A “Persoa” como ferramenta de análise
Fai uns meses, unha compañeira (que non ten blog!!) en TCE falounos das “Persoas”. Estiven teimando algo sobre o tema e pareceume moi curioso ao tempo que interesante. Moitas veces temos un problema: explicar de forma clara e sinxela aos clientes a existencia de distintos tipos de perfís e tentar transmitir os problemas / as situacións / os contextos que rodean as decisións de cada perfil. A “persoa” pode ser unha boa ferramenta para solventar este problema.
Na presentación de abaixo, dín que a persoa é un arquetipo de usuario que pode axudar a tomar decisións sobre producto, navegación, deseño visual, etc…. Eu creo que é unha boa ferramenta de traballo para a xente de deseño de interacción (HCI), pero podemos ir máis aló e apropiarnos desta ferramenta, sobre todo, para facer presentacións de resultados moi breves e sintéticas, que poidan chegar aos responsabeis dos servizos que en ningún caso se van ler un estudo de máis de 6 páxinas. Aquí van un par de presentacións que explican e contextualizan esta ferramenta:
Non sei, a min ler isto levoume de cabeza aos “Tipos ideais” de Weber, unha ferramenta con moita tradición na socioloxía, pero que normalmente non se emprega en investigación comercial e tan só en contadas ocasións na investigación académica. Creo que paga a pena voltar a ter en conta esta ferramenta e facer divulgación e pedagoxía entre os clientes para que acepten esta figura.



