, como bem dí a xente de M:Metrics

“In addition to the attributes of the device itself, another important factor to consider is the fact that all iPhones on AT&T are attached to an unlimited data plan. Our data shows that once the fear of surprise data charges is eliminated, mobile content consumption increases dramatically, regardless of device.

¿Seredes capaces de tomar decisións tan arriscadas? Sinceiramente, non o creo.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2008/03/18/chega-iphone-e-quebra-o-modelo-internet-no-mobil/trackback/

  1. Totalmente de acordo coa xente de m:metrics; levo utilizando “smartphone” para acceder á rede desde hai máis de catro anos e tamén o vexo no meu entorno, ao chegar a “tarifa plana” a xente pérdelle o medo a poñer e utilizar no móbil/blackberry/smartphone o google maps, o gmail, o cliente de IM ou calquera deses navegadores limitados ;)
    Agardo que nese aspecto o iphone tire do carro, pero teño moitas dúbidas de que as operadoras estean á altura.

    Comment by opaco — March 18, 2008 @ 10:16 pm

  2. Eu teño un e65 con wifi… e, pese a que vai lento, sempre que estou agardando e non teño outra cousa que facer, emprego as wifis abertas para twittear, ler sementes et al!!

    Comment by estrelaselimons — March 18, 2008 @ 10:54 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here