Posiblemente a mellor versión que escoitei de Radiohead, que aparece como agasallo de luns na miña caixa dos correos dende BCN e da man do Wei: moitas Grazas!!!
Logo de toda a intensidade dun findesemá no que o son contundente, vía Nick Cave e Mogway, desprazou á tranquilidade, convén facer unha cura a base de Jazz.
O Marketing Viral dame un pouco de… non sei como dicilo, pero noxo non é unha palabra que esté moi afastada. Apropiarse dun tipo de ferramentas “bottom up” para facer constidos pseudo-amateurs e vendelos como éxitos só poden vir da man de CocaCola (lola) ou creo que poden cair nun perigo: frustrar ou xogar coas expectativas do consumidor. E todo sabemos que iso non é nada bó. Non hai nada peor que un consumidor que se sinta enganado.
O ano pasado a xente de Microchof publicaron unha curta xenial sobre a ruptura entre o consumidor e o anunciante… e agora voltan con unha curta sobre o esta técnica, o Marketing Viral. Deixo aquí este vídeo que non ten perda algunha.