Internet en España: Outro informe mais
Dias atrás, a Fundación do BBVA (xunto a de Bankinter son das miñas fundacións favoritas), publicou a segunda oleada do seu estudo sobre Internet en España. Lembro con moito agarimo a primeira oleada deste estudo, que me tocou máis de cerca ao estar traballando directamente con datos secundarios para a elaboración dun informe. Pasaron tres anos e a lectura deste informe deixa unha morea de pensamentos illados:
- ¡¡Menudo Ladrillo!! ¿Esta é a capacidade analítica dun líder do sector como é TNS? Se mirades o informe é plano, descriptivo, os comentarios son de coña!!! Quizáis porque un aínda ten moi preto a Universidade, pero pareceme incríbel que isto sexa tolerábel. Vamos, que son eu o cliente e…
- Vencellado co anterior, comezo a pensar que cecais o problema esté en mín. ¿Ocupan as consultoras o oco que non cubren as empresas de investigación de mercado?
- Queda cada vez máis claro que este modelo de análise non é válido para acadar unha realidade tan dinámica como a Sociedade Dixital / Sociedade da Información / Infosociedade /ChamalleX. Contar, Contar e Contar non é suficiente. Como repetimos unha e outra vez, a apropiación social da tecnoloxía dificilmente se pode recoller cunha enquisa, e menos cunha deste tipo.
- Lugares comúns tras lugares comúns: Non é suficiente con un par de investigacións de prestixio para comprender que o principal inhibidor social á incorporación á Rede é a non percepción de beneficio e a falta de interese? Cristobal Torres apuntouno e analizouno (e isto sí é análise) nun estudo sobre os inhibidores ao uso de Internet en España, pero é que noutros paises falaron xa disto fai case 10 anos.
Eu quédome con algúns datos do informe, que non todo son críticas. Os datos actitudianis poden darnos algunha claves… pero polo amor de deus, non tiredes os cartos en estudos así se non o ides facer mellor que Red.es



Estás buscando un novo traballo?
Comment by Cesare — May 18, 2008 @ 4:47 pm
jajajaja… pois non, a verdade é que non. ¿Porqué? ¿Quereme contratar voçe? ¿A onde quere mandarme?
Comment by estrelaselimons — May 18, 2008 @ 8:49 pm