Travelling light
No principio foi Sade. Cada vez que escoito algúns dos seus discos a casa énchese de névoa, fai un pouco de vento e un frio seco, como o de madrid, ese frio que se evita con roupa, porque hay moitos máis tipos de frío e o peor que coñezo non ten nada que ver coa temperatura exterior. Dicía que Sade foi o principio acompañada por Van Morrison. Logo os Tindersticks. Lembro que lle roubaba ó meu compañeiro de piso o walkman despois de comer e percorría a Ronda do Outeiro dende a Sagrada Familia ata Riazor para chegar a clase tarde, sempre tarde. Nesas camiñatas coñecín a grupos de nome impronunciable, a un par de mormóns (Elder & Elder) e ós Tindersticks. A min nunca me gustaron os paraugas e nunha cidade como coruña son pouco operativos, tanto no seu manexo cotiá como na súa esperanza de vida. Tiña un bó abrigo deses que non deixan pasar o auga e unhas boas botas, que xunto co diskman de servían de medio de transporte durante os 25 minutos que tardaba en chegar á cidade escolar. O recordo máis fresco que teño é ir camiñando ás tres e media da tarde, chovendo a cántaros, as rúas molladas, esvaradizas e baleiras… e stuart stiples susurrando canción tras canción, she’s gone, mistakes e sentindo primeiro como as pingas facían tan pouco operativas as miñas gafas como o paraugas que nunca quixen… e logo como a choiva e os meus defectos oculares pintaban fermosas esceas cunha banda sonora moi especial.
A voz de stuart stiples é comparable en moitos sensos á de Tom Waits, cheira a whisky… quizáis un Jameson por iso da calidade, a choiva, a névoa… cheira a cocido de porco e a augardente de herbas.
O tempo foi pasando, os pisos, compañeiros de idem, cursos, cursiños, apuntes inútiles, profesores idem, e catro anos despóis, unha primaveira unha rapaza que non coñecía invitoume a un concerto dos Tindersticks no outono… froito desa unión naceu o noso Stuart, que xa ten dous anos e dous meses
(Post recuperado do anterior…Contos de estrelas e limóns)


