Contos de estrelas e limons

March 4, 2009

A Cidade da Cultura como imaxe

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:49 pm

Coido que hai boas imaxes que serven para simplificar e sintetizar catro anos e para tirar conclusións de porqué se perde (estas eleccións, coincidimos todos que se perderon… non é que as gañase Feijoo) o poder. Eu quédome coa imaxe da Cidade da Cultura, esa que está tan alonxada do modelo cultural que defenden(mos) dende a esquerda: unha cultura de base, integrada na sociedade e alonxada da idea de “Gran Cultura”. Que queredes que vos diga, eu para estas cousas coido que Bourdieu segue a ser o referente ineludíbel.

A cuestión é que non soubemos que demos facer coa Cidade da Cultura. Moitos estivemos, dunha xeito ou de outro, vencellados a proxectos de cuestionamento, redefinición e reposicionamento deste… deste…desta “cousa”. E a conclusión é que nin nós, que estamos dalgún xeito vencellado á cultura do país, nin eles (e ela) responsabeis políticos de Cultura fumos quén de dotar de sentido á CdC.

Agora temos novas de que tornamos 4 anos atrás. E aquí, amiguiños, non hai volta de torca… non é unha metáfora xustificada na carraxe, na frustración ou no enfado. Esta é unha realidade concreta e tanxíbel de que se pode voltar atrás no tempo, como se nada pasase. Esta é unha imaxe do que acontecerá (moito me temo) en moitas frontes. E esta é, non o neguemos, unha boa imaxe de que algo se fixo mal.

(Tiña razón aquél ao dicer que o mellor era encher Gaias con dinamita)

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/03/04/a-cidade-da-cultura-como-imaxe/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here