Contos de estrelas e limons

September 12, 2008

Xoia de fin de semán

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:32 am


September 10, 2008

Lecturas veraniegas

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:05 pm

O verán e para os libros, máis se un ten en conta novas chegadas e adaptacións a cambios vitais de importancia. No meu caso, dende fai bastante tempo só leo libros recomendados. É bastante sinxelo o proceso de elección de libro: abres bastante as orellas e non tarda moito en que alguén fale dun libro que recentemente lle impactou. No meu caso hai un fío común: a infancia. Imos aló:

El Barón Rampante foi unha recomendación de Tomás. Fíxoma fai anos, moitos anos, cando isto de internet comezaba a petar, cando tiña que compartir conexión (a 56k) co meu irmán (¿Tócame xa a mín?) e cando a miña nai se cabreaba por que lle quitabamos a liña de teléfono a partir das 18.00 que comezaba a nosa tarifa plana. O libro encantoume… en parte porque me sentín moi identificado coa persoaxe principal. De neno adoitaba subir polos carballos… non é que tivese unha habilidade especial, pero non se me daba mal. É deses libros que un ten que ler do tirón, sen moitas pausas… e non porque do contrario perdas o fío, senón porque a intensidade da trama obriga a elo.

Mr Vertigo é do gran Paul Auster. Neste caso costoume un pouco mais, porque houbo un carcrash polo medio, pero novamente a infancia é o fío do libro, novamente unha persoaxe que tenta escapar da lei da gravedade, que tenta viver sen por os pes na terra. Neste caso a recomendación veu dun par de mozos que escoitei falar na Casa do Libro… e pagou a pena facerlles caso.

Logo tocou “La elegancia del Erizo“, recomendación da miña xefa. Non estivo mal, todo sexa dito. Unha vez mais unha persoaxe infantil e un libro que engancha e obriga a unha lectura de intensidade. Cando rematei lín por ahí que é un éxito editorial en Francia e seica hai moita polémica co libro. Gústame que exista polémica en torno a un libro: sinal de que algúns aínda lemos.

O seguinte decepcionoume un pouco. Socorro Perdon é a consecuencia lóxica do éxito de 13,99… e como as consecuencias lóxicas non engancha tanto. Non me gusta o estilo deste tipo, pero sempre é bó tomar unha dose extra de realidade para decatarnos qué tipo de sociedade estamos a construír (e como os de MKT axudamos a isto).

E agora estamos a rematar Tokio Blues, dun tal Murakami (do que eu non tiña constancia da súa existencia). Non é unha cousa doutro mundo, pero engancha e axuda a entrar na cultura japo sen moitos esforzos. Quedan como 70 páxinas, polo que nun par de días estará finiquitado e entón… xa non sei que facer. Teño dúas boas recomendacións:

- Una lectora nada común, recomendación de Bretemas
- Atomic Sushi, recomendación de Petit Fours

¿Alguna recomendación máis?

September 8, 2008

Cazar a tendencia

Filed under: vida cotiá - estrelaselimons @ 9:52 pm

Fai unhas semáns, a comezos do mes de agosto, La Vanguardia publicou no seu suplemento do fin de semá un artigo sobre “Cazadores de Tendencias” no que me collían como fío conductor. Creo que dende entón teño unha boa carta de presentación para respostar á temida pregunta “E tí de que traballas?” que tantos quebradeiros de cabeza me da, e supoño que como a mín a moitos dos compañeiros de oficio/profesión.

O artículo quedou ben xeitoso, aínda que eu non me sinto apelado polo termo “Cazador de Tendencias”, máis bem gustaría ter un título que falase un pouco máis de creatividade e de innovación, pero é o malo das “novas profesións”: demasiadas veces temos que empregar termos un tanto caducos.

Foi divertidisimo mirar todo o proceso de creación dun artigo dende dentro, foron xeniais as sesións de fotos (Con Quim Roser) i é xenial o producto final. Por iso do morbo, pego a ligazón ao artigo completo na web da miña ex-empresa (The Cocktail Analisis) onde traballaba ate o mes de marzo, se ben todo o que se menciona pola miña banda xira en torno ao meu traballo en Quid.

En fin, insuflo de Ego (Mr Villa diría), pero agardo que se me desculpe, é pros amigos e familia.

September 4, 2008

O culto do amateur

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 2:48 pm

No suplemento de libros PROTEXTA (unha auténtica delicia, non mo neguen), vimos de publicar unha reseña dun libro un tanto peculiar. O que interesa non é tanto o libro como a tendencia que está detras: a amateurización da sociedade. E velaiquí vai:

ATRAS DO AMATEUR

Da man do cambio tecnolóxico podemos ollar unha evolución ou cambio na concepción de distintas esferas que configuran a dimensión social, económica e política do ser humano. Escoitamos e falamos moito sobre un novo modelo de participación social na vida política, sobre un novo modelo de produción, pero tamén é preciso facer unha reflexión sobre a democratización de dous aspectos clave: a cultura e a produción e xeración de coñecemento.

Como tendencia, en termos de márketing, podemos apuntar ao despegue e consolidación dun nicho de negocio que xira en torno ao amateur: novas, contidos en formato texto, contidos multimedia ou mesmo contidos pornográficos. O auxe dos blogs ou de repositorios de vídeos en liña, como pode ser Youtube, son a concreción desta tendencia que vén da man do modelo chamado Web 2.0. Ao empregar este termo, tan na moda ao falar de novas tecnoloxías, queremos sinalar precisamente un cambio na percepción da rede: o usuario deixa de ser un actor pasivo para comezar a producir e xerar información, contido e coñecemento.

Esta tendencia recóllese á perfección nun recente filme de Michel Gondry, Rebobine, por favor. Os empregados dun videoclube en declive conseguen sobrevivir no sector grazas á innovación, desenvolvendo un modelo de negocio sustentado na revisión amateur de clásicos do cinema. Pode semellar un tanto histriónico, máis é unha tendencia que as grandes marcas –Coca-Cola, Dove ou Movistar, por poñer exemplos de actualidade– están a aplicar nas súas campañas de comunicación e márketing.

Unha cultura, a amateur, que podemos escribir con “c” maiúsculo ou minúsculo, mais que temos que recoñecer e sobre a que temos que reflexionar, e ninguén mellor para facelo que un residente no epicentro da revolución tecnolóxica, Andrew Keen un emprendedor residente en Berkeley.

A vontade deste volume é provocar, ser o primeiro en berrar que o emperador non ten roupa ningunha, o que non é outra cousa que dicir que atrás de todo isto da apropiación social da rede só hai fume tentando tapar o espolio do coñecemento e dos contidos. Un espolio do que son responsables os consumidores, os usuarios, os cidadáns.

Segundo este autor existen dous movementos dende a Rede que están a asasinar a nosa cultura. Dunha banda a democratización da produción de contidos e a súa equiparación aos contidos deseñados por aqueles que teñen acceso aos medios de produción (Hollywood, discográficas, etc). Keen critica, non só que os usuarios graven vídeos e os colguen en Youtube con gran éxito de audiencia e o modelo que está detrás desta “anécdota” (o usuario con poder), senón a propia emerxencia deste novo modelo social que inclúe un novo modelo de xestión da propiedade intelectual (Creative Commons) ou un novo modelo de xestión da información e do coñecemento (Folcsonomías e sistemas de clasificación social).

Pero tamén se sitúa nesta suposta democratización dos contidos unha cortina de fume que agocha unha crúa realidade: uns usuarios que non queren pagar por escoitar música ou mirar unha película. En definitiva, unha visión crítica que é completamente necesaria para coñecer outras formas de mirar este importante cambio social: a provocación como xeito de xerar inquietude e reflexión arredor dunha cuestión na que aparentemente existe un elevado consenso social. Esta é a principal virtude dunha obra con múltiples defectos, entre os que, porén, non se conta a indiferenza do lector.

September 3, 2008

Mi amigo Miguelito

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 1:16 pm

Si alguna vez estuviste en una clase, conferencia, taller o cualquier tipo de actividad presencial de un menda, seguro que le recuerdas: mi amigo Miguelito es un ejemplo que empleamos siempre para hablar sobre técnicas proyectivas, pero también para hablar de las posibilidades de la Cultura de la Remezcla y de la Cultura Amateur.

Merece la pena recuperar y centrar en un único post dos de los hits / historias / histerias de Miguelito, que existir existe (Creedme)… aunque está en peligro de extinción. No estaría de más ir pensando en algún tipo de medidas protectoras. Alguna asociación protectora o convenio con el ministerio (no sé si con el de Medio Ambiente, Pesca, Asuntos Sociales, etc).

Miguel Agustín actualmente es consultor en DNX Consulting y estoy seguro que toda esa buena gente disfruta cada tarde con un temazo de Medina Azara, espero que poco a poco vayan descubriendo sus dotes de DJ y, sobre todo, su perfil creativo.

Hace, más o menos, 14 meses, para intentar explicar qué es un juego de “personificación” pedí la ayuda de miguelito. A veces, para ayudar y facilitar que los consumidores/usuarios/personas expresen sus ideas pedimos que jueguen a proyectar: ¿Si tal marca fuese un planeta como sería? ¿Y si fuese una persona? ¿Y si fuese una sensación o un estado de ánimo? La respuesta de Miguel es una de las mejores:


- ¿Si Kit Kat fuese una persona… como sería?
- Kit Kat sería ese amigo al que no le importa decirte que te quiere

Por otro lado, Miguel y sus amigos grabaron uno de los primeros vídeos virales de la historia. Es un remake creativo de los Red Hot que el propio Lessig podría utilizar en sus presentaciones:


Pon un amigo miguelito en tu vida! Búscalo!!! Te costará, pero no te arrepentirás.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here