Contos de estrelas e limons

March 17, 2009

Here we go!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 8:05 am

Logo dunha pausa / break de tres anos… aventurámonos de novo na tolería de organizar o que será IV Congreso do Observatorio para a CiberSociedade. Comezamos cun kick off un tanto peculiar, no que non nos limitamos a pedir a participación dos investigadores e curiosos das ciencias sociais para a definición temática do congreso (as usual), senón que incluímos un pequeno xogo proxectivo.

Anímate a descubrilo!

March 7, 2009

#Protexta# Convergence Culture

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:53 am

No Protexta do Inverno (que ven de sair dias atrás) publicamos unha reseña dun libro de Henri Jenkins… un do que teño dous exemplares (TIS, cando queiras vir buscar o teu :P ). Aquí vai!

Existen poucos miradoiros no eido das Novas Tecnoloxías e o seu impacto social que teñan a perspectiva do MIT en Boston. Esta escola supón ao tecnolóxico o que Harvard e a London School of Economics ao empresarial e económico. Dentro desta institución, hai poucas persoas que teñan a traxectoria e o coñecemento de Henry Jenkins, unha persoaxe peculiar que leva adicando os seus últimos anos a comprender a Cultura Dixital. Paidós ven de traducir a sua obra central, unha referencia ineludible para quenes tentan albiscar o impacto do cambio tecnolóxico na cultura, en xeral, e nos medios de xeito específico.

Dous cambios nos últimos anos mudaron por completo o escenario e a relación entre os media e a sociedade. Dunha man, a comercialización de múltiples dispositivos posibilita que se anule o mito da “caixa negra”: unha única pantalla no salón que centralice a reproducción de contido no fogar. O consumidor, neste contexto, deixa de ser fiel ao medio, pero mantén a súa fidelidade ao contido, obrigando á industria a empregar estratexias crossmedia ou transmediaticas para tentar implicar ao consumidor como antano. Pero tamén, por outra banda, o consumidor deixa de ser “pasivo” ante o contido proposto polos medios. Aquí está o xerme da cultura converxente na que estamos, segundo Jenkins, inmersos.

A saga de Matrix (en tanto que narración transmediática), o fenómeno fan en formatos tipo “Fama”, “Operación Triunfo”, “Supervivientes”, etc pero tamén en “O Señor dos aneis” ou “Harry Potter” son exemplos que se analizan como exemplos dunha nova relación cos medios. Unha nova relación que se sustenta en tres conceptos clave como son a Participación, Comunidade e Intelixencia Colectiva. En primeiro lugar, a relación cos medios implica a participación do “lector”, que xa non limita o seu espazo ás “Cartas ao Director” e o seu carácter unidireccional, senón que demanda e crea múltiples espazos de expresión. Os medios están abocados a canalizar a participación dos seus consumidores ou estes evolucionarán cara noutros formatos que sí garantan este novo dereito. Por outra banda, o poder das comunidades adquiriu unha nova formulación a través da tecnoloxía, posibilitando a creación e empoderamento de colectivos. Da comunidade xurde a, como principal “producto” ou manifestación, a Intelixencia Colectiva: unha inconsciente aposta polo coñecemento que nace do colectivo. A evolución lóxica é unha toma de consciencia desta aposta algo que, sen dúbida, modificará por completo a nosa forma de consumir calquer tipo de bens, entre eles, a información.

Entender este cambio é fundamental para coñecer a situación da nosa cultura, nas súas múltiples dimensións. Un cambio que xurde na relación cos medios e coa tecnoloxía, pero que mantén a potencialidade de trasladarse a outras esferas, como pode ser Política. Este ensaio, abofé, supón un imprescindible punto de partida.

(Esta é unha versión reducida da reseña, para mirala ampliada: PROTEXTA!)
Tamén no OCS.
Mais información na web da Editorial Paidós e podes mercalo directamente na Casa do Libro.

March 5, 2009

Blogosfera Koreana

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 5:32 pm

(post express a modo de nota mental)

Veño de ler un interesante post no que falan dun report sobre a blogosfera Koreana. Certo que a relación coa tecnoloxía nestes países é completamente distinta á nosa (é suficiente con botarlle unha ollada ao libro de Mizuko Ito sobre a telefonía móbil), pero creo que se poden extraer boas aprendizaxes e bós insights.

Entre eles, a tendencia de evolución deste soporte (o blog) nun entorno cada vez máis multimedia, cada vez máis centrado (se cabe) na interrelación con outros servizos e aplicacións web.

Tan só un 22% dos posts son só de texto: É a morte dos ladrillos!!! É o triunfo da imaxe!!

March 4, 2009

A Cidade da Cultura como imaxe

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:49 pm

Coido que hai boas imaxes que serven para simplificar e sintetizar catro anos e para tirar conclusións de porqué se perde (estas eleccións, coincidimos todos que se perderon… non é que as gañase Feijoo) o poder. Eu quédome coa imaxe da Cidade da Cultura, esa que está tan alonxada do modelo cultural que defenden(mos) dende a esquerda: unha cultura de base, integrada na sociedade e alonxada da idea de “Gran Cultura”. Que queredes que vos diga, eu para estas cousas coido que Bourdieu segue a ser o referente ineludíbel.

A cuestión é que non soubemos que demos facer coa Cidade da Cultura. Moitos estivemos, dunha xeito ou de outro, vencellados a proxectos de cuestionamento, redefinición e reposicionamento deste… deste…desta “cousa”. E a conclusión é que nin nós, que estamos dalgún xeito vencellado á cultura do país, nin eles (e ela) responsabeis políticos de Cultura fumos quén de dotar de sentido á CdC.

Agora temos novas de que tornamos 4 anos atrás. E aquí, amiguiños, non hai volta de torca… non é unha metáfora xustificada na carraxe, na frustración ou no enfado. Esta é unha realidade concreta e tanxíbel de que se pode voltar atrás no tempo, como se nada pasase. Esta é unha imaxe do que acontecerá (moito me temo) en moitas frontes. E esta é, non o neguemos, unha boa imaxe de que algo se fixo mal.

(Tiña razón aquél ao dicer que o mellor era encher Gaias con dinamita)

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here