Angela by Jarvis
O novo disco de Jarvis non está nada mal. Para mín supera con creces o seu anterior e dalle unha volta ao concepto de Pulp. Deste tipo pareceme especialmente interesante a súa posta en escea. Mamá, quero ser como Jarvis.
O novo disco de Jarvis non está nada mal. Para mín supera con creces o seu anterior e dalle unha volta ao concepto de Pulp. Deste tipo pareceme especialmente interesante a súa posta en escea. Mamá, quero ser como Jarvis.
Recentemente, dous dos principais actores no eido da seguridade na rede (INTECO e Axencia de Protección de Datos) publicaron un informe sobre a seguridade dos datos persoais nas redes sociais… que ten un resumo executivo en galego
Este tema leva varios meses dando guerra nos medios, co pulo constante das novas que (igual que pasaba fai anos co uso do correo electrónico) estabelecen línks entre crimes, estafas, timos ou multiples males… e redes sociais con unha axilidade pasmosa. Porén, é un tema sobre o que aínda non reflexionamos o suficiente e sobre o que non temos toda a información para artellar políticas públicas (ou boas prácticas empresariais). Porque: ¿Cómo afectan as redes sociais á representación pública da persoa? ¿Cómo se integran no ecosistema de comunicación permanente posibilitado polas TIC?
En calquera caso, o recomendable informe estabelece unha serie de recomendacións para os usuarios de redes sociais. Chamame a atención o alonxadas que están estas recomendacións da “cultura” da rede e da percepción social da mesma. Miremos algunhas destas recomendacións (e digo algunhas porque non están todas):
# Se recomienda a todos los usuarios recurrir al uso de seudónimos o nicks personales con los que operar a través de Internet, permitiéndoles disponer de una auténtica “identidad digital”, que no ponga en entredicho la seguridad de su vida personal y profesional. De esta forma, únicamente será conocido por su círculo de contactos, que conocen el Nick que emplea en Internet.
>>Na actualidade a tendencia social non é ao uso de nicks, como sí se facía con tecnoloxías como o IRC, senon ao uso do nome. O principal elemento de construcción da identidade dixital segue a ser o nome, ao igual que no mundo real. Porque no fondo, a identidade dixital tan só é unha proxección da “outra identidade”… i é que no fondo tan só existe unha única identidade que se proxecta en distintos espazos con distintas máscaras. Diferenciar a identidade dixital da “outra” non se axusta á realidade: cando morreu o ciberespazo, cando a tecnoloxía e a rede se integrou na nosa vida como “algo máis”, esta separación perdeu sentido.
Pero esta recomendación evita ou, cando menos, deixa de lado un dos usos das redes sociais. É certo que, na actualidade, as redes sociais actúan como cemento (ou reforzamento) das relacións interpersoais, pero tamén actúan como un elemento que permite incrementar as relacións. Ir contra isto pode atentar contra a propia lóxica da rede.
#Se recomienda a los usuarios tener especial cuidado a la hora de publicar contenidos audiovisuales y gráficos en sus perfiles, dado que en este caso pueden estar poniendo en riesgo la privacidad e intimidad de personas de su entorno.
>> A rede, en tanto que medio de expresión e medio axeitado para complementar as relacións sociais mírase como un lugar axeitado para publicar todo tipo de contidos. Simplemente non se ten en conta ese sentido da privacidade.
#Se recomienda revisar y leer, tanto en el momento previo al registro de usuario, como posteriormente, las condiciones generales de uso y la política de privacidad que la plataforma pone a su disposición en sus sitios web.
>> Nin as “condicións xerais de uso” nin a “política de privacidade” están redactadas, situadas ou pensadas para que o lector as mire… nin no noso modo de “estar na rede” temos asumida a utilidade de ler estes condicionados.
# Se recomienda aceptar como contacto únicamente a aquellas personas conocidas o con las que mantiene alguna relación previa, no aceptando de forma compulsiva todas las solicitudes de contacto que recibe e investigando siempre que fuera posible y necesario, quién es la persona que solicita su contacto a través de la red social.
>> Esta está guay!! Sí é certo que cada vez se pon en practica máis… especialmente entre os máis novos.
#Se recomienda no publicar en el perfil de usuario información de contacto físico, que permita a cualquier persona conocer dónde vive, dónde trabaja o estudia diariamente o los lugares de ocio que suele frecuentar.
>> É imposibel ter en conta isto. Simplemente o tuiter ou o “estado” de facebook ou tuenti facilitan esta información de xeito constante. Tamén é certo que calquera convocatoria pública á que un se presenta (bolsas, concursos, premios, etc) está indexada por google.
Pero a maiores, entre os que non somos tan novos e traballamos en sectores nos que a “movilidade” é importante, poder facilitar / obter unha serie de datos de contacto de forma áxil é imprescindíbel.
#Se recomienda utilizar y publicar únicamente contenidos respecto a los que se cuente con los derechos de propiedad intelectual suficientes. En caso contrario, el usuario estará cometiendo un ilícito civil protegible por parte de los tribunales nacionales.
>> É moi curioso como entre os máis novos este concepto de propiedade intelectual non existe. Simplemente se está en Internet é público e pode empregarse sen ningún tipo de condicionante. Chámalle cultura do corta-e-pega ou chámalle cultura do remix (tanto monta, monta tanto).
#Siempre que se tenga cualquier duda respecto a alguna situación que se derive del uso de las redes sociales y herramientas colaborativas, debe preguntarse a los padres o tutores.
>> A maioría de país, lamentablemente, non teñen nin idea de qué é unha rede social… e teño moitas dúbidas de que saiban contestar a calquera pregunta sobre elas… moito menos a problemas ou dúbidas de usuarios “avanzados” como son os nosos rapaces.
#Se debe mantener el ordenador en una zona común de la casa.
#Se deben establecer reglas sobre el uso de Internet en casa.
>>Esta é unha excelente medida á que non sempre se lle da toda a importancia que ten. Tanto para os país como para os rapaces, nas experiencias que coñezo, é moi enriquecedor todo o que xorde en torno a un PC nun lugar público do fogar.
En definitiva, estamos moi lonxe de que o contexto social e as nosas prácticas máis cotiás faciliten a implementación deste tipo de medidas. É preciso realizar unha construcción dende a base, dende como a rede impacta na construcción da nosa identidade persoal. Entender o rol que xoga en tanto que espazo de expresión e de construcción da identidade. Porque moito me temo que os que nos consideramos “nativos dixitais” estamos moi alonxados desta visión tan analóxica da rede.
Como sociedade precisamos construir espazos de debate en torno a estas medidas. Porque este tipo de recomendacións, unhas tan precisas e outras tan alonxadas da rede, non serven de nada se non se integra á sociedade neste proceso de reflexión, se non se fai partícipe.
E permitideme un pouco de demagoxia. Non deixa de ser curioso que o mesmo estado que fomenta e incrementa o uso de sistemas de vixilancia e control, atentando descaradamente contra o dereito á intimidade… sexa tan vehemente ao reclamar a protección da mesma por parte do cidadán.
Ás veces o humor é unha boa ferramenta conceptual para tomar distancia sobre determinadas cousas que temos xa asumidas….
Fonte \\ Gizmodo

Atopei este libro por casualidade nunha estantería cercana a miña casa e causoume certa curiosidade. De Orwell só debullei as súas novelas máis coñecidas, aínda que sempre me causou moita curiosidade.
Este é un libro fermoso é imprescindible. Imprescindible para entender o rol dos ingleses na II Gran Guerra, para comprender moitas das acción e estratexias, así como a visión do pobo que formaba parte da Garda Nacional. A través de tódolos artigos publicados no Observer entre 1942 e 1949, con moitos artigos dende o “campo de batalla”, pero deténdose tamén na sempre olvidada e posterior “reconstrucción” de Francia e Alemania.
É fermoso porque recolle un bó feixe de reseñas de libros dos mellores con un agarimo especial. No meu caso supuso unha invitación a voltar aos “clásicos”, moitas veces esquecidos dende a tiranía da actualidade. Unha lectura imprescindible para quenes escrebemos este tipo de textos.
Pero o libro tamén sementa algúns medos. Algunhas das circunstancias que debuxan o contexto social desta II Gran Guerra están moi presentes na nosa vida cotiá. Algunhas destas tensións comezan a emerxer pouco a pouco da man do descontento social que xorde logo dunha etapa ilusoria de prosperidade. E moitas das forzas que actuaron como “disuasorias” no pasado (sindicatos, partidos políticos, etc) na actualidade carecen de ningún tipo de lexitimidade social. Non sei a ti, pero a mín causame certo reparo.
A dixitalización, por fin podemos dicer, consolídase como paradigma e intégrase na nosa cotidianeidade. Nos últimos dous anos miramos como os dispositivos con maior volume de venda foron aqueles que permiten reproducir contidos dixitais: marcos dixitais, discos duros multimedia, reproductores portátiles, ferramentas de almacenamento, etc. Semella que absolutamente todo está afectado pola dixitalización e que este modelo barrerá aos seus predecesores analóxicos. Nesta afirmación hai matices, e neste caso non estou a pensar na segunda vida do vinilo ;)
Nos tempos da perfección imaxe, onde o retoque, calidade e precisión son ineludibles, retorna con forza unha tecnoloxía de mediados de século XX que ten moito de "Luditta" ou anti-dixital. Eu descubrin as "Lomo" grazas a unha compañeira de traballo e Brais máis eu aproveitamos un aniversario para que chegase a casa.
Todo ten o seu conto (Storytelling que lle chaman agora os gurús do marketing). Seica dous rapaces nunha viaxe a un pais do leste de europa atoparon de casualidade nun mercadillo un tipo de cámaras que se empregaran nos paises do leste de europa. Eran baratas e mercaron unha que usaron de broma. Cando revelaron as fotografías atopáronse cunha cámara que era capaz de ir moito máis alá da suposta reproducción exacta da realidade… era unha cámara que interpreta a realidade, que en función de determinados aspectos pouco controlables polo “fotógrafo” crea un tipo ou outro de atmósfera. Namoraronse da cámara e deron comezo a Sociedade Lomográfica Internacional. E non, neste caso non vai de “Lomo - Ibérico”, que no noso caso sería raxo de porco autóctono.
¿Cáles son as claves do éxito deste tipo de fotografía?
# A moda é un importante factor a ter en conta. En moitas cidades o culto ao retro tórnase en histriónico… e aquí algo hai disto, para qué imos negalo… e se ate El Pais se dignou en reseñar algunha exposición destas cámaras.
# A quebra do modelo de fotografía establecido: en tempos de perfección, resolución e retoque, unha volta á fermosura da imperfección. (¿Miraches o episodio de Balzac TV no que Punset fala das fluctuacions asimétricas?
# Contra o control total do usuario que pode escoller modalidades, ópticas, resolucións cara un modelo no que o control é moi relativo. Existe certa dose de anticipación en función do tipo de carrete, da óptica ou dos complementos… pero algo que en ningún caso ten que ver co menú de opcións dunha cámara dixital.
# Contra a inmediatez no resultado. Por máis que mires a parte de atrás da camara tras quitar unha foto, non verás unha copia dela. O resultado está logo do proceso de revelado: abaixo a tiranía do resultado inmediato!!!
# A creación dunha experiencia integral en torno á fotografía. Dende que se selecciona o carrete, a preparación da escena, o revelado… todo está impregnado da esencia do manifesto da lomografía.
Non sei a tí… pero a nos pareceunos un modelo precioso para experimentar con él. Na rede podes atopar cámaras dende 40 euros. Nos optamos por unha Diana, porque son realmente fermosas. Nestes días anda por os sitios de sempre unha exposición de cámaras Diana, se estás por aquí igual te merece a pena visitala.
Días atrás o país publicou un artículo sobre as Contra-redes sociais… ou os movementos e xogos que nacen ao redor do pulo das redes sociais.
No meu caso eu coido… que a risa e a parodia sempre foi un arma de defensa e unha válvula de escape para os dominados. Ao longo da historia, eventos como o Carnaval (onde estaba autorizado criticar ou satirizar á orde establecida) actuaron como válvulas de escape, por unha banda, e como construcións ilusorias dunha certa liberdade.
Na actualidade o tema das redes sociais é un tema candente e sobre o xorden inquietudes en torno ao control social, á intrusión na vida privada das persoas e ao control que estas redes teñen dos nosos datos. Pero tamén xorde un crecente sentimento de que existe unha presión social para estar nestas redes sociais: Todos os teus amigos están aí ¿Porqué non o estás o tí? Desde todas estas normas e de todos estes condicionantes xorde a crítica que ridiculiza estes servizos.
Porén, eu creo que a mofa ven máis da imposición do medio e da obrigación / presión social por estar nel, que do tipo de relacións que se abre. Ao final é un novo medio, polo que o tipo de relación é distinto. Non é mellor ou peor, simplemente distinto. Non podemos empregar os mesmos esquemas e patróns para falar de relacións online / ofline. Precisamente un dos problemas que os usuarios atopan en redes como Facebook é a dificultade para concretar todos os grados de amizade que poden existir. Non é só “amigos” e “non amigos”. Hai moitos matices: contactos persoais, familia, amigos íntimos, coñecidos, etc.
Fumos á noite do Marketing con moita ilusión. O Bernabeu sempre é un bó escenario para calquera cousa (¿non?) e a quenes pasamos do futbol sempre nos chamou a atención este tipo de espazos nos que cabe calquera cidade galega (agas Vigo e Coruña)… incluso algunhas un par de veces… en fin.
A noite do Marketing foi un evento frouxo, sen punch de ningún tipo e con algunhas aprendizaxes curiosas:
# Asusta ver o poder da axencia na marca. Danlles cancha libre a facer o que queran coa súa marca…. non atopo ningún símil axeitado co mundo persoal… Pagar millonadas para que fagan contigo o que lles de a gana e cun resultado pouco predecíbel…
#… e asusta ver o pouco que ten en conta ao consumidor a axencia cando traballa. Algo falla neste mundo…
# Ikea mereceu o seu premio… a campaña de “Republica independiente” foi brutal… pero especialmente os spots que quedaron no camiño ou que só se difundiron brevemente.
# O sector, pese a todo, é rancio a non poder máis, non ten ningún tipo de glamour como pode tentar aparentar.
Iso sí, para tomar unhas tapas, o céspede do bernabeu é do mellorciño…
Xa está na distribución o novo número de ProTEXTA, a vosa revista favorita de libros
. Neste número vimos de publicar unha reseña de tres dos mellores libros que veño de ler. O primeiro deles, o mito dixital, sorprendeume porque eu mesmo podería ter escrito alguns dos párrafos… non é usual esta sensación. É un libro barato que vale moito máis do que custa. No caso do libro “Cultura digital y Movimientos Sociales” é unha das propostas da xente de cibersomosaguas, unha das referencais na análise da apropiación crítica da tecnoloxía. É un libro cheo de boas ideas e de boas xentes. O Césare non me deixaría continuar a escreber a reseña e… fagolle caso. Por último, Mattelart é un vello coñecido que non defrauda… e para comprobalo, a editorial pon o primeiro capítulo dispoñíble para que lle podas botar un ollo.



Na tecnoloxía tamén (ou sobre todo) hai discursos hexemónicos. Estes discursos van sempre da man do “progreso” ou do “cambio”, sustentándose nunha certa falta de control e resaltando a nula posibilidade para evitalos. Ás máis das veces, nesta sección en Protexta apuntamos a referencias para comprender o momento de cambio social actual e as súas implicacións no futuro máis inmediato. Neste caso queremos sinalar aos discursos que están lonxe da “tendencia” ou da “novidade”. Queremos invitar ao lector a frear os bois, a deterse e achegarse aos discusos máis críticos coa Sociedade da Información, coa revolución tecnolóxica e (sobre todo) coas suas consecuencias para a cidadanía.
Unha primeira proposta parte de Almirón e Jarque, actuando como unha enmenda á totalidade aos discursos hexemónicos ante a tecnoloxía. Esta obra supón unha excelente proposta, de corte académico, para contextualizar e contrastar outros enfoques ou visións que teñen unha maior visibilidade. Segundo os autores, o discurso dixitalista convírtese en míto e impregna tódolos eidos do social. O mito de Prometeo (que rouba o lume aos deuses para entregarllo aos homes) serve como punto de partida para a interpretación do mito dixital. Así, a entrega deste lume (desta tecnoloxía) aos homes implica dotalos daquel instrumento que lles permitirá tamén liberarse do seu destino: ¿non é esta unha promesa constante da Sociedade da Información ou das Tecnoloxías?
Entender como xurde esta visión de carácter mitíco e como, pouco a pouco, se imbrica e se impón como “pensamento único” é o obxectivo desta obra. Para isto, é preciso identificar e comprender cada un dos actores: os narradores do mito, o papel da investigación académica (e, por extensión, da universidade) así como do Xornalismo, tres temas abordados neste ensaio.
Tras esta aproximación máis xenérica é preciso achegarnos a temáticas máis concretas. Sádaba e Gordo coordinan un volume que recolle este espíritu nunha obra colectiva que logra superar os principais problemas deste tipo de libros: a falta de interese dos autores, a irrelevancia das temáticas e a carencia da innovación nas propostas. Partindo da anulación do “asepcismo e neutralidade” da tecnoloxía, téntase comprender o impacto do técnico no social e no político. Na tecnoloxía existe un ámbito político que é preciso visibilizar.
Os principais “hot topics” do tecnolóxico trátanse nesta obra pero cun elemento de marcada diferenciación: esta “perpectiva crítica” que deixa de lado a mitoloxía da tecnología e do determinismo tecnolóxico. Así, os autores analizan os principais exemplos que amosan como o técnico se redefine de xeito permanente dende os ámbitos local e colectivo. Os muiños mailo seu equivalente actual: as páxinas de contactos persoais como referentes de relacións tecnosexuais (cibersexo); a web 2.0 como paradigma de construción mediática dun concepto cargado de intención; o automóvil; o impacto das tecnoloxías nos movementos sociais ou a ciberpolítica son algúns dos temas abordados.
Unha das “renuncias” ou perdas que, como sociedade, estamos permitindo é a nosa intimidade. Cedemos en prol do control por todo tipo de “autoridades”. Seguro que coñeces a parábola da rá: cando chimpa en auga fervendo rápidamente salta fora de esa charca. Porén, se esta rá cae nun auga que incrementa a súa temperatura de forma moi paseniña, acabará morrendo cocida sen decatarse. Os cambios leves son menos perceptibles, aínda que sexan constantes no tempo. Isto é o que sucede co “control” e coa “vixilancia”. Apoiandose en situación excepcionais (como foron os atentados do 11 de Setembro ou o 11 de Marzo) implementaronse medidas de control que, cando as situacións que os lexitimaron desaparecen, non se revocan.
Armand Mattelart, un analista cunha recoñecida traxectoria no eido da comunicación ou do análise do cambio social, realiza unha sorte de Xenealoxía da Vixilancia e do Control. Unha análise imprescindible para decatarnos de que realmente a nosa charca está moi quente, para decatarnos da cantidade de dereitos e presuncións que perdemos en moi pouco tempo. Entender cales son os mecanismos empregados polo poder para introducir, xustificar e (ate) lexitimar perdas na liberdade dos cidadáns é o leiv motif de esta obra.
Tres obras imprescindíbeis no momento actual, tanto polo contexto máis local, como polo global. Visibilizar un discurso crítico é, hoxe e sempre, unha tarefa necesaria como cidadáns e como sociedade.
Como sempre… Redes sementa desconcertos e activa a conversa. Non lles estou dacordo en todo o que comenta a reportaxe, pero algo é innegable (e neste caso, vai dende a experiencia). Ser pais é algo complicado e a cotío caimos na norma esquecendo a educación emocional. Paga a pena mirar o video. Gracias Redes!!
Benquerido Mario,
O tempo non pasa en balde e sei que tanto Gabriel coma ti sempre tendes en conta que o tempo pasa e que é preciso vivir para contar. Así foi como nos coñecemos. Coido que un día apareceu un escrito teu entre os de Galeano, Goytisolo, Ángel Fernandez ou, incluso, Rivas… e supoño que, como tantos outros, virías a “provocar” da man de Pazos ou Celia, quenes pouco a pouco circularon libros e ideas fai xa uns 15 anos.
Gustoume a facilidade coa que podías pasar de falar, coa tranquilidade e serenidade que te caracteriza, de sentimentos… del amor y las mujeres… á rabia incisiva coa que narrabas crónicas do imperialismo na túa América Latina. Esa que compartes, que compartimos. Tamén recordo que Anagrama tivo a bem editar un CD no que lías algún dos teus poemas, un CD precioso, porque a narración está enriquecida ca voz d’alquén que pode falar coa voz da experiencia ¿certo? Recordo que un pouco antes (ou foi despóis?) Manolo Rivas publicou un CD con poemas, nos que á súa voz era acompañada por algo de música. Sí, el era máis novo e precisaba de algo no que apoiarse
Lembro a ledicia que supuso que Alianza se lanzase a publicar toda a túa obra en edición de peto. Cairon un a un case que tódolos volumes. Xa sabes que os contos ou relatos curtos (Como gustan chamalos) nunca foron moi meus, aínda que supoño que volverei a darlle unha oportunidade.
Acordo moitos intres vencellados aos teus libros, moitos bós e outros non tanto. Pero sobre todo lembro a túa actitude vital, da que non deixo de aprender. Con Cela aprendín a separar a obra da persoa. Contigo e con moitos compañeiros de oficio aprendo que as persoas aportan moito a unha obra… e non é só coherencia, profundidade, recorrido, traxectoria… é ese “aquel” que non somos quen de descreber.
Acordo que en Madrid nos miramos e estreitamos as mans un par de veces. Seguro que foi un acto completamente intrascendente para ti, pero non para nós. A antoloxía mantén a tua firma entre páxinas gastadas polo uso, tal como querías.
Non deixa de ser curiosa a “efeméride”.
Sei que un non escolle o seu día, pero grazas pola “curiosa coincidencia”: O 17 de Maio é o noso día das letras. Quén sabe… quén sabe se un día destes te adican / adicamos o noso día das letras
Por isto, e por moito máis, moitas grazas Mario.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here