Contos de estrelas e limons

April 23, 2008

bó día do libro

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:36 am

aínda que eu sonvos máis do toxo o día das letras: nunca é unha mala ocasión para festexar o libro. Eu fágoo dende a miña pila particular: bó día a tod@s!!

April 22, 2008

mmm: o bluff da IM 2.0

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 1:45 pm

Onte fun, como sempre que podo, ao mobile monday no ie. A verdade é que sorprende ver a baixa asistencia para un acto suspostamente con tanto contido… agora bem, despois de mirar as intervecións (non imos dicer de qué, non paga a pena) a cantidade do auditorio foi un bó referente do que ía pasar.

E o que pasou foi o de sempre. Un concepto 2.0, apropiado por tres industrias para referenciar un modelo xa existente de comunicación. Ningunha innovación, simplemente a réplica dun modelo que funciona na web cara un dispositivo móvil… i é que o máis interesante das charlas foi constatar o incremento do acceso a internet dende o iPhone e PSP, e os sorrisos cómplices dos ponentes cando falaban da extensión do IPhone como un dos principais drivers cara o uso da IM.

Plano a non poder máis. Aburrido e Soso tm.

mentras chove

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 1:37 pm

Coido que son aberto dabondo para a música. Teño algo máis de 1100 discos, todos comprimidos e arquivados en mp3 porque a miña vida itinerante non me permite ir polo mundo adiante coas caixas dos CDs, que xa teño suficiente cos libros. Hai dous grupos que me abriron panoramas completamente novos, grupos que pertencen a iso que logo chamaron post-rock e que (creo) xa non está de moda: Godspeed you back emperor! e Sigur Ros. Podería botar horas falando de Sigur e Godspeed, e dos grupos que saíron o seu carón: Matmos, Silver Mt Zion Ochestra bla bla bla. Por Sigur Ros comecei a escarbar na música de Islandia, Noruega, Finlandia e demáis, e cheguei ó paraiso apodado Jazzland Records. Primeiro foi Beady Belle, logo Wibutee e agora escoito a un impronunciable bugge wesseltoft… que seica reinventou o Jazz. Non teño claro aínda se me gusta ou non, semellame un pouco presuntuoso nalgunhas cancións, un ‘quiero y no puedo” noutras e unha delicia nas demáis. A min o Jazz non é que me guste demasiado, comezo a entrar nel por vías indirectas, moitas veces teño a sensación de que me están tomando o pelo, pero como iso pasa tamén moi a menudo na vida real, pois non me preocupo. Escoitade a Sigur, a Godspeed, a Finlandia, a Noruega e se podedes a Bugge wesseltoft ou Wibutee… músicas posíbles para noites frescas de febreiro.

(Post recuperado do anterior “Contos de estrelas e limóns“)

April 16, 2008

Mercadona sigue medrando

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 11:22 am

Si, continúa facendoo… hoxe almorzamos con datos curiosos de TNS que paga a pena mirar con moito tino. A subida de Mercadona é continua en todo estado… rozando o 20% de cuota en valor e superando amplamente aos seus competidores. Unha das cousas que mais me gusta é o mapa:

Mercadona aínda non sae na foto galega… pero moito ollo: estamos no sitio máis lonxano á sua producción (levante) e está facendo fortes esforzos de loxistica para a ocupación do norte. Todas cadeas “perden” no país, posiblemente porque mercadona comeze a rañar pouco a pouco. Gadisa, pese a “Vivamos como galegos” baixa en 2,3 puntos (o movemento máis forte no país e un dos máis grandes no estado): ¿Que pasa en Gadisa?

O cocido en Interné

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:36 am

¿como funciona un blog? Suponse que un ten que publicitalo entre os seus amigos ou pola contra debe deixalo á boa ventura de Deus, a que o pseudointelectuais como os de Arcadi Espada invadan este sacro terreo?

Aínda non temos todos cámaras no noso fogar, pero moitos contamos a nosa vida na rede, nunha mezcla de voyeurismo e curiosidade ociosa que nos leva cara non sei moi ben onde. Ata nontronte os diarios viñan acompañados por unha chave pequeniña e un candado que nos apresurábamos a botar ó rematar de escribir aquelas que sentíamos, pensábamos ou descubríamos. Hoxe, os máis coitados desnudamos pouco a pouco certas facetas da nosa vida, as que creemos máis interesantes ou, no meu caso, aquelas que me chaman a atención porque non creo que na miña vida teña demasiadas cousas interesantes… perdón, minto, si que as teño pero non as quero compartir, a ninguén lle interesa saber o que eu non quero contar, es mío, solo mío y no lo compartiría por nada. A miña abuela fliparía un pouco se lle conto que relato a miña vida en Internet… Ela escoitanos falar ós meus tios mailo meu irmán de que en Interné baixamos películas, collemos discos, me mandan fotos, traballos, que falo coa xente… eu nunca me parei a explicarlle que é… e coido que non o sabería facer moi ben.

Un domingo, despois do cocido e da sobremesa, fixen a maleta para marchar á Coruña, onde estudiaba. Tiña a maleta chea ata on poder máis con laranxas, pasta, patacas, libros, discos… maila roupa. A miña abuela colleume unha fiambrera (agora seica lle chaman Tapper) e comezou a botar uns grelos, touciño, un chourizo, costilla… a miña nai preguntoulle para qué estaba enchendo esa fiambrera: “para que leve o teu fillo a coruña”, “pero non ten sitio na maleta, xa non lle colle” dixo a miñanai. “Que o mande por Interné” espetou toda chea de razón a miña abuela. Non vos quero contar ás risas que nos botamos, pero o mellor de todo foi a cara da miña aboa, que continuou enchendo o tapper sen moita convicción… é que esta tecnoloxía estará realmente madura non cando todos contemos a nosa vida nela, senón cando un bó cocido de inverno se poda ‘adjuntar’ e enviar a uns cantos kms de distancia.

(Post recuperado do anterior…Contos de estrelas e limóns. Non é que vaia poñer absolutemente todos os post de novo, non estou no medio dun ataque de vagancia. A cuestión é que estou a facer experimentos para importar aqueles posts e non atopo o xeito de facelo)

April 15, 2008

Duas musas

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:30 am


Son duas das musas de medio universo, facendo un cover brutal dunha canción mítica… que, por certo, se mira mellor en unvlog.

April 14, 2008

Travelling light

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:25 pm

No principio foi Sade. Cada vez que escoito algúns dos seus discos a casa énchese de névoa, fai un pouco de vento e un frio seco, como o de madrid, ese frio que se evita con roupa, porque hay moitos máis tipos de frío e o peor que coñezo non ten nada que ver coa temperatura exterior. Dicía que Sade foi o principio acompañada por Van Morrison. Logo os Tindersticks. Lembro que lle roubaba ó meu compañeiro de piso o walkman despois de comer e percorría a Ronda do Outeiro dende a Sagrada Familia ata Riazor para chegar a clase tarde, sempre tarde. Nesas camiñatas coñecín a grupos de nome impronunciable, a un par de mormóns (Elder & Elder) e ós Tindersticks. A min nunca me gustaron os paraugas e nunha cidade como coruña son pouco operativos, tanto no seu manexo cotiá como na súa esperanza de vida. Tiña un bó abrigo deses que non deixan pasar o auga e unhas boas botas, que xunto co diskman de servían de medio de transporte durante os 25 minutos que tardaba en chegar á cidade escolar. O recordo máis fresco que teño é ir camiñando ás tres e media da tarde, chovendo a cántaros, as rúas molladas, esvaradizas e baleiras… e stuart stiples susurrando canción tras canción, she’s gone, mistakes e sentindo primeiro como as pingas facían tan pouco operativas as miñas gafas como o paraugas que nunca quixen… e logo como a choiva e os meus defectos oculares pintaban fermosas esceas cunha banda sonora moi especial.

A voz de stuart stiples é comparable en moitos sensos á de Tom Waits, cheira a whisky… quizáis un Jameson por iso da calidade, a choiva, a névoa… cheira a cocido de porco e a augardente de herbas.

O tempo foi pasando, os pisos, compañeiros de idem, cursos, cursiños, apuntes inútiles, profesores idem, e catro anos despóis, unha primaveira unha rapaza que non coñecía invitoume a un concerto dos Tindersticks no outono… froito desa unión naceu o noso Stuart, que xa ten dous anos e dous meses

(Post recuperado do anterior…Contos de estrelas e limóns)

Do powerpoint ao Comic

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:22 pm

Quén non tivo unha dura presentación sobre os formatos corporativos? Quén non recebeu unha reprimenda por saltarse os formatos corporativos? Eu, nos meus anteriores tres empregos tiven (con distinto calibre) problemas deste tipo. Eu gostaría ser Lessig facendo presentacións, pero a natureza do noso traballo é un pouco diferente e non permite que eu faga powerpoints como os seus.

O caso é que (vía Adaptive Path) no pasado CHI’2008 (fai uns días en Florencia) presentouse un paper sobre a potencial aplicación do comic como forma de presentar resultados. Supoño que a idea é ir un pouco máis aló das Persoas e representar de xeito gráfico as principais aprendizaxes do traballo de campo e da análise. Eu non miro a nin un só dos clientes cos que traballei lendo un informe en powerpoint. Posibelmente aínda non estemos preparados… pero aquí queda isto:

Using Comics to Communicate Qualitative User Research Findings, por Evangeline Haughney. Pódese descargar premendo eiquí.

April 12, 2008

A “Persoa” como ferramenta de análise

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:55 am

Fai uns meses, unha compañeira (que non ten blog!!) en TCE falounos das “Persoas”. Estiven teimando algo sobre o tema e pareceume moi curioso ao tempo que interesante. Moitas veces temos un problema: explicar de forma clara e sinxela aos clientes a existencia de distintos tipos de perfís e tentar transmitir os problemas / as situacións / os contextos que rodean as decisións de cada perfil. A “persoa” pode ser unha boa ferramenta para solventar este problema.

Na presentación de abaixo, dín que a persoa é un arquetipo de usuario que pode axudar a tomar decisións sobre producto, navegación, deseño visual, etc…. Eu creo que é unha boa ferramenta de traballo para a xente de deseño de interacción (HCI), pero podemos ir máis aló e apropiarnos desta ferramenta, sobre todo, para facer presentacións de resultados moi breves e sintéticas, que poidan chegar aos responsabeis dos servizos que en ningún caso se van ler un estudo de máis de 6 páxinas. Aquí van un par de presentacións que explican e contextualizan esta ferramenta:

Non sei, a min ler isto levoume de cabeza aos “Tipos ideais” de Weber, unha ferramenta con moita tradición na socioloxía, pero que normalmente non se emprega en investigación comercial e tan só en contadas ocasións na investigación académica. Creo que paga a pena voltar a ter en conta esta ferramenta e facer divulgación e pedagoxía entre os clientes para que acepten esta figura.

April 11, 2008

Xornalismo na era de interné

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 9:16 am

Onte, na casa de américa (un edificio tan fermoso como pouco usábel) presentaron un libro deses patrocinados que traen (normalmente) moito fume detrás. Na presentación sorprende mirar moita corbata e traxe nun suposto escenario de e para xornalistas. Da presentación trouxen dous exemplares e un par de boas ideas de Juan Varela:

- “Qué hacemos? Da gana de incendiarlo todo…” (Reflexión ante o que debe ser e o que é o xornalismo na era de internet, que non en Internet).

- As redaccións son mounstruos que aniquilan o xénio individual, a creatividade… (Isto é extensíbel a moito outros traballos que supostamente deben ser “creativos” ¿non sí?)

- A medición de audiencias, a investigación de mercado non serve neste contexto, non pode axudar e non axuda ao xornalismo a redefinir-se. Completamente d’acordo… pero qué podemos facer? Traballar o insight é un bó comezo, analizar o territorio tm… pero coido que falta “algo máis”.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here