Contos de estrelas e limons

May 7, 2008

muller e tecnoloxía

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:19 pm

Grazas a Tiscar e ao seu radar localizador de eventos, consigo colocar nunhas semáns espeluzantes duas charlas bem interesantes que teñen en común o análise da estratificación de xénero. Dunha man unha, ate agora, descoñecida judy wajcman que ocupou un espazo tan institucional e simbólico como a sede de telefónica (gran vía… moito mais “cercano” que o Distrito C) para falar de mulleres e tecnoloxía. Doutra man, Antoni Gutierrez Rubí ocupou un espazo con tamén moito simbolismo, blanquerna (centro cultural catalan no centro de madrid, ao carón do círculo de belas artes e enfronte dunha das sedes do Instituto Cervantes) para falar de Políticas, un recente libro que podes descargar da rede.

Quedome con moitos flashes. Entre eles o xeneroso turno de debate na conferencia de Judy, unha mágoa que neste tipo de conferencias prime o institucional e o horarío, porque había varias mans erguidas cando Castaño deu por concluído o turno de palabras. Moitos simbolismos que, non o vamos a negar, teñen a súa importancia: Dunha banda o espazo ocupado. O feito de que Cierco estivese por alí tampouco estivo mal… e así non caiu a representación na omnipresente Lourdes.

Sorprendeume moito o valor que parece se lle da por fora ao efecto ZP e ás súas ministras. Si, eu tm fun moi feliz cando fun coller o xornal e mirei a unha muller embarazada pasando revista a filas, tamén cando lembrei que era catalana, tamén cando lembrei certas declaracións pacifistas. Sei da importancia de ocupar espazos simbólicos, de abrir territorios cara a normalización, de por unha e outra vez a desigualdade no estrato superior do poder (simbólico, económico, chámalle como queiras)… pero o problema é que comezo a detectar na socicedade un certo efecto moda no sentido máis pexorativo do termo: non pode ser isto malo para as aspiracións de quenes loitamos por unha superación da estratificación / desigualdade de xénero? Por outra banda… está o feito de que non sei ata que punto, en vez de quebrar o teito de vidro, estamos impulsando que algunhas elexidas poidan subir enriba do teito de vidro.

Seguindo con Judy, abriu un interesante debate que recolleu Eva: as TIC posibilitan que a muller poida ter unha relación salarial mantendo as tarefas reproductivas, mentres estas se van desdibuxando socialmente. O problema semella ser o de sempre: o teletraballo desdibuxa (ese é o pulso social que tomamos) as fronteiras entre o laboral e o persoal. Introduce na intimidade do fogar (o espazo por excelencia) a relación salarial e o gran problema é que dotamos á muller dunha autonomía económica (algo fundamental, sen dúbida) pero poñéndolle unha nova cadea: unha relación salarial na que as TIC serven para incrementar as horas / espazos de traballo.

Da presentación do libro Políticas… pois quédome co libro (que non é pouco). No turno de palabras pediríalle a Toni que falase das TIC (que el algo disto sabe) e do impacto destas na súa carreria política. Tomo prestado da xente das Indias un video onde se mira algo da presentación (e a Carmen Castro).

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2008/05/07/muller-e-tecnoloxia/trackback/

  1. efecto moda? Si yo le contara…
    Creo que o efecto moda é inevitábel e, en por si, nin positivo nin negativo. Pénseo do mesmo xeito que ve as dinámicas de implantación social das TICs, con esa preciosa campá de gauss. A fase ‘modal’ está ao comezo da fase de consolidación, pero un día nos decatamos de que as últimas dez pelis que vimos foron no portátil, de que unha muller é presidenta da Xunta ou de que os dous veciños de abaixo casaron na fin de semana. E nin sequera llo contamos a ninguén.
    Abofé que é máis sinxelo pra Jesús Vázquez saír do armario que para un chaval que viva en Láncara. Pero grazas a Jesús Vázquez e a outros factores semellantes, ese rapaz de 16 de Láncara está saíndo do armario, e hai 15 anos non o facía.

    Comment by Cesare — May 7, 2008 @ 3:07 pm

  2. Que marabilla o teu post. Graciñas pola alusión. Vou tratar de compartir dúas reflexións sobre o tema que apuntas:
    a) Conferencia de Judy. Un dos temas clave é o económico, como ti ben apuntas. Non é o mesmo unha muller como, por exemplo, Castaño que unha señoriña da aldea que non ten outra ocupación diaria máis que a que, como galegos, ben podemos imaxinar. A min fíreme especialmente cando se fala da muller en xeral, como se todas fósemos iguais, e estivesemos unidas polo enemigo común: o home. Moitas veces o debate plantexado é ese tan básico e dicotómico (sempre remito a un artigo de opinión que publicou Haro Teglen sobre a muller, que é unha verdadeira xoia http://www.eduardoharotecglen.net/blog/archives/2005/03/la_mujer.html). E este debate tristemente cálcase cando falamos de Internet.
    b) Políticas de Antoni Rubí. Quédome especialmente cunhas frases do autor (páxina 52) cando di (traduzco) “Cando as mulleres fan política de ‘mulleres’, desenvolvendo uns supostos atributos da feminidade (cercanía, humanidade, senso común, inclinación hacia o coidado e a protección, sensibilidade hacia o particular…) que son precisamente os que as recluiron na privacidade, contribúen involuntariamente a que as expulse do espacio público”.
    Ben na política, ben en Internet, as mulleres temos esos problemas: á hora de facernos un lugar nos espacios que desexamos ubicarnos e son reinados de homes; e á hora de tratar de ser nós mesmas, como persoas, libres de esterotipos e atributos que temos asinados e sobresaen por riba das propias características que definen a personalidade de cada unha de nós.

    Comment by Eva — May 10, 2008 @ 7:33 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here