Contos de estrelas e limons

April 22, 2009

Elegía para un americano

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 6:32 am

Non coñecía a Siri, polo que me acerquei ao libro sen nengún tipo de prexuizo. Tan só cando tiña medio libro consumido… e estaba no medio dunha “crise” (non me apetecía continuar con él) me contaron que era a dona de Paul… e isto fíxome continuar a ler ate rematalo. Non sei ben que dicir do libro… máis aló de que é frouxo, de que lle sobran páxinas e lle falta tensión na metade, esa tensión que te obriga a pasar páxinas como un tolo ou a mirar un tras outro os capítulos de Lost. Tan só desfrutei un 50% do tempo lendo o libro, o resto do tempo aturei con estoicismo páxinas carentes de interese tan só coa intención de “ver se recupera”.

Cando me puxen a escreber, busquei algunha referencia da autora por iso das ligazóns e atopei que non son o único que pensa así. Dende Cercas ao Mundo van coa mesma cantinela. Isto, a verdade, non supón ningún tipo de consolo.

April 20, 2009

a caixa parva

Filed under: Análise, laboral, Investigacións de Mercado - estrelaselimons @ 4:17 pm

Formamos parte dunha xeración multitask, un concepto que (definitivamente) deixou de pertencer exclusivamente á muller. Entre os mozos (e os non tan mozos), facer varias cousas ao tempo é unha constante que, me consta, pode chegar a supor problemas de todo tipo… especialmente de concentración. Pero traemos este tema aquí porque hoxe In-Stat, unha consultora americana, ven de publicar datos relativos ao consumo simultáneo de televisión mentres se consulta / navega por internet. Segundo os datos (provintes dunha enquisa > o número é moi mediático), un 33% dos homes (un 25% no caso das mulleres) usan un PC cando miran a televisión.

Nos comentarios alertan sobre o potencial impacto que pode ter no consumo de TV e a facilitación de “crossmedia” (consultar info mentres se mira un capítulo de CSI, por exemplo). Pero as interrogantes que plantexa de cara a un futuro a medio prazo son moito máis interesantes. ¿É o primeiro andar dun uso complementario? ¿Estamos no primeiros pasos dunha convivencia real entre TV-PC?

Persoalmente, coido que o PC entra polo de agora de xeito tímido no salón. A súa entrada ven da mán do “entretemento” nas pausas publicitarias ou de “vía de escape” en caso de que o “tirano/a” do mando impoña algún contido que non é de interese. Pero nos mais mozos os límites entre a TV e o PC comezan a difuminarse. Recentemente, escoitei a unha nai berrarlle ao fillo porque botaba toda a mañá diante do PC: “te dije que sólo jugabas 2 horas, ya basta de ordenador”… “Si mamá, juegué dos horas y desde entonces estoy viendo capítulos de Los Simpson”.

April 16, 2009

Quero ser eu mesmo!

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 5:50 pm

Houbo un tempo no que todos e todas tíñamos un ou varios referentes para “construírnos”. Distintas persoaxes do cinema, do mundo do famoseo (I wanna be like Grace Kelly), deporte, política (ejem), etc.

Pero semella que algo mudou. Falabamos do culto do Amateur como tendencia social que se manifesta en moitos aspectos da nosa vida cotiá. De forma paralela, xurde un novo fenómeno que moi probablemente vai da man. Ser nos mesmos, construírnos como persoas auténticas, sen tomar como “espello” a referentes “clasicos”, non presentarnos como copias cool de algo ou alguén… senón manter a nosa autenticidade máis aló do que se vexa mellor ou peor.

E, socialmente, isto valórase. De ahí o éxito de programas como Fama ou o defenestrado “Tu si que vales“. En inglaterra, logo do famoso e mítico éxito de Paul cantando ópera, vemos á tenra de Susan Boyle, un bó exemplo. ¿Miraremos casos coma este en España? ¿Qué apostades a que antes do que pensades?



Susan Boyle - 47-letnia śpiewaczka z brytyjskiej wersji “Mam
by luloczek

April 15, 2009

A morte/cambio/evolución da blogosfera

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:49 pm

Sintoo, pero teño que facelo… post de análise da blogosfera toca.

Hoxe deume por mirar as ligazóns que saen deste blog… porque teño un pouco a sensación de que na blogosfera (cando menos na miña) hai un cambio significativo. Preto da metade de estas ligazóns conducen a “Erro 404” ou a blogs con posts de fai meses ou anos. E isto é sinal de que algo pasa ¿non?

Edgar foi o “último” en dicer que fecha o seu blog, antes fíxoo Adolfo (aínda que de vez en cando publica algunha cousa), Dan3, VictorGil, FelipeRomero(que nunca foi moi constante), aikinautes, asca doulla por fechada, a sección de blogs da GranCorporación (unha boa morea) actualizase moi de cando en vez.. e máis como taboleiro de novas (busco, ofrezo, cambio) que como plataforma de expresión, todonada, cibercampo moi de cando en cando publica… e un longo etcétera que podedes chequear no meu blogroll. Algo mudou. Algo mudastes e algo mudei. ¿non sí?

Creo que as motivacións son múltiples:

#A aparición de múltiples plataformas de expresión máis sintéticas e que requiren moito menos tempo (Twitter, Facebook, por exemplo) fixo que moitos se centrasen nelas… e limitasen o que dicían a elas. Ao final… o que estabamos a contar non é tan importante ou complexo que non poida ser explicado en 140 caracteres.

#Os blogs comezan a ser masivos, perden o seu sex appeal e moitos prefiren cousas máis cool. Se o Show off era o teu espíritu… aquí estás tí. (Frase cargada de anglicismos para incrementar o fume que hai neste epígrafe ;) )

#Cansancio ou apatía. Ao final isto é só un divertimento e todo divertimento ten un sentido: pasalo bem. Cando deixa de cumplir este requisito moito de vos decidides deixar de utilizalo… sentídes unha mezcla de pereza, hastío e un principio de anhedonia (incapacidade para gozar). Sabedes quenes sodes ¿verdade?

#Institucionalizacións provocadas por múltiples medios (Xornais principalmente). Atopamos novos espazos para escribir que garanten unha maior difusión, un maior rendemento económico, unha maior proxección persoal ou profesional…

Son moitas razóns para un feito evidente. Isto mudou e “resignifícase” como un espazo con unha certa maior autenticidade… pero falta mirar, entender cara onde ímos: ¿Cara unha blogosfera institucionalizada? ¿Cara unha perda de sentido e esencia do blog como plataforma de exprexión? ¿ou cara un modelo máis básico e auténtico… onde os que estamos é porque queremos?

April 14, 2009

Todos os libros do mundo

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:03 am

Eu sonvos moi cotilla. Lamentablemente a liña entre o laboral e o persoal teñoa moi desdibuxada… apenas existe. Logo é moi común que cando estou na casa de alguén me adique, con máis ou menos discrección, a cotillear en múltiples espazos. A nevera é un dous meus favoritos, pero tamén está a organización dos espacios, os cuadros e as paredes… e sobre todo, os libros.

Aquí algo muda. Calquera parece ter dereito a deterse e fuchicar na librería de calquer outro. Normalmente o anfitrión gábase dos volumes que tén, dos libros especiais, dos que están asinados polo autor… pero a mín o que me gusta é quedar a soas diante da(s) estantería(s) e seguir un proceso ben estabelecido…

En primeiro lugar gosto de dar un repaso rápido aos autores, para intentar situar ao lector/propietario.Nun segundo termo busco libros “especiais”… ese tipo de libros que denotan que o propietario/a ten un interese especial en determinado autor. Pode ser un ensaio de análise dunha obra, unha biografía, unha escolma de artigos ou un libro en forma de diario. Estes libros son os meus favoritos… e sempre que podo rapiño algún. Así descubrín os cadernos de lanzarote de Saramago, o diario de Arcadi Espada (ejem) ou “Orwell Periodista”, unha fermosa compilación de artigos no Observer entre 1942-49 que estou a paladear agora mesmo. Por último, gustame escoller uns cantos libros ao chou e abrilos buscando indicios de cómo foi a súa lectura… individual ou colectiva, ¿hai trazos ou anotacións?, ¿hai papeis, follas ou calquera outra cousa ente as páxinas do libro?
Non teño ningunha explicación para esta manía ou fixación. O certo é que me dá absolutamente igual… o único que te pido é que me deixes fuchicar en paz :D

Abril Sempre!

April 10, 2009

McEwan - Chesil Beach

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:06 pm

Foi unha das novelas das que mais escoitei falar no ano pasado. Cando a atopei na sección de “peto” dunha librería barcelonesa (cando ía en compañía do wei), non o dubidei: é miña! No tren de volta collina con ilusión e remateina con ledicia. Iso sí, no proceso de lectura o libro pasou de ser unha “novela” a un “conto largo” e, como tal, ten sentido. É dicer, non agardedes nela unha novela maior da que sairá unha película protagonizada por Jude Law e Kate Winslet: outra vez será!!

April 4, 2009

Murakami - Crónica del pájaro que da cuerda al mundo

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 1:09 pm

Logo de Tokio Blues… e de asaltar á biblioteca do meu irmán (tendo en conta sempre o valor que implica Tusquets, certo é) adéntrome nun dos libros máis complexos dos que lín ultimamente. O libro cumple todos os requisitos para enganchar (é enoooooorme, cunha historia chea de intrigas e con un cruce entre a realidade e a ficción que supón un reto para calquer lector común)… pero ao rematalo teño a sensación de que agardaba moito máis.Porén, paga a pena!!! Eu, polo de agora, agardo desintoxicarme un pouco de Haruki para poder entrar en Kafka en la orilla.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here