A compra dun carriño pra rapaces/as
Como todo home de bem, os dous/tres últimos meses antes de que o rapaz (Brais, neste caso) saia á luz, ultimamos preparativos de todo tipo, que van dende a roupa, os espazos e… nómadas como somos, os veículos de transporte. Logo de moito mirar aprendemos moito, aquí van algunhas recomendacións /consellos.
Aspectos relevantes á hora de mercar un carriño:
1. Prezo. Os carriños non son baratos. Podemos atopalos dende os 250 aos 900 euros, en calqueira caso… e como bem explica Arieli na “trampa dos desexos“, todos tendemos a quedarnos na metade.l
2. Pezas. Tradicionalmente había unha cousa que era o carriño e outra que era a silla de paseo. Coa normativa para viaxar con rapaces en coches chegou a “silla para coches”. Podemos atopar no mercado dous tipos de “packs”, un formado por tres pezas (cuco, silla e “portabebés”) e outro formado por duas pezas (mix de portabebés-cuco e silla). Nos temos un lixeiro problema de espazo e ao nacer Brais en verán non é tan necesario un cuco que o resgarde do frío. Ergo: ímos a polas dúas pezas.
3. Pregado. Hai dous tipos de plegado: plegado paraugas e pregado do outro. O pregado paraugas e o clásico de toda a vida. Teñeno sobre todo os carriños de Jané e consiste en reducir ao mínimo espazo o carriño por medio dunha serie de mecánicas similares as dun paraugas (orixinal explicación eh!!). O problema deste pregado é que seica é un coñazo e forza moito as xuntas do carriño. Ao cabo do tempo é usual que as xuntas estén folgadas. O outro pregado é o que levan os carros de Loola ou CasualPlay: o carro non se reduce tanto, pero é máis rapido de pregar e máis facil de transportar pregado. No noso caso, non é un (gran) problema o tamaño do carro pregado, xa que Moby pode levalo bem, e odiamos o pregado paraugas / telescópico: queremos do outro.
4. Ancho . Seica hai uns carros máis anchos cos outros. No noso caso, e ante o total descoñecemento da estandarización dos anchos das portas /ascensores, decidimos minimizar o impacto deste condicionante. Non imos moito en ascensor (mais bem nada) e os ascensores do transporte público son ben grandes.
5. Rodas. Hai distintos tipos de rodas: de plástico macizo ou de Goma-plastico. Jané nos seus Carrera Pro ten sobre todo as rodas de goma maciza (cando menos onde os miramos). Eu sonvos de rodas normales e canto máis grandes, máis sinxelo será sortear os obstáculos e andar na praia. No noso caso… decantámonos dende o principio polas rodas de goma e cantas máis, mellor.
6. Chasis Hai dous tipos de chasis: un de tres rodas con forma deportiva e o clásico que coñecemos. Non son eu moi deportivo, é certo, pero a estética si condiciona e os chasis de tres rodas son horribeis.
7.Manexabilidade, é dicer, a capacidade para levar o carriño cunha soa man… a celeridade á hora de xirar etc, etc. Non é que estemos a pensar en facer o Chile-Dakar polo de agora… máis, nunca se sabe.
Falamos de marcas?
Hai unha marca “Mercedes”, que nos carriños dos rapaces chámase Loola. Quizáis lembras que é o carriño que tivo Leonor e que (jajjaja) igual pasou á súa irmá. O caso é que se tes cartos e os queres gastar, semella que é unha boa opción: o sistema de plegado é incríbel e o seu deseño industrial (mamusooooo) tamén.
.jpg)
Descartadas as opcións elevadas… quedan unhas cantas máis. Reseñamos só as principais:
## Nurse seica é a segunda marca de Jané. Mira, nunca me gustaron as segundas marcas
## Jané teica ten duas liñas, a clásica e a pro. Son os líderes do mercado… e se vas a un parque decataraste que un 70% dos carros e sillas son de Jané. Por algo será ¿non sí?
## Casualplay… no noso caso non a coñecíamos de nada.
## Chico… marca de referencia en productos de todo tipo vencellados co coidado dos rapaces. Marca clásica, tradicional e que… non vai con nos (sobre todo polo prezo, algo máis cara que os demáis).
No noso caso optamos por… un modelo de duas pezas: non temos moito espazo e iso é un condicionante. Foi importante tamén o tipo de pregado: non temos moito problema de espazo no coche e cremos que podemos sacrificar espazo no veículo por un pregado menos complexo. Por outra banda queríamos rodas de goma e chasis de catro eixos…. polo que ao final, entre Jané e CasualPlay quedamos con este último. O modelo elexido foi un Vintage, na liña que fai Agatha, en cor vermella… a que é a mellor elección?:




o nosso carrinho era regalado e afinal tivemos de mudar de coche porque o maleteiro nom dava. hai outro dato mui importante nos carrinhos. o peso!!!! é fundamental quando tens de sair de manhá e tens de pregar o carrinho(e ter a salvo o neno), voltas para casa e voltas pregar e esqueces que nom há leite e tens de parar no super( pregar, despregar, voltar pregar) e regresas a casa e de tarde repites a operazom…quando chegam as nove da noite entre o peso do anano, do carrinho e de todo o que levas feito, já nom sabes onde é que tens os cadrises.
para a segunda etapa, quando já pode ir nas de passeio, nós escolhemos nurse porque só pesa 4 kg(+10 do neno). sorte e uma hora curtinha!
Comment by l&m — May 22, 2008 @ 6:10 pm
Ola!
Certo que o peso é importante!! Nos miramos (máis que o peso) a facilidade de transporte (plegado), porque creo que é mellor / máis facil levar un carriño que pese un pouco máis se o podemos agarrar bem, cunha boa distribución do peso… vamos que non o teñamos que levar no colo. Pero o caso é que o carriño de casualplay pesa ¡¡7 k!! Meu deus!
Comment by estrelaselimons — May 23, 2008 @ 7:24 am