Contos de estrelas e limons

March 24, 2008

As voces da miña infancia

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:35 am

A miña infancia está poboada de seres extranos, algúns con mais sona que outros…. pero entre Seixo e Ardán viven unha morea de xentes que van moito máis aló do común. Lucas, Seso da Cacharola, Molina, Vladimir… e John Balan. Aos que teño máis preto son a Seso e a Molina… a Balán recordoo amenizando o autobus ou o trole, falando el só en inglés. Unha rapaza ianquí pasou uns días pola casa dun familiar e ao decatarse da súa nacionalidade, no autobús, o comedor de fanecas (na terra dos comedores de patacas) toleouna falándolle en inglés, falándolle de NovaIorque… da 5ª Avenida, da estatua da Liberdade. O gran Balán, que cando non ía de uniforme tentaba pasar desapercibido coas súas botas de cowboy e unha gorra coa bandeira das barras e estrelas.

Unha voz que se apaga, a do vaqueiro de marín que vivía en Seixo.


Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2008/03/24/as-voces-da-mina-infancia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here