Flasmobs e a etnometodoloxía
Onte non puiden ir á conexelación en Atocha. Creo que foi un acto xenial e poucos lugares son tan simbólicos como Atocha, aínda que somos bem pouco orixinais á hora de escoller os lugares. Agora bem: # Son eu o único que considera que perden parte da súa esencia cando a convocatoria é enviada aos medios e mentres a xente está conxelada / facendo o que toque hai unha morea de cámaras grabando absolutamente todo? O acto perde todo o seu caracter simbólico e a participación dos transeuntes (fundamental, sempre) mirase moi condicionada.
Agora bem, imos dar o paso de deixar de mirar este tipo de eventos como participantes e imos miralos como pesquisadores. A cousa cambia. Normalmente este tipo de accións son analizadas por xente como Howard Reingold que tentan debullar cómo se producen e difunden este tipo de moventos. O concepto de SmartMobs inclúe este tipo de accións, se bem, con matices.
Pero: Podese facer algunha aplicación disto máis aló do anecdótico / lúdico / divertido? Eu creo que sí. Lembro ao Interaccionismo simbólico e á etnometodoloxía, dous movementos interrelacionados con Goffman e Garfinkel detrás. Recoméndase, por certo, a lectura dunha fermosa análise de Goffman por parte do compai Edgar. Unha das cousas que trataban de comprender era cómo na vida cotiá construímos marcos, pautas, patróns de conducta non escritos que nos guían ao longo das nosas interaccións sociais. Non hai normas escritas sobre como debe ser o comportamento dun fillo na súa casa, do noso rol / actitude no primeiro día de traballo ou do que se pode ou non se pode facer nunha primeira cita. Estes homiños desafiaban aos seus estudantes a quebrar esas normas sociais para tentar comprender cómo afectaba esa “violación” á relación, cómo de importantes son, como se tentan reconstruír / redefinir, etc
Agora bem, en investigación moitas veces temos un problema: non podemos extraer todo o discurso porque hai unha serie de cuestións latentes que é moi complicado sacar á luz e que en moitos casos están embebidas no contexto. Sí, quizáis lembres que unha das principais críticas a este movemento é a súa enfase no Contexto no que se desenvolven as interaccións. Pero é que demasiadas veces, no noso intento de ser ciencia, introducimos aos suxeitos nun laboratorio para, de forma aséptica e racional, tentar decodificar a súa conducta (sí, eu tamén penso que a psicoloxía, mal entendida, nos fixo moito dano). É aquí cando entra en xogo a Etnometodoloxía como ferramenta, pero: Podemos empregar as Flashmobs como ferramenta? condicionaría o feito de situar a determinadas persoas quebrando a suposta normativa nun supermercado, nun lineal calquera o acto da “compra”? Poderíamos ampliar o noso coñecemento sobre a compra no caso de que os repoñedores repusexen mal? Non creo que cunha mobilización de 2minutos conseguisemos máis que re-confirmar a intensidade e solidez das normas nos intercambios mercantís. : ou sí?



O mundo convulsionado nun flashmob mundial (e máis flashmob que sería se o Tibet non tivese unha bandeira tan pouco merchandisábel), e vostede pensando en xente parada en atocha…
:)
Teño que pedirlle desculpas porque levo un tempo sen vir por aquí. Andei mudando de lectores de RSS e debín perdelo a vostede polo camiño.
Bicos
Comment by Cesare — April 11, 2008 @ 10:10 am
Desculpado queda! Todo sexa perderse nos RSS…
Comment by estrelas — April 12, 2008 @ 9:43 pm