Contos de estrelas e limons

September 10, 2008

Lecturas veraniegas

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:05 pm

O verán e para os libros, máis se un ten en conta novas chegadas e adaptacións a cambios vitais de importancia. No meu caso, dende fai bastante tempo só leo libros recomendados. É bastante sinxelo o proceso de elección de libro: abres bastante as orellas e non tarda moito en que alguén fale dun libro que recentemente lle impactou. No meu caso hai un fío común: a infancia. Imos aló:

El Barón Rampante foi unha recomendación de Tomás. Fíxoma fai anos, moitos anos, cando isto de internet comezaba a petar, cando tiña que compartir conexión (a 56k) co meu irmán (¿Tócame xa a mín?) e cando a miña nai se cabreaba por que lle quitabamos a liña de teléfono a partir das 18.00 que comezaba a nosa tarifa plana. O libro encantoume… en parte porque me sentín moi identificado coa persoaxe principal. De neno adoitaba subir polos carballos… non é que tivese unha habilidade especial, pero non se me daba mal. É deses libros que un ten que ler do tirón, sen moitas pausas… e non porque do contrario perdas o fío, senón porque a intensidade da trama obriga a elo.

Mr Vertigo é do gran Paul Auster. Neste caso costoume un pouco mais, porque houbo un carcrash polo medio, pero novamente a infancia é o fío do libro, novamente unha persoaxe que tenta escapar da lei da gravedade, que tenta viver sen por os pes na terra. Neste caso a recomendación veu dun par de mozos que escoitei falar na Casa do Libro… e pagou a pena facerlles caso.

Logo tocou “La elegancia del Erizo“, recomendación da miña xefa. Non estivo mal, todo sexa dito. Unha vez mais unha persoaxe infantil e un libro que engancha e obriga a unha lectura de intensidade. Cando rematei lín por ahí que é un éxito editorial en Francia e seica hai moita polémica co libro. Gústame que exista polémica en torno a un libro: sinal de que algúns aínda lemos.

O seguinte decepcionoume un pouco. Socorro Perdon é a consecuencia lóxica do éxito de 13,99… e como as consecuencias lóxicas non engancha tanto. Non me gusta o estilo deste tipo, pero sempre é bó tomar unha dose extra de realidade para decatarnos qué tipo de sociedade estamos a construír (e como os de MKT axudamos a isto).

E agora estamos a rematar Tokio Blues, dun tal Murakami (do que eu non tiña constancia da súa existencia). Non é unha cousa doutro mundo, pero engancha e axuda a entrar na cultura japo sen moitos esforzos. Quedan como 70 páxinas, polo que nun par de días estará finiquitado e entón… xa non sei que facer. Teño dúas boas recomendacións:

- Una lectora nada común, recomendación de Bretemas
- Atomic Sushi, recomendación de Petit Fours

¿Alguna recomendación máis?

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2008/09/10/lecturas-veraniegas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here