Contos de estrelas e limons

May 18, 2009

Benquerido Mario…

Filed under: Outros - estrelaselimons @ 9:08 am

Benquerido Mario,
O tempo non pasa en balde e sei que tanto Gabriel coma ti sempre tendes en conta que o tempo pasa e que é preciso vivir para contar. Así foi como nos coñecemos. Coido que un día apareceu un escrito teu entre os de Galeano, Goytisolo, Ángel Fernandez ou, incluso, Rivas… e supoño que, como tantos outros, virías a “provocar” da man de Pazos ou Celia, quenes pouco a pouco circularon libros e ideas fai xa uns 15 anos.

Gustoume a facilidade coa que podías pasar de falar, coa tranquilidade e serenidade que te caracteriza, de sentimentos… del amor y las mujeres… á rabia incisiva coa que narrabas crónicas do imperialismo na túa América Latina. Esa que compartes, que compartimos. Tamén recordo que Anagrama tivo a bem editar un CD no que lías algún dos teus poemas, un CD precioso, porque a narración está enriquecida ca voz d’alquén que pode falar coa voz da experiencia ¿certo? Recordo que un pouco antes (ou foi despóis?) Manolo Rivas publicou un CD con poemas, nos que á súa voz era acompañada por algo de música. Sí, el era máis novo e precisaba de algo no que apoiarse ;)

Lembro a ledicia que supuso que Alianza se lanzase a publicar toda a túa obra en edición de peto. Cairon un a un case que tódolos volumes. Xa sabes que os contos ou relatos curtos (Como gustan chamalos) nunca foron moi meus, aínda que supoño que volverei a darlle unha oportunidade.

Acordo moitos intres vencellados aos teus libros, moitos bós e outros non tanto. Pero sobre todo lembro a túa actitude vital, da que non deixo de aprender. Con Cela aprendín a separar a obra da persoa. Contigo e con moitos compañeiros de oficio aprendo que as persoas aportan moito a unha obra… e non é só coherencia, profundidade, recorrido, traxectoria… é ese “aquel” que non somos quen de descreber.

Acordo que en Madrid nos miramos e estreitamos as mans un par de veces. Seguro que foi un acto completamente intrascendente para ti, pero non para nós. A antoloxía mantén a tua firma entre páxinas gastadas polo uso, tal como querías.
Non deixa de ser curiosa a “efeméride”.

Sei que un non escolle o seu día, pero grazas pola “curiosa coincidencia”: O 17 de Maio é o noso día das letras. Quén sabe… quén sabe se un día destes te adican / adicamos o noso día das letras ;)

Por isto, e por moito máis, moitas grazas Mario.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://estrelaselimons.blogsome.com/2009/05/18/benquerido-mario/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here