Contos de estrelas e limons

June 23, 2008

Stay

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:01 pm

Non está o forno para moitos bolos. Non vos sei moi bem porqué pero non sae da memoria a curto plazo (debeu ser o topetazo) esta canción. Intúo que por parte da letra:

Dressed up like a car crash
The wheels are turning but you’re upside down
You say when he hits you, you don’t mind
Because when he hurts you, you feel alive
Oh, now, Is that what it is?

O caso é que aquí está… a miña canción favorita de U2:


June 21, 2008

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:49 am


A canción é das que teñen Istoria e sona… é certo, pero tamén as trae a boa da muller. Unha das mellores voces negras… aínda que nun corpo blanco. Eva é como o Buckey, unha desas voces que desaparece antes de tempo deixando unha pequena escolma de temas que nos deixan con ganas de máis e co desconcerto de non saber que pasaría no caso de “nada pasase”. Sería unha carrera meteórica como a dos grupos máis mainstream? Sería simplemente ese bó disco? Ou simplesmente pasarían desapercibidos ao non estar vencellados a un suceso tráxico?

June 19, 2008

Cancións Largas

Filed under: Music - estrelaselimons @ 7:08 am


Non é a súa mellor canción… pero é un vídeo fermoso… que, como non, mírase mellor en unvlog. (Máis vídeos na súa canle de YouTube).

June 18, 2008

Un día triste

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 4:45 pm


(Foto de Ronchile en Flickr)

Non sei tí, eu creo que somos iguais… (ensináronmo uns e outros)… só que quizáis uns esquecemos antes que outros. Eu non lembro a fame, pero encargáronse moi bem de deixarme claro que hai motivos para deixar un lugar e facer a maleta na busca dun futuro… ou dun presente. Ao fin e cabo, nós, moitos de nos vivimos nese dilema, só que temos a sorte de que unha fronteira máis ou menos absurda non separa o lugar no que nacimos do lugar no que residimos.

Non hai excusas. Non hai discursos sofistas ou postmodernistas. Podedes construír os argumentos teóricos que vos dé a santa e real gana. Podedes empregar toda a vosa educación para lexitimar desigualdades de distinto tipo. Podedes inventar os vosos mundos paralelos… agora ben: non o comparto, non o lexitimo… e se me preguntas, unha e outra vez votarei que non, porque asínon.

/feelings = rabia+vergoña & medo/
/realizing = hoxe creo un pouco menos en nos/

Idealismo(s)

Filed under: Cinema - estrelaselimons @ 6:33 am

Veño de rematar o Barón Rampante, un libro do que fai moito tempo me falara o meu amigo Tomás (que seguro que non lee estas letras, pero se o fas: grazas por abrir tantas fiestras). O barón rampante é un libro idealista como poucos, un libro inocente (si iso é máis sinxelo) que me lembrou os anos que pasei subindo polos carballos onde tíñamos uns bós metódos de saltar de árbore en árbore… antes de que os eucaliptos o arruinasen todo.

Demasiadas veces é preciso subir a unha árbore, coller distancia e mirar na súa correcta configuración os problemas que tantas veces nos esmagan. Eu teño a receta anotada no lugar preciso para non esquecelo.

Quédome con unha das moitas frases subliñadas no meu libro, como frase para os que vindes e para os que marchades. Agardo que veñades e vaiades no voso trasego de levar a termo os anceios. Just do it… e se non queres desordear a túa conciencia, non te preocupes, seguro que cando menos pechas o día cun sorriso.

La libertad no es carencia de criterio, sino saber lo que se quiere y tomar la decisión de llevarlo a cabo

E non podo deixar de lembrar unha das que máis lle gustan a JJ

La locura es una fuerza de la naturaleza, para bien o para mal; mientras que la bobería es una debilidad de la naturaleza sin contrapartida

June 17, 2008

O día nace e morre (as we)

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:28 am


Logo de demasiado tempo bulindo dun lado para outro, escoitando e preguntando a demasiada xente… é preciso camiñar. Ao andar seica se fai camiño. Eu ao andar adoito desconectar, olvidar… para construír microsonos que desaparecen cando o Ipod muda de canción. Ás veces, e só as veces (porque non sempre ten un o corpo para iso) busco cancións longas, como as de Godspeed ou The SilverMtZion que permitan a recreación… encántame a recreación… é tan angelopoulos.

Hoxe fago moito camiño con Explosion in the Sky… fechando os ollos e desfrutando… sen darme conta de que torno en Dave e que comezo a bailar na plataforma do autobús cun sorriso… unha pequena licencia da que non son consciente… que me fai por vermello ao “espertar” e que entendo que incomoda á xente. Leo nalgunha mirada un “pues por las pintas seguro que está drogado” e non señora(s), só un café con leite.

June 16, 2008

Intensidades… By Damien Rice

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 2:33 pm


Hai cancións que consiguen por os pelos de punta e que, no tempo que soa, fan que varios calafríos percorran o lombo… i esta é a miña canción para empezar un luns demasiado longo… e sí, cecais precises (coma mín) escoitala varias veces hoxe.

June 15, 2008

Telefonica & Apple

Filed under: Análise - estrelaselimons @ 9:07 pm

Nunhas semás o Iphone chegará por fín de forma oficial ao mercado do estado. Obviaremos a chegada prematura, os Iphones 1.0 liberados e funcionando… porque non creo que sexa eu o único con xente no meu entorno con un trebello destes. Obviaremos o cambio no modelo de interacción, a revolución do que aspira a ser o primeiro dispositivo converxente… e imos miralo un pouco máis como unha relación entre marcas.

Telefónica, logo de moitas especulacións, levou o gato ao auga. Alierta meteu un dos seus goles estratéxicos, porque non nos enganemos, se Vodafone chega a comercializar o Iphone… meu deus, teríamos un cambio realmente importante no mercado da telefonía móvil.

O caso é que esta unión (Apple - Telefónica) é unha unión un tanto peculiar. Ambos comparten un atributo de imaxe: o liderazgo… pero a partir de ahí a historia e a vivencia de ambas marcas é completamente diferente. Apple é innovación, Early Adopters, cambio, fiabilidade, xuventude… nunha clase fai unhas semáns, facíamos un proxectivo sobre esta marca, e os rapaces atopában en Apple a un rapaz de uns 27 anos, cun traballo vencellado á xente, que conduce un Mini Cooper, que disfruta da noite e do tempo, que ten inquietudes culturais de todo tipo… emmm ¿E telefónica? ¿mirádela aquí?

O certo é que Telefónica sempre estivo vencellada, dun xeito máis ou menos evidente, á historia de Microsoft. Foi un monopolio, con estructura de ministerio, tenta constantemente atrapar o termo de fiabilidade… pero o caso é que só pode unirse a marcas como apple para tentar atrapar a Innovación.

Agora bem… conseguirao?

June 7, 2008

Ariely e a “Economía do Comportamento”

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 12:08 pm



Redes 6: Somos predeciblemente irracionales from Smartplanet on Vimeo.

Un dos libros que máis logo desapareceu da pila, foi o de Predictably Irrational de Dan Ariely. O certo é que engancha con seu estilo, coa sua forma de escreber e descreber, como tamén o fixeron estes pseudo divulgadores que empregan experimentos e escenas do cotiá para explicar fenómenos moi complexos, como pode ser a toma de decisións. Refírome á xente de Karaoke Capitalism, ao “Economista Camuflado” ou aos de Freakonomics. O vídeo de Redes sintetiza moi bem as principais ideas do libro… eu quedome coa fascinación do concepto “de balde”…

Pero hai outra idea interesante… a idea de “facer trampas”. Segundo este libro, todos facemos trampas, especialmente cando hai intermediarios. Fai uns meses, Mario comentaba como levar correctamente as notas de gastos… según Ariely, cando se introduce outra empregado/a entre medias, as posibilidades de que se “fagan trampas” se incrementan.

El Pais publicou fai pouco unha boa reseña do libro.

Cuestionario WebSocial

Filed under: software social - estrelaselimons @ 11:06 am

Buscando un cuestionario sobre a TV e a Rede… atopei este outro nunha das miñas carpetas favoritas do PC. Xa non lembro porqué o escrebín, nin quén escrebeu as preguntas… pero o caso é que aquí van as respostas…

1.- Coa web 2.0, o fenómeno da folksonomía… parece que é a sociedade a que se está apropiando da rede, a diferencia do que ocorría antes do pinchazo da burbulla. Blogs, redes sociais, licenzas Creative Commons… democratizan a creación e difusión de contidos. ¿Cres que os medios tradicionais reaccionan axeitadamente ante este fenómeno?

Si. O certo e que detrás dese concepto tan manido como é a Web 2.0 ao que estamos a asistir é a unha volta da rede ás súas orixes: á xente. E dirás ti… ¿Qué pasou no medio? Pois que as empresas, o “mainstream” apoderouse da rede a finais dos noventa. Seguro que todos lembramos o concepto de “Portal”, que ía ser un lugar onde se podería atopar todo, dende consultar o tempo, mercar un coche ou chatear. Fíxose un forte esforzo dende os medios para camiñar neste sentido.

Agora, o fenómeno da Web 2.0, que xurde da apropiación social da rede, é decir, dos usuarios, inflúe nos medios dixitais. Non tanto nos tradicionais (entendendo como tal aos sornáis ou demáis medios “analóxicos”). Pero agora é extrano o diario dixital que non ten unha serie de blogs, ou unha nube de tags (folksonomía) integrados na súa web. Os medios reaccionan e estamos nun escenario moi activo nas últimas datas, cos rediseños de varios medios nacionais en marcha. É complicado dicer se reaccionan axeitadamente, pero coido que a mentalidade esta a mudar e os medios debátanse da importancia de “estar ao día” na innovación.

2.- As redes sociais medraron á marxe dos medios tradicionais. ¿Poden os medios incorporalas ou establecer con elas algún tipo de simbiose seria? ¿Non suporía a fin do seu carácter alternativo?

As redes sociais son una cousa e os medios son outra e non teñen demasiados puntos comúns. Unha das principais características das redes sociais é a súa espontaneidade. Cando pensamos en comunidades virtuais, estas nacen, medran e desaparecen en función de determinados criterios, moitos deles incontrolabeis. Estou certo que é posible que os medios tradicionais poden aprender moito das redes sociais, de cómo se producen as interaccións, como se xera discurso e argumentos, por non dicer da información xerada nestes contextos. Pero creo que sería moi complicado crear unha rede social real, ou unha comunidade virtual tal como as coñecemos, en torno a un medio tradicional, non tanto porque sexa técnicamente posible, senon porque serían cousas diferentes. As redes sociais institucionalizadas, regladas, pautadas, etc, perden unha parte moi importante da súa esencia: a liberdade, liberdade para redefinir constantemente as reglas do xogo (neste caso da relación), por poñer un exemplo.

Por outra banda, as normas sociais, as regras de interacción, a propia cultura das comunidades virtuais son difícilmente apropiabeis: pódese aprender moito deles, pero é moi complicado reproducir de xeito artificial. Simplemente, son cousas diferentes.

3.- “Xornalismo cidadán” un concepto de moda, pero bastante difuso. ¿Como o definirías? ¿Que contribución fai ao proceso informativo?

Eu non me atrevo a definir o concepto, é un tanto complexo. Prefiro citar a quen sabe bastante máis ca min nestes temas, Juan Varela dí que o xornalismo cidadán, ao que el denomina periodismo 3.0 é a información publicada de xeito directo polos cidadáns coa intención de que chegue a máis cidadáns. É unha definición “de base”, pero a partir de ahí podemos comezar a construír.

No que atinxe ás contribucións: son moitas. Van desde a maior accesibilidade á información, maior rapidez ou maior cantidade de información. Por poñer un exemplo, esta mañá houbo un terremoto en México e eu entereime antes por unha ferramenta como é Twitter que por ningún outro medio: a inmediatez é posíbel grazas a ferramentas socias. Cada vez máis sabemos de xornalistas que empregan a bloggers como fonte de información, comeza a haber fontes en tódolos lugares.

Pero o máis importante é que o cidadán comeza a ser consciente do seu poder, un poder que lle permite amplificar a súa voz, o seu discurso… e en casos como pode ser o abuso da autoridade (nalgunhas manifestacións xa pasou, coma nas manifestacións contra a guerra) pode facer que a súa voz sexa escoitada.

4.- ¿Como definirías o estado de saúde da web participativa en Galicia?
Pois cando menos podemos falar da “web participativa” en Galicia, que non é pouco. Por falar dos blogs, a comunidade galega viu nacer a varias plataformas de blogs (ou CMS). En primeiro lugar, Blogaliza, que ten todo o mérito de ser unha iniciativa que nace da rede, dos propios usuarios, que desenvolven e manteñen esta plataforma de xestión de contido. Posteriormente chegaron empresas como Abertal, cunha plataforma propia (blogoteca) e incluso cunha plataforma que permite a creación de Fotologs, o cal amosa o interese do mercado neste tipo de iniciativas.

Por outro camiño avanzan plataformas como chuza! (a réplica galega ao menéame), unha web que permite que os propios usuarios envíen noticias e decidan por sí mesmos cales son as máis relevantes (que son as publicadas na portada). Chuza! converteuse en moi pouco tempo nunha das páxinas galegas con maior número de visitas, algo que non deixa de amosar o interese que despertan estas ferramentas en Galicia, ao tempo que medios como Vieiros.com ou Codigo Cero integraron ligazóns nas súas novas cara a chuza, de feito que calquera nova pode ser enviada de xeito inmediato a esta plataforma.

Logo, a saude da web participativa en Galicia non é mala, pero ¡¡queda tanto por facer!!

5.- ¿Que predición de futuro farías: cara a onde camiña a participación cidadá dentro da web 2.0?
A nível institucional parece que os medios tradicionais continuarán integrando formatos testados e desenvolvimos por grupos de usuarios un tanto alonxados do “institucional”. De forma moi marcada veremos neste ano como os medios loitan por integrar algunhas das ferramentas da Web 2.0 no seu medio: dende folksonomías, ferramentas de clasificación social (Delicious) ou ate enlaces directos a sitios como Chuza! ou Menéame, algo que sería impensabel fai uns anos.

Coido que isto virá acompañado por unha forte aposta pola TV e pola participación dos usuarios nos medios, dende co envío de información (Fotografias, video, etc) ate nun posterior traballo da información (clasificación, comentario, etc) pero en ningún caso os medios deixarán que sexan os propios usuarios, os propios cidadáns os xornalistas… agas en xornáis específicos que posibelmente vexamos nacer pronto.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here