Espellos
Dí a sabiduría popular que a cara é o espello da alma, e certo que para tres persoas concretas este é un aspecto moi importante para o “éxito” ou “fracaso” dos seus propósitos. Pensamos nos candidatos das vindeiras eleccións. Agora, Qué pasaría se a web fose o espello da alma? Qué imaxe levaríamos?
Seica Emilio é unha persoa con pouco tempo e no espello (www.tourino.tv) intúese que suple esta falta de tempo buscando respaldarse no seu partido. Semella ser discreto (non aparece ningunha imaxe súa), sinxelo (non é una web sofisticada) e non demasiado actualizado. Saio desta web sen saber moi ben quén é Emilio e, iso sí, tendo moi claro qué é o PSdG. Prefiro non pensar que confía máis no partido ca nel.
Anxo emprega o seu alcume (www.quin.tv) e a súa cara de forma reiterada, semella que tenta buscar certa empatía e conexión coa xente. Creo que se sinte cómodo con isto de que o filmen… o que me pregunto e se terá algúnha sorte de trauma por sair pouco na “outra” TV. Dá a impresión de ter ganas de falar coa xente, hai unha morea de formas para porse en contacto con él. E semella un tanto preocupado por espallar a súa mensaxe. Marcho tendo, ou crendo ter, unha boa idea de quén e cómo é Anxo.
Alberto (www.feijoo.tv) trata de explicarme que é un profesional, un político profesional cunha páxina web moi profesional. Amósame as tarefas que desenvolve no parlamento e no seu partido. Semella ser unha persoa moi eficiente e preocupada polo seu traballo. Marcho pensando se isto é “xeito” e naturalidade ou hai ensaio. Marcho logo, porque miro un político en acción, facendo un vídeo electoral, porque canso de mirar sempre á mesma persoa falando dende o unha postura distante e sobre todo, porque non miro a ninguén máis.
O caso é que, para ben ou para mal, a cara continúa sendo o espello da alma. Agora só queda aprender a mirar almas nos espellos e temos algo menos de dous meses para non equivocarnos.
Nota: o lugar de publicación deste texto non era este…



