Sobre o futuro do libro (¿Dixital?)
Hoxe no país nos facían unha extensa cita falando sobre o tema do futuro do libro, en concreto do futuro móbil do libro. Algunhas das reflexións e achegas para este “Vida e Artes” son as seguintes.
Eu coido que o problema está na formulación|presentación de base. Os soportes que están actualmente no mercado e o enfoque do sector editorial (polo menos en España) é o de reproducir a experiencia de uso dun ámbito analóxico: todo xira en torno ao libro e a metáforas asociadas a el. Por exemplo, os dispositivos existentes (Sony Reader, Kindle e Readius) funcionan baseándose en metáforas do libro (pasar páxina, o tipo de formato cadrado como o do libro, etc). Isto é moi parecido ao que pasa sempre cando unha tecnoloxía é embrionaria ou está na súa fase iniciática: pasou tamén co ordenador (metáfora das ventás - windows, os xornais online que ao principio eran réplicas do papel, etc). Non é ata que a sociedade adopta a tecnoloxía e o a apropia que xurde algo novo: isto é o que pasará co consumo de literatura… ¡ ¡ terá que transcender o soporte libro!!
Isto, tan facil de dicir, descoloca por completo ao sector editorial, que perde por completo o seu rol. O sector non está preparado, nin en españa nin no estranxeiro, e están experiementando a buscar novos modelos de negocio que lles permitan manter o seu rol de mediador entre o creador e o consumidor. Pero isto non é facil, porque todo apunta a unha relación desintermediada, como xa está a pasar noutro tipo de contidos (música, por exemplo).
O problema principal dos dispositivos actuais é que son dispositivos que non implican, perden toda a emocionalidade que reside na lectura dun libro… E é que o libro leva entre nós os 5 séculos… Que non é pouco e é moi dificil que un novo dispositivo consiga isto. Os problemas son dous: ter un dispositivo que faga emocional a lectura e conseguir que a sociedade adopte un novo dispositivo portatil. Eu creo que a clave está en que un dispositivo actual incorpore a posibilidade de ler literatura. Todos os estudos feitos ate o momento sobre o iPhone apuntan a unha alta potencialidade de navegación por internet, dende a usabilidade da navegación e dende o facil que é a lectura nunha pantalla tan grande. Eu creo que é posible unha evolución cara á lectura. É dicir, que o iPhone vai a supoñer / pode supoñer unha grande evolución no territorio da lectura en dispositivos dixitais.



É a mesma tese de E. Dans, coa que estou en absoluto desacordo. O iPhone pode servir para ler un feed, un howto, ou un xornal electrónico. Pero non un libro. Non ten o tamaño, a luz cansa e sobre todo a batería non dura.
Coincido en que a analoxía aínda está moi presente nos trebellos actuais, pero o tamaño do epaper xa alcanza o A4, estase experimentando xa con pantallas a cor, flexíbeis ou modelos mixtos LCD/epaper.
As hiperligazóns no texto xa son unha realidade. Daí á presentación de elementos móbiles e á navegación non creo que falte moito. Un par de anos?
Nos trebello especializados actuais xa temos días de lectura continuada sen recarga de batería, wikipedias no tamaño dunha axenda, tantos volumes de lectura como nunha biblioteca universitaria.
E non o dubiden. O kindle vai ser un absoluto fracaso. Palabra. E senón, tempo ao tempo.
Comment by Calidonia — October 12, 2008 @ 5:31 am
Sobre o do kindle… si, seguramente sexa un fracaso, pero está conseguindo abrir o camiño… consegue que a xente comece a pensar en libro-dixital… é dicer, rompendo unha das principais barreiras: a barreira da percepción social.
Por outra banda…. fai un días mirei unhas estatisticas ben curiosas. Lembro algo así como un 71% de quén ten un iPhone en Xapón (¿Ou era Corea?) teno como segundo dispositivo: para navegar exclusivamente!!!
Comment by estrelaselimons — October 13, 2008 @ 12:59 pm