Enuncia-la crise
È un tema que a min me aburre moito, para qué imos negalo. Non me é sexy, non ten ningún tipo de atractivo e preferiría esquecelo, obvialo como facedes todos e todas, pero a miña realidade inmediata (a xente) impideme facelo. Gustaríame por en orden moitos flashes que teño por distintas frontes:
-A crise como desencadenante do paso de marcas a marcas de distribuidor (fenómeno mercadona)
-A crise como excusa dos empresarios para alixerar persoal
-A crise como volta á realidade logo duns meses esquizofrénicos
…
Pero hoxe, lendo Público tiven un par de chispazos deses que fan que te convirtas en seguidor dun xornal. Un deles foi un breve artigo de Patricia Fernández de Lis, que pese a tentalo non é quén de pasar da Tecnoloxía á Ciencia de xeito tan directo como lle gustaría. Patricia ¿Porqué non voltas ao que fas “mellor”?
Por outra banda, no dominio público, Amador é tan pertinente como adoita ser. No seu artigo de opinión, reflexiona sobre a escasa movilización social que provoca unha cuestión de dimensións tan descomunais como a Crise actual. Sindicatos sen forza (si, veña, a ver quén é o listo que está afiliado!), partidos políticos cada vez máis distanciados da realidade e dos intereses dos cidadáns e unha certa apatía social a todo o que teña que ver co “Social” son alguns dos argumentos para esta innacción.
¿Que pasou logo? ¿Caimos na trampa do progreso?: Semella que soñamos, que case acadamos un nivel de vida tal que nos fixo esquecer a orixe, o conflicto, a realidade. Con un chalé adosado na periferia desa cidade na que vives é máis sinxelo esquecer que hai norte e sur, que hai arriba e abaixo, que hai de todo na viña do señor. Non creo que sexa cuestión de buscar, de identificar e nomear “no outro” o problema. O problema, Amador, é que nas traxectorias de clase que implican unha “escalada” está implícito o esquecemento da orixe. Aquí naceu a perda da conciencia crítica. Aquí naceu a perda da conciencia de clase… e agora que dun sopapo tornamos a onde estábamos non temos forza nin folgos para admitir a realidade. É a realidade é que mexan querendo facernos crer que chove, só que antes isto era unha ostentosa forma de poder evidente e agora é tan só un “algo” latente cheo de tasas de interés, fluxos montetarios, estainflacións e demáis discurso premeditadamente vacío.



