Mercadona sigue medrando
Si, continúa facendoo… hoxe almorzamos con datos curiosos de TNS que paga a pena mirar con moito tino. A subida de Mercadona é continua en todo estado… rozando o 20% de cuota en valor e superando amplamente aos seus competidores. Unha das cousas que mais me gusta é o mapa:

Mercadona aínda non sae na foto galega… pero moito ollo: estamos no sitio máis lonxano á sua producción (levante) e está facendo fortes esforzos de loxistica para a ocupación do norte. Todas cadeas “perden” no país, posiblemente porque mercadona comeze a rañar pouco a pouco. Gadisa, pese a “Vivamos como galegos” baixa en 2,3 puntos (o movemento máis forte no país e un dos máis grandes no estado): ¿Que pasa en Gadisa?



Cecais fose a hora dun bipartito Gadisa-Froiz tal vez, seria unha boa entente para facernos fortes alomenos en Galiza e Portugal, supoño que senón o fixeron antes será porque haberá diferenzas entre eles, pero hai un enemigo común no mercado, unha vez eliminado Caprabo o inimigo a bater (en canto a supermercado de barrio) é Mercadona, porque Condis non penso que aterrice por aqui.
Un saúdo e parabéns polo blogue.
Comment by breogain — April 21, 2008 @ 7:20 pm
Pois si, eu aposto por unha entente galaica para facer fronte ao levante… pero tamén unha unión do mercado estatal fronte aos franceses…
Comment by estrelaselimons — April 22, 2008 @ 1:47 pm
Entrei pra comentar que de maior querería ser estrelaselimons, pero vaites, despois desa anotación nacionalista (#2) non sei xa que pensar… Eu é que supersón de Tesco.http://www.hemscott.com/news/latest-news/item.do?newsId=57266947182471
Comment by Cesare — April 27, 2008 @ 6:44 pm