Contos de estrelas e limons

April 14, 2009

Todos os libros do mundo

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 7:03 am

Eu sonvos moi cotilla. Lamentablemente a liña entre o laboral e o persoal teñoa moi desdibuxada… apenas existe. Logo é moi común que cando estou na casa de alguén me adique, con máis ou menos discrección, a cotillear en múltiples espazos. A nevera é un dous meus favoritos, pero tamén está a organización dos espacios, os cuadros e as paredes… e sobre todo, os libros.

Aquí algo muda. Calquera parece ter dereito a deterse e fuchicar na librería de calquer outro. Normalmente o anfitrión gábase dos volumes que tén, dos libros especiais, dos que están asinados polo autor… pero a mín o que me gusta é quedar a soas diante da(s) estantería(s) e seguir un proceso ben estabelecido…

En primeiro lugar gosto de dar un repaso rápido aos autores, para intentar situar ao lector/propietario.Nun segundo termo busco libros “especiais”… ese tipo de libros que denotan que o propietario/a ten un interese especial en determinado autor. Pode ser un ensaio de análise dunha obra, unha biografía, unha escolma de artigos ou un libro en forma de diario. Estes libros son os meus favoritos… e sempre que podo rapiño algún. Así descubrín os cadernos de lanzarote de Saramago, o diario de Arcadi Espada (ejem) ou “Orwell Periodista”, unha fermosa compilación de artigos no Observer entre 1942-49 que estou a paladear agora mesmo. Por último, gustame escoller uns cantos libros ao chou e abrilos buscando indicios de cómo foi a súa lectura… individual ou colectiva, ¿hai trazos ou anotacións?, ¿hai papeis, follas ou calquera outra cousa ente as páxinas do libro?
Non teño ningunha explicación para esta manía ou fixación. O certo é que me dá absolutamente igual… o único que te pido é que me deixes fuchicar en paz :D

Abril Sempre!

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/04/14/todos-os-libros-do-mundo/trackback/

  1. Teño unha amiga que di que o que mira nunha casa é os libros que ten, que retratan a persoa. Dos meus sorprendeuse ao atopar unha compilación de Oriana Falacci, que por outra banda mercara por ser lectura obrigatoria en clase, sendo sincera.

    Comment by elianinha — April 14, 2009 @ 9:11 am

  2. Si… sei qeu é obrigatoria… na miña casa tamén está… e mirei moi raro ao meu irmán o día que atopei ese libro…

    Comment by estrelaselimons — April 14, 2009 @ 1:05 pm

  3. Vale, vexo que non son eu o único que fica observando á xente no bus e tren tratando de identificar qué libro están lendo.

    O meu coas librerías das casas tamén é fixación. Creo que é a primeira cousa que busco desesperadamente :D

    Comment by Andrés — April 14, 2009 @ 10:16 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here