Contos de estrelas e limons

February 26, 2009

Innovación y futuro de los eBooks

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:05 pm

Post adicado con agarimo ao trio teimudo co futuro do libro.

[Off topic: Fai uns días, estivemos a falar cunha xornalista de La Vanguardia sobre o futuro do libro, a conto do cloud computing. O artigo está pendurado no scribt en dous pedazos.]

Xa sabedes a miña postura persoal: son un “friki da tecnoloxía” alá onde vou. Na meirande parte das reunións do meu día a día, son o único que emprega un portatil e paro aquí. Pero non podo co libro e cústame co xornal. Gosto levar o meu xornal conmigo, deixalo quebrado polo uso ou por levalo dun lado a outro. Idem co libro, son tremendamente fetichista neste caso. Os libros non son só un obxecto, non son só as letras que están dentro: é tamén o soporte.

Pero só me gustaría deixar unha ligazón e unha recomendación a un documento de recente publicación do RAND sobre o futuro do eBook. Creo que é preciso unha boa pesquisa que nos axude a saber, de certo, con qué escenarios nos atoparemos. Desfrutade da lectura!!

February 16, 2009

Bocata (De chourizo) e Futbolín (no miajas)

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:27 am


Buscando vídeos para adestrar a Brais no bravú e no hito que supuso na miña xeración o “por fuciños, por cacheiras” atopei esta canción do Ferreiro. Seguramente non é a súa mellor canción, pero é a única que lembro en Galego e polo valor simbólico que ten… paga a pena rescatala e darlle un par de escoitadas.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here