Contos de estrelas e limons

March 7, 2009

#Protexta# Convergence Culture

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 10:53 am

No Protexta do Inverno (que ven de sair dias atrás) publicamos unha reseña dun libro de Henri Jenkins… un do que teño dous exemplares (TIS, cando queiras vir buscar o teu :P ). Aquí vai!

Existen poucos miradoiros no eido das Novas Tecnoloxías e o seu impacto social que teñan a perspectiva do MIT en Boston. Esta escola supón ao tecnolóxico o que Harvard e a London School of Economics ao empresarial e económico. Dentro desta institución, hai poucas persoas que teñan a traxectoria e o coñecemento de Henry Jenkins, unha persoaxe peculiar que leva adicando os seus últimos anos a comprender a Cultura Dixital. Paidós ven de traducir a sua obra central, unha referencia ineludible para quenes tentan albiscar o impacto do cambio tecnolóxico na cultura, en xeral, e nos medios de xeito específico.

Dous cambios nos últimos anos mudaron por completo o escenario e a relación entre os media e a sociedade. Dunha man, a comercialización de múltiples dispositivos posibilita que se anule o mito da “caixa negra”: unha única pantalla no salón que centralice a reproducción de contido no fogar. O consumidor, neste contexto, deixa de ser fiel ao medio, pero mantén a súa fidelidade ao contido, obrigando á industria a empregar estratexias crossmedia ou transmediaticas para tentar implicar ao consumidor como antano. Pero tamén, por outra banda, o consumidor deixa de ser “pasivo” ante o contido proposto polos medios. Aquí está o xerme da cultura converxente na que estamos, segundo Jenkins, inmersos.

A saga de Matrix (en tanto que narración transmediática), o fenómeno fan en formatos tipo “Fama”, “Operación Triunfo”, “Supervivientes”, etc pero tamén en “O Señor dos aneis” ou “Harry Potter” son exemplos que se analizan como exemplos dunha nova relación cos medios. Unha nova relación que se sustenta en tres conceptos clave como son a Participación, Comunidade e Intelixencia Colectiva. En primeiro lugar, a relación cos medios implica a participación do “lector”, que xa non limita o seu espazo ás “Cartas ao Director” e o seu carácter unidireccional, senón que demanda e crea múltiples espazos de expresión. Os medios están abocados a canalizar a participación dos seus consumidores ou estes evolucionarán cara noutros formatos que sí garantan este novo dereito. Por outra banda, o poder das comunidades adquiriu unha nova formulación a través da tecnoloxía, posibilitando a creación e empoderamento de colectivos. Da comunidade xurde a, como principal “producto” ou manifestación, a Intelixencia Colectiva: unha inconsciente aposta polo coñecemento que nace do colectivo. A evolución lóxica é unha toma de consciencia desta aposta algo que, sen dúbida, modificará por completo a nosa forma de consumir calquer tipo de bens, entre eles, a información.

Entender este cambio é fundamental para coñecer a situación da nosa cultura, nas súas múltiples dimensións. Un cambio que xurde na relación cos medios e coa tecnoloxía, pero que mantén a potencialidade de trasladarse a outras esferas, como pode ser Política. Este ensaio, abofé, supón un imprescindible punto de partida.

(Esta é unha versión reducida da reseña, para mirala ampliada: PROTEXTA!)
Tamén no OCS.
Mais información na web da Editorial Paidós e podes mercalo directamente na Casa do Libro.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/03/07/protexta-convergence-culture/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here