Contos de estrelas e limons

April 15, 2009

A morte/cambio/evolución da blogosfera

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 3:49 pm

Sintoo, pero teño que facelo… post de análise da blogosfera toca.

Hoxe deume por mirar as ligazóns que saen deste blog… porque teño un pouco a sensación de que na blogosfera (cando menos na miña) hai un cambio significativo. Preto da metade de estas ligazóns conducen a “Erro 404” ou a blogs con posts de fai meses ou anos. E isto é sinal de que algo pasa ¿non?

Edgar foi o “último” en dicer que fecha o seu blog, antes fíxoo Adolfo (aínda que de vez en cando publica algunha cousa), Dan3, VictorGil, FelipeRomero(que nunca foi moi constante), aikinautes, asca doulla por fechada, a sección de blogs da GranCorporación (unha boa morea) actualizase moi de cando en vez.. e máis como taboleiro de novas (busco, ofrezo, cambio) que como plataforma de expresión, todonada, cibercampo moi de cando en cando publica… e un longo etcétera que podedes chequear no meu blogroll. Algo mudou. Algo mudastes e algo mudei. ¿non sí?

Creo que as motivacións son múltiples:

#A aparición de múltiples plataformas de expresión máis sintéticas e que requiren moito menos tempo (Twitter, Facebook, por exemplo) fixo que moitos se centrasen nelas… e limitasen o que dicían a elas. Ao final… o que estabamos a contar non é tan importante ou complexo que non poida ser explicado en 140 caracteres.

#Os blogs comezan a ser masivos, perden o seu sex appeal e moitos prefiren cousas máis cool. Se o Show off era o teu espíritu… aquí estás tí. (Frase cargada de anglicismos para incrementar o fume que hai neste epígrafe ;) )

#Cansancio ou apatía. Ao final isto é só un divertimento e todo divertimento ten un sentido: pasalo bem. Cando deixa de cumplir este requisito moito de vos decidides deixar de utilizalo… sentídes unha mezcla de pereza, hastío e un principio de anhedonia (incapacidade para gozar). Sabedes quenes sodes ¿verdade?

#Institucionalizacións provocadas por múltiples medios (Xornais principalmente). Atopamos novos espazos para escribir que garanten unha maior difusión, un maior rendemento económico, unha maior proxección persoal ou profesional…

Son moitas razóns para un feito evidente. Isto mudou e “resignifícase” como un espazo con unha certa maior autenticidade… pero falta mirar, entender cara onde ímos: ¿Cara unha blogosfera institucionalizada? ¿Cara unha perda de sentido e esencia do blog como plataforma de exprexión? ¿ou cara un modelo máis básico e auténtico… onde os que estamos é porque queremos?

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/04/15/a-mortecambioevolucion-da-blogosfera/trackback/

  1. en parte polo que comentabas, “a morte da blogosfera” de hernan casciari, cada vez máis xente usa redes sociais e historias tipo twitter-tumblr e demais…

    Comment by J.Andrés Milleiro — April 15, 2009 @ 5:07 pm

  2. Os blogs como expresión persoal teñen un ciclo vital, é normal que a xente acabe cansa da “obriga” de ter que actualizar.

    Por outra parte, concordo en case toda a tua analise agás no segundo ponto. O boom da blogosfera produciuse cando estaba de moda ter un blog, (o equivalente a ter un facebook hoxe en día). Non creo que o exito do formato blog estivera baseado nun presunto “snobismo”

    un saudinho!

    Comment by W. Sobchak — April 16, 2009 @ 1:24 pm

  3. En desacordo a tope. Nunca o pasei tan ben coa blogosfera como agora (lendo e escribindo). Ten usuarios máis diversos ca nunca, editores máis diversos ca nunca, máis audiencia ca nunca e é unha enorme fonte de posibilidades de atopar xente interesante e xa non tan connotada “geekicamente” (toma palabro). Outra cousa é que xa non é un clube de amigos, ou xa non é só iso. Percíboa moito máis enfocada. Iso si, coincido en que, efectivamente, se publica menos pola emerxencia de sitios sociais. Pero iso me parece moi positivo.

    Comment by magago — April 17, 2009 @ 3:17 pm

  4. Logo… sí que estás d’acordo conmigo nalgunha cousa… en que isto é un espazo con unha maior autenticidade. Isto xa non está formado só por “early adopters” deses geeks…

    Eu coido que entramos na “madurez” e iso implica que parte dos meus feeds, máis interesados na experimentación e no show off, deixen de publicar como o facían. :P

    Comment by estrelaselimons — April 20, 2009 @ 3:06 pm

  5. Pois mira que o meu caso é o contrario. Os que desapareceron son os que contaban paridas, e os que quedaron son os que experimentan e son atrevidos (e constantes). Será que vai por intereses. :-)

    Comment by magago — April 20, 2009 @ 4:46 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here