Quero ser eu mesmo!
Houbo un tempo no que todos e todas tíñamos un ou varios referentes para “construírnos”. Distintas persoaxes do cinema, do mundo do famoseo (I wanna be like Grace Kelly), deporte, política (ejem), etc.
Pero semella que algo mudou. Falabamos do culto do Amateur como tendencia social que se manifesta en moitos aspectos da nosa vida cotiá. De forma paralela, xurde un novo fenómeno que moi probablemente vai da man. Ser nos mesmos, construírnos como persoas auténticas, sen tomar como “espello” a referentes “clasicos”, non presentarnos como copias cool de algo ou alguén… senón manter a nosa autenticidade máis aló do que se vexa mellor ou peor.
E, socialmente, isto valórase. De ahí o éxito de programas como Fama ou o defenestrado “Tu si que vales“. En inglaterra, logo do famoso e mítico éxito de Paul cantando ópera, vemos á tenra de Susan Boyle, un bó exemplo. ¿Miraremos casos coma este en España? ¿Qué apostades a que antes do que pensades?



¿E que me dis do cambio de imaxe que tiña nas entrevistas na súa casa? Se tiveras que decidir cando actuou un estilista, ¿cando dirías que o fixo?
Saúdos
Comment by jose — April 28, 2009 @ 3:18 pm